Mao Tse Tung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mao Tse Tung
Mao Zedong portrait.jpg
'Máo Zédōng
毛泽东
毛澤東
Danghui R.svg
Presidente do Partido Comunista de China
Período: 20 de marzo de 1943 - 9 de setembro de 1976
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: Hua Guofeng
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Presidente d Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Poblo Chinés
Período: 1 de outubro de 1949 - Decembro de 1954
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: Zhou Enlai
National Emblem of the People's Republic of China.svg
Presidente do Gobierno Central Popular da República Popular da China
Período: 1 de outubro de 1949 - 27 de setembro de 1954
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: El mesmo coma Presidente da República
National Emblem of the People's Republic of China.svg
Presidente da República Popular da China
Período: 27 de setembro de 1954 - 27 de abril de 1959
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: Liu Shaoqi
China Emblem PLA.svg
Presidente da Comisión Militar Central da República Popular da China
Período: 1943 - 9 de setembro de 1976
Antecesor: {{{antecesor5}}}
Sucesor: Liu Shaoqi
{{{cargoexecutivo6}}}
Período: {{{periodo6}}}
Antecesor: {{{antecesor6}}}
Sucesor: {{{sucesor6}}}
Datos persoais
Nacemento: 26 de decembro do 1893
Lugar: Pequín, Flag of the Qing dynasty (1889-1912).svg Imperio Qing
Falecemento: 9 de setembro de 1976 (82 anos)
Organización: Partido Comunista de China
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Luo Yixiu (1907–1910)
Yang Kaihui (1920–1930)
He Zizhen (1930–1937)
Jiang Qing (1939–1976)
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión:
Premios: {{{premios}}}
Mao Zedong signature.svg
{{{web}}}
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Mao Tse Tung en 1927.
Mao con Nixon o 2 de febreiro de 1972

Mao Tse Tung,[1] ou Mao Zedong,[2] (en chinés simplificado 毛泽东, e 毛澤東 en tradicional, Máo Zédōng (pinyin)) nado o 26 de decembro do 1893 e morto o 9 de setembro de 1976, foi un político chinés. Foi dirixente do Partido Comunista Chinés e dirixiu a Revolución Comunista de 1949 que impuxo o control sobre a China continental baixo mans do seu partido, trala fuxida de Chiang Kai Chek e dos seus seguidores do Kuomintang a Taiwán.

As súas formulacións ideolóxicas orientaban a idea do comunismo cara o campesiñado, a diferenza do que ocorreu na Rusia soviética (URSS) que se enfocaba principalmente ó proletariado.

En 1961 rompeu formalmente co comunismo soviético ao denunciar o revisionismo da URSS e do PCUS. Unha das campañas máis polémicas impulsadas por Mao foi a Revolución Cultural en 1966 para consolidar o maoísmo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mao era fillo dun granxeiro acomodado establecido en Shaoshan (Hunan), coidado pola familia da nai durante a súa infancia[3], traballou logo na granxa de seu pai comezando a escola aos oito anos, seguindo o canon clásico confucionista dos cinco clásicos que só fixo impacto nel de xeito negativo[4] converténdose nun lector voraz [5]. En 1909 foi á cidade de Changsha para comezar os seus estudos de secundaria nun novo tipo de escola de estilo máis occidental[6], influenciado polos sucesos da Revolución de Xinhai (1911) e do Movemento do Catro de Maio (1919) adoptou posicións nacionalistas e antiimperialistas e mentres traballaba na Universidade de Peking achegouse ao marxismo-leninismo, converténdose nun dos primeiros membros do Partido Comunista da China (PCC) logo da súa fundación en 1921, chegando axiña a posicións de mando. En 1922 os comunistas chegaron a un acordo co Kuomintang, un partido nacionalista revolucionario con máis peso na época; Mao axudou na creación dun exército campesiño e organizou a reforma agraria. En 1927 o líder militar do KMT, Chiang Kai Chek puxo fin á alianza e realizou unha purga dos elementos comunistas, asemade o PCC formou cos elementos fieis a súa propia milicia, o que conduciu á guerra civil. Mao foi responsable do comando dunha parte do Exército Popular de Liberación, e logo de varios reveses, ascendeu ao poder no partido tras dirixir a Longa Marcha. Cando o Imperio do Xapón invadiu China en 1937 e deu comezo a Segunda Guerra Sino-Xaponesa, Mao concordou co KMT unha fronte unida que se saldou coa vitoria do CPC-KMT en 1945. Logo estoupou de novo a guerra civil, na cal Mao dirixiu o Exército Popular logrando a vitoria e proclamando Mao a fundación da República Popular da China, un estado socialista de partido único controlado polo PCC, mentres Chiang e os seus seguidores procuraron refuxio en Taiwán. Mao logo da Campaña de Supresión dos Contrarrevolucionarios realizou a reforma agraria coas terras dos antigos señores feudais dividíndoas entre as comunas populares e estableceuse un culto á personalidade baseado na súa persoa[7]. Entre 1958 e 1961 dirixiu a campaña coñecida como o Gran Salto Adiante deseñado para modernizar e industrializar o país, non obstante os problemas agrarios empeoraron polas súas políticas e houbo fame no país. En 1966 iniciou a Revolución Cultural, un programa para eliminar os elementos contrarrevolucionarios na sociedade chienesa, que continuou ata a súa morte.

Retrato de Mao presidindo a praza de Tian'anmen

Unha figura fondamente controvertida, está considerado un dos individuos máis importantes na historia do mundo contemporáneo.[8] Os seus partidarios gaban o seu pulo modernizador que levou a China a se converter nun dos poderes mundiais, a promoción do status da muller, a expansión da educación e da saúde, o aumento da esperanza de vida e a consecución da vivenda universal.[9][10]aínda que China case dobrou a súa poboación durante o liderado de Mao,[11] de 550 a 900 millóns.[10] Como resultado, Mao aínda está considerado por moitos chineses coma un grande estratego político e militar e o salvador da nación. Os maoístas tamén promoven o seu papel como teórico, home de estado, poeta e visionario, que inspirou movementos revolucionarios ao longo do globo.[12] Pola contra, para os seus críticos, foi un ditador que dirixiu un estado que sistematicamente violaba os dereitos humanos, e que causou entre 40 e 70 millóns de mortos por medio da fame, os traballos forzados e execucións.[13][14]

Teoría política[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1920, Mao desenvolveu algunhas das súas teorías políticas, como a teoría da "loita de dúas liñas" no seo do Partido Comunista, xa formulada por Marx, Engels e Lenin. Fixo grandísimos aportes na área da filosofía, especialmente á dialéctica con obras como "Sobre a contradición". As súas ideas tiveron un grande impacto nas xeracións posteriores e afectaron significativamente ó resto do mundo.

Unha das súas principais ideas era a visión do proletariado como clase direixente e os campesiños como a forza principal da revolución, xa que a China non tiña unha poboación significativa de obreiros, pero si tiña unha gran masa de campesiños descontentos, o que apoiaba as ideas de Mao.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forma de maior tradición, segundo a romanización Wade-Giles.
  2. Segundo a romanización pinyin simplificada.
  3. Clements, Jonathan (2006) Mao Zedong London:Haus Publising, p.1
  4. Terrill Ross (1999) Mao. A Biography Stanford:Stanford University Press, p. 35
  5. Feigon, Lee (2002). Mao: A Reinterpretation. Chicago: Ivan R. Dee, p. 15
  6. Karl, Rebecca (2010)Mao Zedong and China in the Twentieth-Century World: A Concise History Duke University Press, p. 7
  7. Breslin, Shaun (1998) Mao Essex:Pearson Education, pp 110 e ss.
  8. «Mao Zedong». The Oxford Companion to Politics of the World. Consultado o August 23, 2008. 
  9. Gao, Mobo (2008). The Battle for China's Past: Mao and the Cultural Revolution. London: Pluto Press, p. 81
  10. 10,0 10,1 The Cambridge Illustrated History of China, by Patricia Buckley Ebrey, Cambridge University Press, 2010, ISBN 0-521-12433-6, pp. 327
  11. Atlas of World History, by Patrick Karl O'Brien, Oxford University Press US, 2002, ISBN 0-19-521921-X, pp 254, link
  12. Short 2001, p. 630 "Mao had an extraordinary mix of talents: he was visionary, statesman, political and military strategist of cunning intellect, a philosopher and poet."
  13. Short 2001, p. 631
  14. Rummel, R. J. China's Bloody Century: Genocide and Mass Murder Since 1900 Transaction Publishers, 1991. ISBN 0-88738-417-X p. 205: In light of recent evidence, Rummel has increased Mao's democide toll to 77 million; Daniel Jonah Goldhagen. Worse Than War: Genocide, Eliminationism, and the Ongoing Assault on Humanity. PublicAffairs, 2009. ISBN 1-58648-769-8 p. 53: "... the Chinese communists' murdering of a mind-boggling number of people, perhaps between 50 million and 70 million Chinese, and an additional 1.2 million Tibetans."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mao Tse Tung

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]