Partido Nacionalista Vasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco - Parti Nationaliste Basque (EAJ - PNV - PNB)
Partido político do País Vasco
EAJlogo.jpg
Dirixentes e organización
Líder Iñigo Urkullu
(Presidente do EBB)
Mocidades Euzko Gaztedi Indarra
Filiación internacional Partido Demócrata Europeo
Historia
Fundación 1895
Posicións políticas
Ideoloxía Nacionalismo vasco
Posición política Centro dereita[1][2][3][4][5][6][7]
Representación
Representación 6 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados
22 deputados (de 75) no Parlamento Vasco
1.153 concelleiros
Outros datos
Sede Sabin Etxea, Bilbao
Páxina web www.eaj-pnv.eu

O Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) (en España) ou Euzko Alderdi Jeltzalea - Parti Nationaliste Basque (EAJ-PNB) (en Francia), é un partido político nacionalista vasco do País Vasco.

Foi fundado en 1895 por Sabino Arana Goiri, influído polo seu irmán Luis Arana. É o terceiro partido político español actual máis antigo (despois do Partido Socialista Obrero Español e o Partido Carlista) e foi o primeiro partido nacionalista vasco.

Seguindo a terminoloxía do seu fundador, os seus membros chámanse jelkides ou jeltzales e as súas sedes batzokis.

"Euzko Alderdi Jeltzalea" significa "Partido Vasco de partidarios do JEL" (sendo "JEL" un acrónimo de Jaungoikoa Eta Lagizarrak (Jaungoikoa Eta Lege Zaharrak en éuscaro normativo actual), que significa en galego: Deus e Leis Vellas en referencia ós foros (ver Jeltzale e jelkide). "Euzko" mantense coa grafía antiga (a moderna é "Eusko") como respecto á tradición, xa que así a escribía Sabino Arana. Polo mesmo motivo, nos batzokis mantense escudos coa grafía "Euzkadi".

Historia[editar | editar a fonte]

Catro fases na historia do PNV[editar | editar a fonte]

  • (1895-1921): O PNV foi fundado por Sabino Arana Goiri, considérase a data da súa fundación o 31 de xullo de 1895 cando se elixiu ao Bizkai Buru Batzar. Nunha primeira etapa, o PNV é un partido limitado ó ámbito territorial de Biscaia. Nesta fase ideolóxica, o fundador chama ao seu movemento bizkaitarrismo. A súa obra clave leva por título Biscaia pola súa independencia. É nas eleccións ás deputacións de 1917 onde o partido acada implantación en Áraba, Guipúscoa e Navarra.
  • (1921-1937): En 1921 o partido afronta a súa primeira gran división, que se reconduce pouco antes da chegada da Segunda República Española.
  • (1937-1975): Coa chegada da guerra, o PNV alíase coa Fronte Popular e defende, pese á súa maior afinidade nalgúns puntos da súa ideoloxía co bando sublevado, a República que garante a Euzkadi un estatuto de autonomía. A súa participación militar na guerra remata co Pacto de Santoña, no cal os nacionalistas vascos pactan, ás costas da República, a rendición cos militares italianos que axudaban ó bando nacional trala perda de todo o territorio vasco, considerando que non pagaba a pena xa involucrarse nunha guerra entre españois. Destaca a figura do primeiro lehendakari: José Antonio Aguirre.
  • (1975-2005): O PNV e o Goberno de Euskadi no exilio. Regreso á democracia (1977), Consello Xeral Vasco. O PNV no Goberno (1980-1986). Gobernos de coalición co Partido Socialista de Euskadi. Pacto de Ajuria-Enea. Pacto de Estella.

O PNV e as súas escisións[editar | editar a fonte]

A historia do PNV está definida polo feito de manterse fiel a un modelo de partido comunidade en que tradicionalmente teñen existido unha tendencia ortodoxa fiel aos principios do fundador e outra de carácter máis posibilista. Os nomes de ditos sectores foron cambiando co tempo e teñen dado lugar a diversas escisións, sendo as máis destacábeis:

  • Escisión de 1921, na cal o partido chegou a perder o seu nome e quedou dividido nunha maioría que fundou Comuñón Nacionalista Vasca e a mocidade da Euzko Gaztedija que eran coñecidos pola súa editorial Aberri (en vasco: patria). A Comuñón Nacionalista Vasca, estaba liderada polo nacionalismo da burguesía vasca, na que se reflectía o seu pensamento no empresario dos estaleiros Euskalduna, Ramón de la Sota. A corrente de Aberri baseábase en xente nova descontenta coa dirección que tomaba o partido, máis liberal e menos nacionalista, renunciando a toda política con fins de obter a emancipación política do pobo vasco. Aberri procuraba volver ás orixes do partido e ás teses independentistas de Sabino Arana. Esta corrente estaba liderada por Eli Gallastegi, que finalmente fixo rexurdir as siglas do PNV, que contou coa anuencia e apoio de Luis Arana. Ambas as dúas correntes rematarían por reunificarse de novo no 1930.
  • Despois da reunificación das dúas correntes, en 1932 deu lugar a Acción Nacionalista Vasca, un partido independentista de esquerdas, que non estaba de acordo coa refundación do PNV por parte deses outros dous sectores máis conservadores.
  • Escisión dentro da súa organización xuvenil Euzko Gaztedi Indarra (EGI) que deu lugar á aparición de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) nos anos cincuenta. Á súa vez, ETA iríase dividindo en varias organizacións políticas e grupos terroristas.
  • Escisión de 1986, que deu lugar a un novo partido de carácter máis socialdemócrata e partidario nas súas primeiras fases da autodeterminación e na actualidade de carácter independentista: Eusko Alkartasuna (en galego: Solidariedade Vasca).

O PNV hoxe[editar | editar a fonte]

O actual presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do partido) é Iñigo Urkullu, que sucedeu en 2007 o anterior presidente, Josu Jon Imaz. Logo da dimisión de [[Juan José Ibarretxe trala perda da lehendakaritza en 2009, ocupa o liderado da oposición política en Euscadi. Gobernou a comunidade autónoma do País Vasco a maior parte do tempo dende 1980, en solitario no período (1980-1986) e a través de diversos pactos dende entón. Na lexislatura 2001-2005, o jelkide Juan José Ibarretxe presidiu un goberno de coalición entre PNV, Eusko Alkartasuna e Ezker Batua-Berdeak. Nas eleccións de 2005, presentouse en coalición con Eusko Alkartasuna, onde obtivo unha maioría simple que lle permitiu seguir no goberno.

Goberna as deputacións forais de Guipúscoa e Biscaia, así como o concello de Bilbao e gran parte dos municipios da comunidade autónoma. Posúe grupos parlamentarios no Congreso e no Senado. Tamén ten unha pequena representación en Navarra —sobre todo en concellos da zona limítrofe con Guipúscoa—, no Parlamento Navarro e no Congreso dos Deputados a través das coalicións nacionalistas Nafarroa Bai e Geroa Bai, respectivamente.

Correspóndelle tamén un dos escanos obtidos pola coalición Galeusca no Parlamento Europeo.

Anualmente, o último domingo de setembro celebra o Día do Partido (chamado Alderdi Eguna).

Presidentes do PNV[editar | editar a fonte]

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

Eleccións ao Parlamento Vasco[editar | editar a fonte]

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2012 Iñigo Urkullu 27 parlamentarios 36% 3 384.766 34,61% 11.791
2009 Juan José Ibarretxe 30 parlamentarios 40% 8 396.557 38,56% 71.560
(Respecto a coalición con EA)
2005 Juan José Ibarretxe
(Coalición con EA)
22 parlamentarios
(Contando aos de EA, 29)
29,3% 4 468.117 38,67% 136.105
2001 Juan José Ibarretxe
(Coalición con EA)
26 parlamentarios
(Contando aos de EA, 33)
34,7% 5 604.222 42,7% 145.265
(Respecto a PNV+EA)
1998 Juan José Ibarretxe 21 parlamentarios 28% 1 350.322 28,01% 45.976
1994 José Antonio Ardanza 22 parlamentarios 29,3% 0 304.346 29,84% 14.645
1990 José Antonio Ardanza 22 parlamentarios 29,3% 5 289.701 28.49% 18.493
1986 José Antonio Ardanza 17 parlamentarios 22,7% 15 271.208 23,71% 179.970
1984 Carlos Garaikoetxea 32 parlamentarios 42,7% 7 451.178 42,01% 102.076
1980 Carlos Garaikoetxea 25 parlamentarios 41,7% 25 349.102 38,1% 349.102

Eleccións ao Parlamento Europeo[editar | editar a fonte]

Ano Candidatura Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2009 Coalición por Europa 2 eurodeputados 4% 0
802.225 5,12% 3.409
2004 Galeusca - Pobos de Europa 2 eurodeputados 3,7% 0
798.816 5,15% 184.848
1999 Coalición Nacionalista - Europa dos Pobos 2 eurodeputados 3,13% 0
613.968 2,9% 95.436
1994 Coalición Nacionalista 2 eurodeputados 3,13% 1 518.532 2,7% 215.494
1989 Coalición Nacionalista 1 eurodeputado 1,67% 1 303.038 1,91% 76.468
1987 Unión Europeísta - Europar Batasuna 0 eurodeputados 0% 2a 226.570 1,18% 226.570
  • a) Antes tiña 2 designados ao integrarse España na UE.

Organización interna[editar | editar a fonte]

O PNV ten unha estrutura asemblearia que funciona en tres niveis: municipal, rexional ou territorial e nacional (aplicado ó conxunto do País Vasco). Existen 233 organizacións municipais, cun total de 32.000 afiliados.

A implantación social do partido refórzase cos batzokis, sedes sociais do PNV. O primeiro deles inaugurouse o 14 de xullo de 1894 no casco Vello de Bilbao, un ano antes da constitución formal do PNV como partido. Hoxe en día hai máis de 200 batzokis.[8] Ademais, conta dende 2007 cun "Batzoki Virtual" en Internet.[9]

O órgano executivo do partido, o Euskadi Buru Batzar (EBB) está presidido por Iñigo Urkullu. O EBB componse ademais dos presidentes dos Consellos Rexionais e oito burukides (membros do consello) elixidos pola asemblea nacional de entre os propostos polas asembleas territoriais.

Os consellos rexionais, compostos de entre 10 e 15 membros son o Bizkai Buru Batzar (de Biscaia), o Gipuzko Buru Batzar (de Guipúscoa), o Araba Buru Batzar (de Álava) e o Napar Buru Batzar (de Navarra). Ademais hai órganos executivos independentes destes catro en Iparralde e noutros lugares como Madrid, Barcelona, Venezuela ou Arxentina.

A organización xuvenil é Euzko Gaztedi-EGI.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anttiroiko & Mälkiä 2007, p. 394.
  2. Portero Molina 2004, p. 443: «De hecho la alta fragmentación de la oferta nacionalista en la comunidad autónoma ha imposibilitado las mayorías absolutas, de modo que el PNV, de centro-derecha, nunca ha gobernado en solitario sino en coalición»
  3. Verney 2013: «PNV is a centre-right party, which controlled a majority government in the Basque Country until 1986, and subsequently kept office through coalitions until the last regional elections in 2009»
  4. Roig i Berenguer, Rosa Mari (2005). «Los efectos del sistema electoral europeo en España: los partidos políticos de ámbito no estatal» (pdf). Instituto de Ciencias Políticas y Sociales (ICPS): 13. ISSN 1133-8962. Consultado o 11 de xaneiro de 2015. «Además, hay que contar con las formaciones políticas de ámbito no estatal, dominantes en el centro derecha en algunas comunidades autónomas, como CiU en Cataluña y el PNV en el País Vasco» 
  5. Gibbons 1999, p. 135: «and PP, PNV and CiU on the centre-right»
  6. Hepburn 2013, p. 38: «EA, besides adopting a more radical stance on the centre-periphery dimension, has targeted the regionalist electorate distributed between the centre-right PNV and extreme-left HB-Ba»
  7. Ştefuriuc 2013, p. 107: «the PNV is a centre-right party»
  8. Localización de baztokis fora dos territorios vascos
  9. Batzoki virtual do EAJ-PNV

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]