Guam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Territory of Guam

Guåhån
Territorio de Guam'

Bandeira de Guam Escudo de Guam
Bandeira Escudo
Himno nacional: Fanoghe Chamorro
 
Guam in Oceania (-mini map -rivers).svg
 
Capital
 • Poboación
Agaña
1.100 (2003)
Cidade máis poboada Dededo
Linguas oficiais
Inglés, chamorro e xaponés
Forma de goberno Territorio de Estados Unidos
George W. Bush

Félix Pérez Camacho

Dependencia
Dos Estados Unidos

10 de agosto de 1944

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 196º
549 km²
Desprezable
0 km km
126 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade

171.019 (2006 est.)
312 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Dólar estadounidense ($, USD)
Xentilicio n/d
Fuso horario UTC 10
Dominio de Internet .gu
Prefixo telefónico +1-671
Prefixo radiofónico non ten
Código ISO 316 / GUM / GU
Tódolos países do mundo

O Territorio de Guam (Guåhån en chamorro, Guaján en castelán, Commonwealth of Guam en inglés), é unha illa no Pacífico occidental, pertencente aos Estados Unidos como territorio non incorporado. Trátase da máis grande e meridional das Illas Marianas. A capital é Agaña.

Historia[editar | editar a fonte]

O 6 de marzo de 1521, Fernão de Magalhães descubriu a illa, tomando posesión dela e das illas veciñas (Illas Marianas) en nome do rei de España. Ata 1898 o nome oficial da illa era Guaján (acorde coa pronuncia que representa a actual grafía en chamorro).

A consecuencia da derrota de España na Guerra Hispano-Estadounidense, foi cedida a Estados Unidos en 1898 (desde esa época comezouse a usar o nome abreviado "Guam") a diferenza do resto das Illas Marianas, que foron conservadas por España (e vendidas ao ano seguinte a Alemaña). Capturada polo Xapón en 1941, foi recuperada polos estadounidenses tras unha batalla que durou do 21 de xullo ao 10 de agosto de 1944.

En 1950 concedeuse á illa un réxime de autonomía interna, á vez que os habitantes de Guam obtiñan a cidadanía estadounidense.

Cunha situación estratéxica no Pacífico, as instalacións do exército son unhas das máis importantes de todo o océano. Tras o peche das bases en Filipinas, tanto a Armada como a Forza Aérea foron trasladadas a esta illa.

Artigo principal: Toma de Guam.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Félix Pérez Camacho está á cabeza do executivo da illa. Guam é un Territorio de Estados Unidos desde 1898. Os habitantes da illa escollen ás súas autoridades locais e non teñen dereito a votar polas federais.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Existen dezanove pobos na Illa de Guam e numerosas bases militares estadounidenses.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Guam

Sitúase a tres cuartos do camiño entre Hawaii e Filipinas. O porto máis importante é o de San Luís de Apra na costa occidental da illa. A illa é de orixe volcánico, e está rodeada de arrecifes coralinos.

Clima[editar | editar a fonte]

Ten clima tropical, cunha estación seca de xaneiro a xuño. As temperaturas de Guam están ao redor de 21 °C durante case todo o ano, e cada ano caen de media 2.180 mm de choiva.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Guam.

Depende do orzamento militar así como do turismo. Esta última industria creceu espectacularmente nos últimos vinte anos, con máis dun millón de visitantes ao ano, principalmente xaponeses. Case todos os bens industriais e de materias primas son importados.

Demografía[editar | editar a fonte]

Etnicamente a illa está ocupada maioritariamente por chamorros (47%) e filipinos (25%), sendo os brancos un 10% e o resto xaponeses, chineses e coreanos.

A pesar de que unha gran poboación de Guam posúe apelido español, o idioma de igual orixe é falado só por uns 20.000 habitantes desta área insular que depende dos EUA. As linguas oficiais son o inglés e o chamorro, de base austronesia ou malaio-polinesia e con superestrato castelán. A taxa de fecundidade é de 4 fillos por muller e a relixión maioritaria é a católica.