Rabat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°01′15″N 6°50′30″W / 34.020882°N 6.84165°W / 34.020882; -6.84165

Rabat
الرباط ar-Ribaaṭ (en árabe)
Flag of Rabat Sale province.svg Blason Rabat.png
Collage Rabat.jpg
Situación xeográfica
Rabat en Marrocos
Rabat
Rabat
País Flag of Morocco.svg Marrocos
Rexión Rabat-Salé-Zemur-Zaer
Xeografía
Altitude 53 msnm
Superficie 118 km²
Poboación
Poboación 1.622.860 hab. (2004)
Densidade 13.753 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Fathallah Oualalou (2009)
Páxina web www.rabat.ma
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Rabat (en árabe: الرباط, ar-ribâT) é a capital administrativa de Marrocos. Está situada no litoral Atlántico do país, sobre a beira esquerda da foz do río Bu Regreg, enfronte da cidade de Salé. Conta con 1.5 millóns de habitantes, e cun total de 2.300.000 habitantes na aglomeración metropolitana.

Historia[editar | editar a fonte]

Está documentado o poboamento do sitio que hoxe ocupa Rabat desde a Antigüidade. Propiamente falando a cidade foi fundada en 1150 polo sultán almohade Abd al-Mumin, que fixo edificar unha cidadela-forte (a futura Kasbah dos Udaïa), unha mesquita e unha residencia. É nesa altura que se a denomina un ribat, e dicir, unha fortaleza. O nome actual ven de Ribat Al Fath, « o campo da vitoria ». Foi o neto de al-Mūmin, Ya'qub al-Mansūr, quen engrandeceu e completou a cidade, especialmente dotándoa de murallas. Polo demais, a cidade era a base das expedicións almohades en Al-Andalus.

Entrou nun período de decadencia despois de 1253, cando os Benimerín escolleron Fez como capital. En 1609, logo do decreto de expulsión dos mouriscos emitido por Filipe III, milleiros de musulmáns atoparon refuxio nesta cidade.

En 1912, Lyautey fixo de Rabat a capital do protectorado francés de Marrocos e máis sede do Résident général. En 1956, cando da independencia marroquí, a cidade conservou a capitalidade.

Avenida de Mohammed V.

Monumentos notábeis[editar | editar a fonte]