China (homónimos)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O topónimo China pode facer referencia a:
- Estados actuais
- A República Popular China, comunmente chamada China, estado fundado en 1949 que exerce a soberanía sobre a chamada China continental, así como sobre Hong Kong e sobre Macao. Ademais, reivindica a súa soberanía sobre a illa de Taiwán (antigamente chamada Formosa). Membro das Nacións Unidas desde 1971, é recoñecida diplomaticamente pola maior parte dos países do mundo.
- A República de China, comunmente chamada Taiwán, estado que desde 1949 só exerce a soberanía sobre as illas de Taiwán, Penghu, Kinmen e Matsu. Foi membro das Nacións Unidas até 1971. Na actualidade, só conta co recoñecemento diplomático de 24 países do mundo.
- Estados antigos
- O Imperio da China, ou Imperio chinés, antigo réxime que gobernou China durante case dous mil anos.
- O Imperio do Gran Qing, Imperio chinés que existiu desde 1644 até 1912, data na que o emperador Puyi abdicou, tras a Revolución de Xinhai.
- A República de China (1912-1949), réxime político que sucedeu á derradeira dinastía imperial china, a dinastía Qing, no año 1912, e que perdurou até a vitoria na Guerra Civil da China dos comunistas liderados por Mao Zedong. A illa de Taiwán foi a única provincia chinesa na que se mantivo até a actualidade o réxime desta república (República de China).
- O goberno de Beiyang ou goberno dos señores da guerra, unha serie de réximes que gobernaron desde Pequín entre 1912 e 1928, que foron recoñecidos internacionalmente como o lexítimo goberno da República de China.
- O Imperio da China (1915-1916), un intento de Yuan Shikai por restablecer a monarquía en China.
- O Goberno provisional da República de China, estado títere do Imperio do Xapón establecido na China entre 1937 e 1940.
- O Goberno nacionalista de Nanquín, estado títere do Imperio do Xapón establecido na China entre 1940 e 1945.
- Áreas xeográficas
- China (rexión), a rexión cultural, área xeográfica e berce da civilización chinesa, que se estiende sobre parte da Asia Oriental.
- China continental, área xeográfica que comprende a zona continental da China, excepto as rexións administrativas de Hong Kong e Macao e o territorio de Taiwán.
- Hidrografía
- Localidades
- Estados Unidos:
- Xapón:
- México:
- China, localidade do estado de Nuevo León.
Amais, como antropónimo feminino pode referirse a:
- China Zorrilla, actriz uruguaia.
- China Anne McClain, actriz e cantante estadounidense.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Música
- Outros
- Nomes de China.
- China, antigo nome de diversas vasillas de porcelana fina (apócope de porcelana da China, ou porcelana chinesa), da que deriva o nome de chineiro, moble de comedor onde se gardan.
- China Airlines, compañía de liñas aéreas estatal da República de China (Taiwán).
- China Southern Airlines, compañía de liñas aéreas estatal da República Popular China.
- China, nome xenérico co que se coñece a unha muller de campo na Arxentina e Uruguai.
- China Taipéi, nome oficial co que participan os equipos deportivos da República de China (coñecida comunmente como Taiwán), nos Xogos Olímpicos e outros eventos deportivos como os Xogos Asiáticos.
- Outras entradas na Galipedia nas que no seu título teñen (ou poden ter) este termo