Monarquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

Monarquía (do grego: monos = un; + archeien = gobernante) é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, kaiser, tsar, sheik, ... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

  1. por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)
  2. recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.

A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Juan Carlos I de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Mariano Rajoy. Outros exemplos son o Reino Unido (raíña: Isabel II do Reino Unido e primeiro ministro: David Cameron), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, a raíña Isabel II do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros de Canadá, Bahamas o Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]