Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Río Sarria á saída da vila homónima.

Un río é un accidente xeográfico consistente nun curso natural e permanente de auga doce, que flúe por un leito e que desemboca no mar, nun lago, noutro río, ou incluso no deserto. Cando desemboca noutro río denomínase afluente.

Os tres ríos mais longos do mundo son o Amazonas, cuns 7.000 km, seguido do Nilo cuns 6.700 km e do Mississippi-Missouri cuns 6.200 km.

O Amazonas é tamén o que posúe, de lonxe, a máis grande bacía, duns 6.150.000 km², e máis o maior caudal (uns 190.000 m³/s).

En Europa, os mais grandes son o Volga con 3.700 km e o Danubio con 2.857 km.

Ríos de Galicia[editar | editar a fonte]

Galiza é unha terra moi rica en ríos. Así, Otero Pedrayo definiuna como "a nación dos mil ríos alimentados por dez mil regatos pequenos".

O Miño é o río máis importante de Galicia, tanto pola súa lonxitude como polo seu caudal.

Ríos máis longos do mundo[editar | editar a fonte]

Medir a lonxitude exacta dun río é practicamente imposible, a causa da orografía do terreno e como se adapta o río a ela. Polo dito a lista seguinte é en base á súa lonxitude aproximada[1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Río

Outros artigos[editar | editar a fonte]