Bielorrusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Рэспубліка Беларусь
Respublika Bielaruś
Республика Беларусь
Respublika Belarus
República de Bielorrusia
Bandeira de Bielorrusia Emblema de Bielorrusia
Bandeira Emblema
Himno nacional: Мы, беларусы
 
Europe-Belarus.svg
 
Capital
 • Poboación
Minsk
1 814 700 (2007)
Cidade máis poboada Minsk
Linguas oficiais
Bielorruso, ruso
Forma de goberno República semipresidencialista
Aleksandr Lukashenko
Mikhail Miasnikovich
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
Da URSS
27 de xullo de 1990
25 de agosto de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 83º
207.600 km²
(1.600 km²)[1]
3.098 km km
0 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 77º
10 293 011 (est. 2006)
50 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 69º
US$ 36.944 millóns
US$ 3.808 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 66º
US$ 70.524 millóns
US$ 8.862 (2006)
IDH (2007) 0.804 (64º) – Alto
Moeda Rublo bielorruso (BYR) (Rublo ruso en 2008)
Xentilicio Bielorruso, -sa
Fuso horario FET (UTC+3)
Dominio de Internet .by
Prefixo telefónico +375
Prefixo radiofónico EUA-EWZ
Código ISO 112 / BLR / BY
Membro de: ONU, OSCE, CEI, COI, OTSC, Estado da Unión
Tódolos países do mundo
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Bielorrusia[2] (en bielorruso: Беларусь, "Bielaruś", [bʲɛlaˈrusʲ] (AFI); en ruso: Белоруссия, "Belorussiia"), oficialmente a República de Bielorrusia, é un país sen saída ao mar de Europa Oriental. Limita ao norte con Letonia, ao norte e ao leste con Rusia, ao sur con Ucraína, ao leste con Polonia e ao leste e ao norte con Lituania. A súa capital é Minsk, e outras cidades de importancia son Brest, Hrodna, Homieĺ, Mahilioŭ e Viciebsk. Máis do 40% dos seus 207.600 km2 son bosques, e os sectores económicos de maior peso son as empresas de servizos e as empresas industrais.[3]

Até o século XX, os bielorrusos careceron da oportunidade de crear unha identidade nacional distintiva porque durante a historia os territorios da actual Bielorrusia pertenceron a varios países diferentes, incluíndo o Principado de Polotsk, o Gran Ducado de Lituania, a República das Dúas Nacións, o Imperio Ruso. Logo da revolución rusa de 1917, Bielorrusia declarou a súa independencia como a República Nacional Bielorrusa (1918-19), e posteriormente pasou a ser unha república constituínte da Unión Soviética, a República Socialista Soviética de Bielorrusia.

As fronteiras actuais do país teñen a súa orixe en 1939, coa incorporación á república de territorios até antón pertencentes á Segunda República Polaca logo da invasión soviética de Polonia, en virtude dos termos do Pacto Ribbentrop-Mólotov entre a URSS e o Terceiro Reich Alemán.[4][5] A nación e o territorio quedaron devastados logo da Segunda Guerra Mundial, onde Bielorrusia perdeu a terceira parte da súa poboación e máis da metade dos seus recursos económicos.[6] A república foi rehabilitada nos anos posteriores á guerra.

O Parlamento da República declarou a soberanía de Bielorrusia o 27 de xullo de 1990, e trala caída da Unión Soviética, Bielorrusia declarouse independente o 25 de agosto de 1991. Aliaksandr Lukašenka ten sido presidente do país desde 1994. Durante a súa presidencia, Lukashenko continuou con políticas da era soviética, como a propiedade estatal da economía, a pesar das obxeccións dos gobernos occidentais. Segundo algunhas organizacións, as eleccións non teñen sido limpas, e os oporitores políticos teñen sufrido forte represión.[7][8][9] Desde 2000, Bielorrusia e Rusia asinaron un tratado para unha maior cooperación.

A maioría dos 9,85 millóns de habitantes de Bielorrusia moran nas áreas urbanas próximas a Minsk ou nas capitais das outras rexións.[10] Máis do 80% da poboación son nativos bielorrusos, o resto compóñena minorías de rusos, polacos e ucraínos. Desde un referendo en 1995, o país ten dúas linguas oficiais, o bielorruso e o ruso. A Constitución de Bielorrusia non declara unha relixión oficial, aínda que a principal relixión no país é o cristianismo ortodoxo, mentres que a segunda máis popular, o catolicismo, ten un seguimento moito menor en comparación.

É un estado completamente chá (non supera os 300 m sobre o nivel do mar), dividido en tres zonas xeográficas ben diferenciadas: a do norte, poboada de lagos; a meseta boscosa central; e a parte sur, moi pantanosa e deshabitada, chamada pantanos de Prypett.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Bielorrusia (en bielorruso Bielaruś) significa literalmente Rutenia branca (Biel = Branco/a Rus -nome medieval que se daban os estados eslavos orientais xeralmente cun goberno monárquico que reunía a unha federación de "tribos"- ou Rusiya -Rusia-). Por este motivo ocasionalmente, especialmente cando se atopou baixo o dominio do tsarato ruso a rexión era chamada en español Rusia Branca. En canto á cualificación de "Branca" parece derivar da cor emblemática elixido para diferenciarlle dos rusos e dos ucraínos.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Bielorrusia.

A actual poboación eslava de Bielorrusia estableceuse aí entre os séculos VI e VIII. Os primeiros eslavos orientais entraron en contacto cos varengos ou varegos e estiveron organizados baixo Rus, notablemente no principado de Pólatsk, na actual Bielorrusia do norte.

Para o século XIII, os principados de Belarús foron gravemente prexudicados pola invasión dos cruzados bálticos. Os territorios bielorrusos foron o groso do novo Gran Ducado de Lituania. A cidade de Voruta, cuxa localización é aínda descoñecida, foi a primeira capital deste estado. Este ducado tamén incluíu un número de territorios do Rus e Samogitia. Non houbo discriminación contra ningunha das nacións ou relixións nin ningunha tensión maior entre eles e o seu pobo, todos gobernados polas súas propias rexións. Lingua oficial do Gran Ducado de Lituania foi o antigo idioma báltico (chamado lituano e ruteno).

O Gran Ducado ocupaba gran parte de Europa do Leste desde o Mar Báltico ata o Mar Negro no século XV. Desde o 2 de febreiro de 1386, cando o Gran Duque lituano Jogaila foi coroado rei de Polonia, o Gran Ducado uniuse con Polonia nunha unión persoal baixo un monarca. En 1569, Polonia e o Gran Ducado fundíronse no estado da Mancomunidade Lituano-Polaca. Esta unión permaneceu unida ata a constitución (que foi a primeira en Europa e segunda no Mundo ) de maio de 1791, a cal aboliu todas as subdivisións dos estados e fundiuse no reino de Polonia. Con todo, o novo estado foi anexionado despois pola Rusia Imperial, Prusia e Austria por mor das Particións de Polonia de 1795.

Tras a Revolución Rusa de 1917, ao final da ocupación alemá durante a Primeira Guerra Mundial, o 25 de marzo de 1918, os bielorrusos declararon a súa independencia por primeira vez, pero a República Popular Bielorrusa (Беларуская Народная Рэспубліка) durou pouco e non puido seguir sendo independente. Na Bielorrusia actual a independencia da BNR non é considerada un feito de importancia, pero a oposición ao presidente Lukashenko celebra o 25 de marzo anualmente.

En 1919, foi declarada a RSS Bielorrusa, que en 1922 converteuse nun dos membros fundadores da URSS.

Na Segunda Guerra Mundial, Bielorrusia foi a primeira república soviética en ser ocupada pola Alemaña nazi entre 1941 e 1944. Logo da derrota alemá, contoulla entre os membros fundadores da ONU en 1945, ofrecendo representantes separados dos da URSS.

A súa proximidade con Moscova obrigou a Bielorrusia a converterse en destino de millóns de refuxiados, desprazados pola durísima política de recolocación de poboacións durante o goberno de Iosif Stalin.

Tras 20 anos de padecementos económicos, Bielorrusia conseguiu converterse dun país agrícola a un industrial e de posuír un 90% de campesiñado a ostentar a maioría da súa poboación ocupada na produción industrial.

Ata 1985, os seus representantes votaron solidariamente cos dos rusos no Partido Comunista Soviético, pero logo comezou a tomar camiños independentes.

Bielorrusia declarou a independencia da URSS o 27 de xullo de 1990 e se fixo efectiva ao ano seguinte tras a caída definitiva do sovietismo. A continuación, o país asinou un importante acordo de cooperación económica coas tamén ex repúblicas soviéticas de Casaquistán e Uzbequistán.

O 8 de decembro de 1991, os líderes de Rusia (Boris Eltsin), Ucraína (Leonid Kravchuk), e Bielorrusia (Stanislav Shushkevich) reuníronse en Belavezhskaya Pushcha (Bielorrusia), para emitir unha declaración pola que a URSS foi disolta e substituída pola Comunidade de Estados Independentes (CEI).

Logo, Bielorrusia converteuse nunha república independente tanto de Rusia como da CEI. O seu primeiro presidente, Aleksandr Lukashenko, viuse cercado por acusacións de violacións aos dereitos humanos, ao que se sumou unha grave crise económica en 1998. A oposición boicoteou as eleccións de 2000, pero Lukashenko conseguiu ser reelecto ao ano seguinte.

Escudo da República Socialista Soviética de Bielorrusia
Bandeira da República Socialista Soviética de Bielorrusia

Goberno e política[editar | editar a fonte]

Antigamente formaba unha das 15 Repúblicas Socialistas Soviéticas da URSS ata o ano 1991. Gozaba dun Soviet Supremo de 421 deputados, dos cales 319 eran bielorrusos, 69 rusos, 13 ucraínos, 4 polacos e 2 xudeus; deles, 292 eran membros do PCUS e 153 eran mulleres.

O 24 de agosto de 1991 proclamouse república independente, e o 17 de setembro tomou o nome de Bielorrusia. Adoptou unha constitución democrática o 15 de marzo de 1994, pola que establecía a forma de goberno republicana presidencialista cun parlamento de 360 deputados (reducidos en 1995 a 198). Actualmente posúe unha cámara alta composta por 64 curuis, dos cales 56 son elixidos polas asembleas rexionais e 8 polo presidente da nación. A cámara baixa ou de representantes conta con 110 deputados.

O poder executivo é exercido por un presidente, un vicepresidente e un primeiro ministro.

A lingua oficial é o bielorruso, polo menos sobre o papel, posto que o ruso é cooficial novamente desde 1995; é unha incógnita o papel oficial das outras linguas faladas ao territorio (como o polaco).

O 14 de maio de 1995 un referendo outorgou poderes ao presidente Aleksandr Lukashenko para disolver o parlamento e aumentar o grao de integración económica con Rusia. Un novo referendo, o 24 de novembro de 1996, permitía unha nova constitución que incrementaba aínda máis os poderes presidenciais.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Bielorrusia.

Actualmente Bielorrusia divídese en 6 rexións chamadas voblasts (vobłasć), que levan o nome das cidades que serven de centro administrativo. Cada un dos voblast ten un poder lexislativo provincial, chamado oblsovet (Consello do oblast), que é escolleito polos residentes de cada voblast, e un Poder Executivo Provincial, elixido o xefe polo Presidente. Os voblasts subdivídense en raións (distritos). Ao igual que os voblasts, cada raión ten a súa autoridade lexislativa propia (raisovet) que son escolleitos polos seus habitantes, e unha autoridade executiva nomeada por poderes executivos máis altos. Dende o 2002, hai seis voblasts, 118 raións, 102 cidades e 108 asentamentos urbanos.[11]

A capital Minsk é unha rexión especial. A cidade de Minsk está dirixida por un comité executivo e ten unha carta da autonomía dada polo goberno nacional.[12]

Subdivisions of Belarus.png
  1. Minsk.
  2. Rexión de Brest - centro administrativo: Brest.
  3. Rexión de Homieĺ - centro administrativo: Homieĺ.
  4. Rexión de Hrodna - centro administrativo: Hrodna.
  5. Rexión de Mahilioŭ - centro administrativo: Mahilioŭ.
  6. Rexión de Minsk - centro administrativo: Minsk.
  7. Rexión de Viciebsk - centro administrativo: Viciebsk.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Bielorrusia.

A República de Bielorrusia está situada ao leste do continente europeo, e rodeada por Rusia, Lituania, Letonia, Polonia e Ucraína. En concreto, atópase entre as latitudes 51° e 57° N, e as lonxitudes 23° e 33° L. A súa extensión de norte a sur é de 560 km, e de oeste a leste de 650 km.[13]

É un estado case completamente chairo: a súa máxima altura non chega a superar os 300 m.

O país divídese en tres rexións xeográficas ben diferenciadas: a do norte, poboada de lagos glacióxenos; a meseta boscosa central; e a parte meridional, moi pantanosa e completamente deshabitada chamada Pantanos de Prypett.

Existen en Bielorrusia máis de 4000 lagos, pantanos e ríos que cobren o 20% da superficie do país.

Cidades[editar | editar a fonte]

Lista das 10 principais cidades de Bielorrusia:

Principais cidades de Bielorrusia
Nome Nome cirílico Voblast Poboación
(2008)[14]
1 Minsk Мінск Minsk 1 830 700
2 Homieĺ Гомель Homieĺ 527.886
3 Mahilioŭ Магілёў Mahilioŭ 365.102
4 Viciebsk Віцебск Viciebsk 342.381
5 Hrodna Гродна Hrodna 325.162
6 Brest Брэст Brest 312.950
7 Babrujsk Бабруйск Mahilioŭ 227.000
8 Baranavičy Баранавiчы Brest 173.000
9 Barysaŭ Барысаў Minsk 150.700
10 Orsha Орша Viciebsk 125.000

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é moi diferente segundo trátese das rexións occidental ou oriental do país.

Ao oeste, na zona próxima ao Báltico, chove en abundancia e a temperatura é moderada. A zona este, pola contra, é moi seca e padece grandes variacións de temperatura.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Bielorrusia.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Bielorrusia sofre dous grandes problemas ambientais: a contaminación química da terra polo exceso de pesticidas, e unha continua e elevada taxa de radioactividade produto do accidente sufrido en 1986 pola central nuclear de Chernobyl (Ucraína).

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Bielorrusia.
Evolución da poboación do país entre 1960 e 2010, en miles de habitantes.

Bielorrusia é etnicamente homoxénea: está poboada principalmente por bielorrusos (81,2%), rusos (11,4%), polacos (3,9%), ucraínos (2,4%) e outros (1,1%) (2001).

A maioría dos indicadores demográficos son similares aos doutros países europeos, talles como a taxa de crecemento da poboación e a taxa natural de crecemento negativa.

Nos últimos doce anos a Igrexa Greco-Católica de Bielorrusia cuadriplicou o número das súas parroquias, ata un total de 432, agrupadas en catro diocese. O 80% da poboación profesa esta crenza (200). Tamén hai adeptos á Igrexa Ortodoxa, é a súa maioría os rusos.

O 69,5% dos habitantes teñen entre 15 e 64 anos de idade (2005) e o analfabetismo é sumamente baixo: soamente o 0,4% en 2003.

Deportes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Deporte de Bielorrusia.

O actual personaxe ilustre de bielorrusia é o xogador do Arsenal Alexander Hleb.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Bielorrusia.

O notable poeta bielorruso Adam Mickiewicz, amigo de Frédéric Chopin e nacionalizado polaco, foi un dos principais líderes do movemento independentista polaco respecto de Rusia. Tamén podemos destacar a Yanka Kupala (Iván Dominikovich Lucevich) que foi o creador da lingua literaria bielorrusa.

Belarús ten catro sitios declarados patrimonio mundial, con dous deles sendo compartidos entre Belarús e os seus países veciños. Os catro son: O complexo do Castelo Mir; O castelo Niasvizh; a Belovezhskaya Pushcha (compartida con Polonia); e o Arco Xeodésico de Struve (compartido con Estonia, Finlandia, Letonia, Lituania, Noruega, Moldavia, Rusia, Suecia e Ucraína).

A dieta típica dos bielorrusos inclúe o pan, as papas, o repolo e o porco. Os bielorrusos tamén tenden a comer pequenas porcións de comida na mañá aínda que se serven comidas moi abundantes ao xantar e cear. Algúns dos pratos máis amplamente servidos en Belarús inclúen ao "kotleta po krestyansky", unha mestura de costela de porco servida en salsa de champiñóns; unha sopa chamada "shtchi" que inclúe chucrut, papas e cebola frita; e o "kalachi". Aos invitados estranxeiros, sérvenlles pan de centeo cun chisco de sal nun lado e élles ofrecido nun pano tradicional, chamado "rushnik".

Festas
Data Nome en galego Nome local Observacións
1 de xaneiro Ano novo Новы год
7 de xaneiro Nadal da Igrexa Ortodoxa Каляды праваслаўныя
8 de marzo Día Internacional da muller Міжнародны жаночы дзень
15 de marzo Día da constitución Дзень Канстытуцыі Adoptado en 1994
1 de maio Día do Traballo Дзень Працы
9 de maio Día da Vitoria Дзень Перамогі Denota a vitoria contra a Alemaña Nazi na Segunda Guerra Mundial (Gran Guerra Patriótica)
3 de xullo Día da Independencia Дзень Незалежнасьці Adoptado en 1996
7 de novembro Día da Revolución de Outubro Дзень Кастрычніцкай рэвалюцыі
25 de decembro Nadal da Igrexa Católica Каляды каталіцкія
Movible Semana Santa Ortodoxa Вялікдзень праваслаўны
Movible Semana Santa Católica Вялікдзень каталіцкі
9 días logo da Pascua Ortodoxa Día de la conmemoración Радуніца

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FAO (ed.). «Información sobre a auga e a agricultura da FAO» (en ingles). Consultado o 2008-04-04. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bielorruso.
  3. Belstat.gov.by (ed.). «Contents». Arquivado dende o orixinal o 2012-11-27. 
  4. Abdelal, Rawi (2001). National purpose in the world economy: post-Soviet states in comparative perspective. Cornell University Press. p. 131. ISBN 978-0-8014-3879-0. 
  5. Taylor & Francis Group (2004). Routledge, ed. Europa World Year, Book1. p. 713. ISBN 978-1-85743-254-1. 
  6. Axell, Albert (2002). Carroll & Graf Publishers, ed. Russia's Heroes, 1941–45. p. 247. ISBN 0-7867-1011-X. 
  7. «Office for Democratic Institutions and Human Rights – Elections – Belarus». Consultado o 22/07/2014. 
  8. «Belarus's election: What should the EU do about Belarus? | The Economist». 27 de decembro de 2010. Consultado o 22/07/2014. 
  9. «Foreign Secretary expresses UK concern following Belarus elections». Arquivado dende o orixinal o 2011-05-13. Consultado o 22/07/2014. 
  10. United Nations Office in Belarus, ed. (2003). «About Belarus – Population». Consultado o 3 de agosto de 2010. 
  11. Fernando Duarte Carvalho; North Atlantic Treaty Organization (2004). Defence Related SME's: Analysis and Description of Current Conditions. IOS Press. ISBN 1586034081. 
  12. «About Minsk». Minsk City Executive Committee. Consultado o 3 de agosto de 2010. 
  13. «Coordinates of the extreme points of the state frontier. Main Geographic Characteristics of the Republic of Belarus». Land of Ancestors. the Scientific and Production State Republican Unitary Enterprise "National Cadastre Agency" of the State Property Committee of the Republic of Belarus. 2011. Consultado o 11 September 2013. 
  14. The Ministry of Statistics and Analysis of the Republic of Belarus
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bielorrusia Modificar a ligazón no Wikidata