Primeiro mundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Países con economías desenvolvidas segundo o FMI

O termo Primeiro Mundo fai referencia a aqueles países que lograron un enorme grao de industrialización, e que gozan dos máis altos estándares de vida, posible grazas á riqueza e a tecnoloxía. Existe unha grande correlación entre países con este tipo de status e o feito de que posúan institucións democráticas robustas.

Introdución[editar | editar a fonte]

Os termos, Primeiro mundo, segundo mundo e terceiro mundo foron empregados para dividir as nacións do mundo en tres amplas categorías. Os tres termos non xurdiron simultaneamente. Logo da Segunda Guerra Mundial, a xente comezou a falar da OTAN e o Pacto de Varsovia como dous bloques principais, a miúdo usando tales termos como o "bloque Occidental" e o "bloque Oriental". Os dous "mundos" non foron numerados. Eventualmente foi indicado que había moitos países que non cabían en ningunha categoría, foi nos anos 1950 cando o derradeiro grupo chegou a ser chamado o Terceiro Mundo. Entón comezou a parecer que debería haber un "Primeiro Mundo" e un "Segundo Mundo" (véxase Terceiro Mundo para un tratamento máis cheo da historia dos termos).

Eventualmente, fíxose isto a práctica común para referirse a nacións dentro da esfera de influencia da Europa Occidental e dos Estados Unidos (por exemplo, os países da OTAN) como o Primeiro Mundo. Ademais de Norteamérica (EEUU e Canadá) e Europa Occidental, o Primeiro Mundo tamén incluíu outros países industrializados capitalistas como Xapón e antigas colonias británicas como Australia e Nova Zelandia.

Había un número de países que non couberon comodamente nesta definición aseada de partición, incluíndo Suíza, Suecia, e Irlanda, que decidiron ser neutros. Finlandia estaba baixo a esfera da influencia da Unión Soviética, pero non era comunista, tampouco era un membro do Pacto de Varsovia. Austria estaba baixo a esfera de influencia dos Estados Unidos, pero en 1955, cando o país fíxose unha república totalmente independente, decidiu permanecer neutro. Turquía, que se uniu a OTAN en 1952, non se atopaba na Europa Occidental e non estaba industrializada. España non se uniu á OTAN ata 1982, cara ao final da guerra fría e logo da morte do ditador autoritario Francisco Franco.

No uso moderno, despois do final da guerra fría, o termo de Primeiro Mundo chegou a denotar ás nacións 'desenvolvidas' Industrializadas capitalistas que no ano 2000 tiñan un PIB per cápita superior aos 15.000 dólares estadounidenses, como declarado polo Banco Mundial. Isto incluiría os Estados Unidos, Canadá, Xapón, os países da Unión Europea (no 2000), Taiwan, Israel, Australia, Nova Zelandia, e Corea do Sur. Ademais, Singapur e Hong Kong poden ser descritos nestes termos pero son excepcións xa que estes teñen características particulares non representantes dun país. O Banco Mundial tamén denota estes como "Economías de Altos Ingresos."

En anos recentes, xa que tantos países "en vías de desenvolvemento" estanse industrializado, o termo do Cuarto Mundo foi acuñado para referirse aos países que se quedaron atrás e aínda carecen da infraestrutura industrial.

Distribución da renda[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Distribución da renda.

Dende mediados principios do século XIX Europa occidental, Norteamérica, Australia e Nova Zelandia foron historicamente as rexións con maiores ingresos do mundo e as que concentraron maiores recursos. Durante o século XX outras rexións como Xapón e en menor grao Corea do Sur e algunhas áreas do sueste asiático acadaron tamén niveis altos de desenvolvemento económico e altos ingresos per cápita. O resto de rexións sufriron sortes desiguais, por exemplo, América Latina nas últimas décadas sufriu un descenso relativo de ingreso, e África central e meridional que partía de niveis de ingreso relativo altos en comparación doutras rexións do terceiro mundo viu emperorar a súa situación respecto ao ingreso. A seguinte táboa contén algúns datos comparativos. A táboa foi fabricada a partir de datso de Arrighi (1991, táboas II, III e IV) para o período 1938-1988[1] e Angus Maddison[2] para o período 2000-2003:

Evolución histórica do ingreso per cápita relativo de varias rexións do mundo
1938 1948 1960 1970 1980 1988 2000 2003
"Primeiro mundo" 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100% 100%
Latinoamérica 19,5% 14,4% 16,7% 15,5% 19,8% 10,6% 25,3% 24,0%
Brasil 12,0% 11,3% 12,1% 12,7% 17,5% 12,1% 25,8% 25,1%
Oriente Medio e Norte África __ __ 11,5% 8,1% 11,1% 7,1% 18% 18,1%
Turquía e Exipto 14,9% 13,0% 12,8% 7,7% 8,1% 5,6% 22,2% 22,0%
África Occidental e Oriental __ __ 3,6% 3,4% 4,7% 1,6% 4,2% 4,3%
África central e meridional 25,2% 18,3% 10,5% 11,3% (n.d.) 6,1% 7,2% 7,1%
Asia meridional 8,2% 7,5% 3,6% 2,8% 4,6% 2,3% 9,5% 9,9%
Sudeste Asiático __ __ 6,6% 3,8% 5,7% 3,7% 39,8% 39,0%
Indonesia e Filipinas 6,0% __ 6,4% 2,8% 4,6% 2,3% 13,2% 13,7%
Xapón 20,7% 14,5% 23,2% 52,1% 76,3% 117,9% 97,9% 95,6%
Corea do Sur __ __ 7,7% 7,2% 12,7% 20,2% 65,0% 70,9%
China 4,1% __ __ __ 2,5% 1,8% 15,9% 21,6%
  1. "Primeiro mundo" inclúese aquí aos Estados Unidos, Canadá; Australia, Nova Zelandia; Alemaña, Austria, Suíza, Francia, Italia, España, Benelux, Escandinavia e o Reino Unido.
  2. Latinoamérica inclúese aquí a Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, O Salvador, Xamaica, México, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela.
  3. Oriente Medio e Norte de África inclúense aquí Alxeria, Exipto, Libia, Sudán, Siria e Turquía.
  4. África subsahariana occidental e oriental inclúense aquí Benin, Burkina Faso, Burundi, Camerún, Chad, Etiopía, Costa de Marfil, Kenya, Madagascar, Malawi, Mali, Mauritania, Mozambique, Níxer, Nixeria, Ruanda, Senegal, Somalia, Tanzania.
  5. África subsahariana central e meridional inclúense aquí Suráfrica, Zaire, Zambia e Cimbabue.
  6. Asia meridional inclúense aquí Bangladesh, India, Paquistán e Sri Lanka.
  7. Sudeste Asiático inclúense aquí Indonesia, Malasia, Filipinas, Tailandia e Singapur.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arrighi, Giovanni, "World income inequalities and the Future of Socialism", New Left Review, 189, setembro-outubro, 1991.
  2. Historical Statistics (1820-2003), (excel file)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]