Granada, Caribe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grenada
Granada
Bandeira de Granada Escudo de Granada
Bandeira Escudo
Lema: Ever conscious of God we aspire, build and advance as one people
(Galego: «Sempre conscientes de Deus, aspiramos a construír e a progresar como pobo unido»)
Himno nacional: Hail Grenada
 
Grenada in its region.svg
 
Capital
 • Poboación
Saint George's
7.500 (1999)
Cidade máis poboada Saint George's
Linguas oficiais
Inglés
Forma de goberno Monarquía parlamentaria
Raíña Isabel II
Cécile La Grenade
Keith Mitchell
Independencia
Do Reino Unido

7 de febreiro de 1974

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 210º
344 km²
1,6%
0 km km
121 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 181º
89.502 (2005 est.)
259 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 176º
US$ 883 millóns
US$ 8.608
IDH (2003) 0.787 (66º) – medio
Moeda Dólar Caribe-Leste (EC$, XCD)
Xentilicio Granadino, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC-4
UTC-4
Dominio de Internet .gd
Prefixo telefónico +1-473
Prefixo radiofónico J3A-J3Z
Código ISO 308 / GRD / GD
Membro de: ONU, Commonwealth, OEA, CARICOM, OECS
Tódolos países do mundo

Granada (en inglés Grenada) é unha illa país no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e Granadinas.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia rexistrada de Granada comeza en 1498, cando Cristovo Colón divisou por vez primeira a illa. Tras un intento errado dos ingleses para establecerse na illa, os franceses compraron a illa aos indios Caribes no ano 1650. A illa foi cedida de novo a Gran Bretaña en 1783. Granada converteuse nunha Colonia da Coroa en 1877.

Granada conseguiu a independencia en 1974 e, en 1979, tras un período de grande inestabilidade política, o carismático e popular líder de esquerdas Maurice Bishop fíxose co poder. O socialismo de Bishop e a súa cooperación coa Cuba comunista non foi ben recibido polas nacións conservadoras da zona, como Barbados, Dominica e os Estados Unidos. Unha disputa co á comunista, leal a Bernard Coard, do partido que estaba no poder, New Jewel, levou a un golpe de estado e a execución de Bishop o 19 de outubro de 1983.

Seis días máis tarde, a illa foi invadida polas forzas militares dos Estados Unidos e doutras seis nacións do Caribe dentro dunha campaña militar chamada Operación Furia Urxente. As tropas capturaron rapidamente aos líderes da revolución e aos seus conselleiros cubanos, moitos dos cales estaban traballando na construción dun grande aeroporto para a illa que foi completado polos Estados Unidos algúns anos máis tarde. Ao ano seguinte celebráronse eleccións. Unha das preocupacións tácticas coñecidas dos Estados Unidos era a recuperación con vida dos estadounidenses matriculados na Universidade de St. George's.

En setembro de 2004, a illa foi arrasada polo Furacán Iván. O furacán, de categoría 3, danou ou destruíu o 90 % das vivendas.

Goberno e Política[editar | editar a fonte]

Saint George no ano 2000

Ao ser unha nación da Commonwealth, a monarca británica é formalmente a Xefa de Estado. Ela é representada por un Gobernador Xeral, aínda que o poder executivo real recae sobre o líder do goberno, o Primeiro Ministro. Aínda que o primeiro ministro é nomeado polo Gobernador xeral, este adoita ser o líder do partido con máis representación no parlamento.

O parlamento consiste nun senado (con 13 membros) e unha Cámara de Representantes (con 15 membros). Os senadores son nomeados polo goberno e a oposición, mentres que os representantes son elixidos polo pobo cada cinco anos. Co 49,9% dos votos e oito escanos nas eleccións de 2003, o New National Party de Granada permanece como principal partido político nas illas. O partido principal da oposición é o National Democratic Congress o cal obtivo o 45,1% dos votos e 7 escanos.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Politicamente, Granada está dividida en seis zonas chamadas parroquias. Estas son:

Carriacou e Pequena Martinica, dúas das Granadinas que teñen o status de dependencia con Granada, forman a sétima división administrativa de Granada.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Granada

A illa chamada propiamente Granada é a máis grande do país. As pequenas Granadinas son Carriacou, Pequena Martinica, Ronde, Illa Caille, Illa Diamante, Large Island, Saline Island e Frigate island. A gran parte da poboación vive na propia Granada, cuxas cidades máis grandes son a capital Saint George's, Grenville e Gouyave. O asentamento máis grande nas outras illas é Hillsborough na illa de Carriacou.

As illas son dunha orixe volcánico, sendo o terreo interior das illas lixeiramente montañoso, con algúns pequenos ríos que flúen cara ao mar. O clima é tropical: caloroso e húmido. Granada vese afectada ocasionalmente por furacáns. A tormenta máis recente foi o Furacán Iván en setembro de 2004.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Granada.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución Demográfica de Granada entre 1961 e 2003 Poboación en millóns de habitantes.

Aproximadamente o 80% da poboación son descendentes dos escravos africanos traídos polos europeos; son poucos os indíxenas Caribes e Arawak que quedan na illa.

O idioma oficial, o inglés, é falado por toda a poboación, aínda que algúns aínda falan francés patois. Case todos os granadinos son Cristiáns, dos cales aproximadamente a metade deles Católicos. O Anglicanismo é a relixión protestante principal.

Cultura[editar | editar a fonte]

A influencia francesa na cultura granadina é moito menor que noutras illas do Caribe. A cultura de Granada está fortemente influenciada polas raíces africanas da maioría dos granadinos.