Cantón de Xura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cantón de Xura
République et Canton du Jura
Bandeira de Xura Escudo de Xura
Bandeira Escudo
Himno: La Rauracienne
 
Switzerland Locator Map JU.svg
 
Estado Suíza Suíza
Capital
 • Poboación
Delémont
11.364 (2007)
Linguas
 • Oficiais
Francés, arpitano, francocontés
Francés
Status
 • Presidente
Cantón
n/d
Ingreso
1979
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 14º
839 km²
n/d
n/d km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 20º
69.555
83 hab./km²
Xentilicio
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .ch
Código ISO CH-JU
République et Canton du Jura
Subdivisións de Suíza

O cantón de Xura (en francés: République et Canton du Jura, en arpitano: Rèpublica et Quenton du Jura, alemán: Republik und Kanton Jura, en italiano: Repubblica e Canton Giura, en romanche: Republica e Chantun Giura) é un cantón da confederación Suíza. É o máis moderno dos cantóns suízos, sendo fundado en 1979 trala súa excisión do cantón de Berna.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O cantón de Xura atópase situado na parte noroccidental de Suiza. O territorio consiste maioritariamente na cordilleira de Jura na parte sur, e no altiplano de Jura na parte norte, onde se atopa a rexión chamada Ajoie.

Ao norte e oeste o cantón limita coa Francia, ao este cos de cantóns de Soleura e Basilea-Campo, e ao sur cos de Berna e Neuchâtel. Os ríos Doubs e Birs bañan a rexión. O Doubs únese ao Saona para desembocar no Ródano, mentres que o Birs e tributario do Rin.

Historia[editar | editar a fonte]

Tratase do cantón suízo de fundación máis recente (1979). Separouse do cantón de Berna influído pola "brecha" lingüística, cultural e económica que existe entre ambas comunidades. No Jura fálase francés, mentres que en Berna se fala alemán.

A capital e Delémont, que ten unha poboación aproximada duns 14.000 habitantes (agosto de 2004).

O Jura é un dos poucos cantóns suízos onde a maioría da poboación está a favor da integración de Suíza na Unión Europea.

O cantón é coñecido tamén pola antiga asociación de reloxeiros anarquistas, a Federación do Xura.

Institucións[editar | editar a fonte]

O poder lexislativo esta en mans do parlamento do Jura que está formado por 60 membros (diputados) elixidos por escrutinio proporcional polos electores das tres circunscricións electorais. O parlamento é escollido cada catro anos.

O poder executivo é detentado polo Goberno do Jura, equivalente ao "Conseil d'État" (consello de estado) nos demais cantóns da Romandía (zona |francófona). Está composto de 5 membros (ministros) elixidos por sufraxio maioritario.

Os ministros actuais son: Michel Probst, PLR Michel Thenz, PS Élisabeth Baume-Schneider, PS Charles Juillard, PDC Philippe Receveur, PDC

Os partídos políticos actuais son:

  1. Parti démocrate-chrétien jurassien (PDC) democracia cristiá 19 deputados
  2. Parti socialiste jurassien (PSJ) socialismo, socialdemocracia 13 deputados
  3. Parti libéral radical jurassien (PLRJ) dereita, liberalismo 11 deputados
  4. Parti chrétien-social indépendant (PCSI) socialcristianismo, esquerda cristiá 9 deputados
  5. Parti ouvrier et populaire jurassien (POP) comunismo, esquerda radical 3 deputados
  6. Union démocratique du centre (UDC) extrema dereita, conservadurismo, populismo 3 deputados
  7. Les Verts jurassiens ecoloxismo, esquerda 2 deputados
  8. Combat socialiste (CS) esquerda radical
  9. Parti Radical Réformiste (PRR) centrismo
  10. Jeunesse socialiste et progressiste jurassienne (JSPJ) socialismo
  11. Union démocratique fédérale (UDF) conservadurismo, evanxelismo