Nunavut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nunavut
ᓄᓇᕗᑦ
Bandeira de Nunavut Escudo de Nunavut
Bandeira Escudo
Lema: Nunavut Sannginivut

(Inuktitut: Nunavut a nosa forza ou A nosa terra a nosa forza)

Himno nacional: -
 
Nunavut in Canada.svg
 
Capital
 • Poboación
Iqaluit
5.234 (2001)
Cidade máis poboada Iqaluit
Linguas oficiais
Inuktitut, Inuinnaqtun, Inglés, francés
Forma de goberno -
Ann Meekitjuk Hanson

Paul Okalik(Goberno consensuado)

Confederación
1 de abril de 1999
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto xº
2,093,190 km²
%
km km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto xº
29,474
15 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita
Posto Xº
1.101 billóns de
$36,400
IDH (n/d) n/d (n/dº) – n/d
Moeda Dólar canadense (C$, CAD)
Xentilicio n/d
Fuso horario
 • en verán
GMT (UTC-5, UTC-6, UTC-7)
-
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO CA-NU
Membro de: Non ten
Tódolos países do mundo
Este artigo amosa letras nativas canadenses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Inuit, Arviat

Nunavut (A nosa Terra en inuktitut), é o maior e máis recente dos Territorios Autónomos de Canadá, situado ao Nordeste do país, entre Groenlandia ao Leste, Manitoba ao Sur, e os Territorios do Noroeste ao Oeste, territorio do que se saíron o 1 de abril de 1999, de acordo cos lindeiros fixados previamente en 1993. As devanditas fronteiras recoñecían a soberanía de Nunavut sobre case todas as illas árticas do Canadá (Ellesmere, Baffin, Devon, Southampton e a metade oriental de illa Victoria e a de Melville), así como sobre a zona costeira central do Canadá sobre o Océano Ártico e todas as illas da Baía de Hudson.

Desde 1996, ano en que se produciron disturbios entre o exército canadense e varios pobos inuit (tamén chamados esquimós), como os oka, ipperwash e nativos de Gusafsen Lake, empezábase a advertir a arela destes pobos inuit por lograr unha maior autonomía para o territorio. Tras a recomendación que facía un informe da Comisión Real do Canadá sobre a conveniencia de conceder maior autonomía aos pobos aborixes do Canadá, esta chegou de forma efectiva a mediados de 1999.

O territorio posúe unha superficie de 2.093.190 km², da cal o 7,5% corresponde a augas interiores. A súa poboación é duns 29.300 habitantes, repartidos en case unha trintena de aldeas ou poboacións menores. Unha delas é Iqaluit, a capital, situada na illa de Baffin, anteriormente denominada Frobisher Bay.