Air Canada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Air Canada
Air Canada Logo.svg
IATA
AC
OACI
ACA
Indicativo
AIR CANADA
Fundación 11 de abril de 1936 (como Trans-Canada Air Lines)
Inicio das operacións 1 de xaneiro de 1965 (como Air Canada)
Plan de voo frecuente Aeroplan
Alianza Star Alliance
Frota 174
Destinos 182
Eslogan da compañía Your World Awaits
Tout Un Monde Vous Attend
Sede Montreal, Canadá
Páxina web: http://www.aircanada.com/
Boeing 767-300 de Air Canada coa librea actual

Air Canada (código AITA : AC ; código OACI : ACA) é a compañía aérea nacional do Canadá, ademais da aeroliña máis grande do país. O seu centro de operacións está no Aeroporto Internacional Pierre Elliott Trudeau de Montreal, Quebec. É a novena aeroliña máis grande do mundo en tamaño de frota e foi membro fudador da alianza de aeroliñas Star Alliance.

Fundouse en 1937 por iniciativa do goberno do Canadá co nome de Trans-Canada Airlines(TCA), que mantivo ata 1965, e en 1988 privatizouse tras a desregularización do mercado canadense. En 2000 viuse obrigada a absorber á segunda compañía aérea canadiana, Canadian Airlines, o que provocou a restruturación da compañía. Actualmente voa a uns 240 destinos en Canadá, Estados Unidos, América do Sur, Europa, Australia e Asia. Air Canada está recoñecida por Skytrax como a mellor aeroliña internacional de Norteamérica, e foi puntuada como unha aeroliña de 4 estrelas en 2013.[1]

Air Canada ten unha frota de avións de fuselaxe ancha Airbus A330, Boeing 767, Boeing 777 e Boeing 787 para rutas longas, e usa aparellos da familia Airbus A320, os A319, A320 e A321, ademais de Embraer E190 en rutas curtas. A compañía ten distintas divisións, entre as que se inclúen Air Canada Cargo, Air Canada Express e Air Canada Rouge. A súa subsidiaria, Air Canada Vacations, proporciona paquetes vacacionais a uns 90 destinos. Xunto coas súas aeroliñas rexionais, a compañía opera ao redor duns 1.500 voos diarios.

Frota[editar | editar a fonte]

Frota de Air Canada
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
E P Y Total
Airbus A319-100 18 14 106 120 Dous deles operan como charters VIP. Outros dous teñen configuración ETOPS
Serán retirados entre 2017 e 2021 e substituídos por Boeing 737 MAX 8
Airbus A320-200 41 14 132 146 Serán retirados e substituídos por Boeing 737 MAX 8/9
Airbus A321-200 10 20 154 174 Serán retirados e substituídos por Boeing 737 MAX 9
Airbus A330-300 8 37 228 265
Boeing 737 MAX 8 33 TBA 18 opcións, 30 en firme
Entrada en servizo en 2017
Substituirán aos A319, A320 e A321
Boeing 737 MAX 9 28 TBA
Boeing 767-300ER 21 17 24 187 211 Serán retirados e substituídos por Boeing 787-8/9
4 25 166 191
Boeing 777-200LR 6 42 228 270
Boeing 777-300ER 17 12 42 307 349
5 36 24 398 458
Boeing 787-8 3 12 20 21 210 251 Replacing Boeing 767-300ER
Boeing 787-9 22 TBA Entrada en servizo en 2015
Substituíndo aos Boeing 767-300ER
Embraer 190 45 9 88 97 Os avións máis velos serán retirados
Total 170 95

Ademais baixo Air Canada Jazz operan os seguintes avións:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Skytrax (ed.). «Air Canada en Skytrax». Consultado o 4 de xullo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web oficial de Air Canada (en inglés e francés)

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Air Canada