Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
England
Inglaterra
Bandeira de Inglaterra Escudo de Inglaterra
Bandeira Escudo
Lema: Dieu et mon droit
(en francés: "Deus e o meu dereito")
Himno nacional: God Save the Queen (Deus salve á raíña)
 
England in the UK and Europe.svg
 
Capital
 • Poboación
Londres
n/d
Cidade máis poboada Londres
Linguas oficiais
n/d
Forma de goberno Monarquía constitucional
Isabel II
David Cameron
Unificación
por Athelstan
927
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

130.395 km²
n/d
n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

50 431 700
377 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

1 200 000 millones /usd
n/d
IDH n/d
Moeda Libra esterlina (GBP)
Xentilicio n/d
Fuso horario n/d
Dominio de Internet .uk3
Prefixo telefónico +44
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Tódolos países do mundo

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido e unha das maiores da Unión Europea.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos Anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadaren a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O topónimo Inglaterra foi bautizado logo dos Anglos, a maior das tribos xermánicas asentadas en Inglaterra nos séculos quinto e sexto, e supostamente orixinarios da península de Angeln, o que hoxe se coñece como Dinamarca e o Norte de Alemaña. Aínda que a verdadeira etimoloxía desta tribo sexa incerta, unha lenda popular sostén que o termo Inglaterra non provén senón da palabra angle, unha rexión con forma de garfo de peixe situada en Holstein.

O termo Anglos, co que se coñece a este pobo, vai ser escrito de moi diferentes xeitos. A primeira referencia coñecida a este pobo atópase na versión latina Anglii usada por Tácito no capítulo 40 da súa Xermania, escrita arredor do ano 98. Non aporta unha indicación precisa da súa situación xeográfica dentro da Xermania, mais apunta que, xunto con outras seis tribos, adoraban á raíña coñecida como Nerthus, cuxo santuario estaba situado "nunha illa no océano".

O antigo historiador do século VIII, Beda, na súa Historia ecclesiastica gentis Anglorum ('Historia eclesiástica do pobo inglés'), refírese ao pobo inglés como Angelfolc (en inglés) ou Angli (en latín).

Historia[editar | editar a fonte]

Escudo.
Artigo principal: Historia de Inglaterra.

O país chamado Inglaterra,, por contraponto cos estados e provincias que ocuparon o mesmo territorio en épocas anteriores formouse pola aglutinación gradual dos reinos anglos, saxóns e xutos durante os séculos VII, VIII e IX. Egbert de Wessex, rei de Wessex (m. 839) é en xeral considerado o primeiro rei de toda Inglaterra, se ben que o seu título oficial fose Bretwalda (literalmente "Sobreseñor da Bretaña"), e fose tecnicamente un "primeiro entre iguais" cos outros líderes ingleses. O título de "Rei de Inglaterra" surdiu dúas xeracións máis tarde con Alfredo, o Grande (gobernou entre 871 e 899).

Algunhas historias de Inglaterra escolares inícianse coa subida ao trono de Guillerme, o Conquistador en 1066. Isto pode deberse ao orgullo que os ingleses teñen da súa longa historia de independencia, e gústalles, polo tanto, iniciar a contar só despois da última invasión con éxito. A verdade é que, aínda que Guillerme teña reorganizado (e, en gran parte, substituído) a aristocracia inglesa, non se pode dicir con verdade que el teña "fundado" ou "unificado" o país. Con efecto, moita da infraestrutura anglosaxoa que existía sobreviviu á conquista de Guillerme e persiste aínda hoxe.

Nas escolas inglesas, a historia do país tende a comezar coa área xeográfica que viría un día a transformarse na Inglaterra, e por iso refírese inicialmente a Xulio César e a expedicións romanas posteriores. Estes estudos da historia do lugar propiamente dito, antes de ter adquirido o nome Inglaterra, axúdannos a comprender o desenvolvemento posterior da Inglaterra en canto nación.

Política e Goberno[editar | editar a fonte]

Política de Inglaterra[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Inglaterra.

Inglaterra non ten ningún goberno ou corpo de representantes independente do Reino Unido.

Subdivisións e Gobernos locais[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, divídese en condados (shires), de constitución que ten sido algo variable. Actualmente, a lista é a seguinte:

Dereito e Xustiza[editar | editar a fonte]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Inglaterra.

Inglaterra corresponde á maior parte dos dous terzos sur da Gran Bretaña. Está limitada ao norte por Escocia e ao oeste polo País de Gales.

Clima[editar | editar a fonte]

A maior parte de Inglaterra está cuberta de outeiros ("Roling Hills"), sendo máis montañosa no norte. A liña divisora entre tipos de terreo está indicada xeralmente pola liña Tees-Exe. Hai tamén unha área de pantanos, ó leste, que foi drenada para uso agrícola.

Val do río Loud, típica paisaxe rural do norte de Inglaterra

Maiores ríos[editar | editar a fonte]

Maiores áreas urbanas[editar | editar a fonte]

As maiores cidades de Inglaterra son, por orde decrecente: Londres, Birmingham, Liverpool, Sheffield.

O Túnel do Canal, preto de Dover, liga Inglaterra ao continente europeo.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Inglaterra.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Inglaterra.

Inglaterra, cos seus 50 millóns de habitantes, dos cales cerca dunha décima parte pertencen a grupos étnicos non-brancos, é a nación coa poboación máis numerosa e etnicamente máis diversificada de todo o Reino Unido.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Inglaterra.

Lingua[editar | editar a fonte]

O inglés[editar | editar a fonte]

Outras linguas[editar | editar a fonte]

Relixión[editar | editar a fonte]

Cristianismo[editar | editar a fonte]

Ourtras relixións[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

Transporte[editar | editar a fonte]

Festivos
Data 11/4 Nome en galego Día da Inglaterra Nome local Saint George's Day (Día de San Xurxo)
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Inglaterra