Britney Spears

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Britney Spears
Britney Spears
Orixe McComb, Mississippi, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Xénero(s) pop
Na rede
www.britneyspears.com

Britney Spears, nada en McComb (Mississippi) o 2 de decembro de 1981, é unha cantante de pop estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Spears comezou a actuar de nena en papeis de producións teatrais e en programas de televisión. En 1997 asinou coa discográfica Jive Records, e en 1999 lanzou o seu álbum debut, ...Baby One More Time. Durante a súa primeira década na industria da música, converteuse nunha figura prominente na música popular comercial e na cultura popular, seguido dunha vida persoal moi publicitada. Os seus dous primeiros álbums establecérona como «A Princesa do Pop» e romperon marcas de vendas, mentres que os sinxelos "... Baby One More Time" e "Oops! ... I Did It Again" convertéronse en número un internacionalmente. Spears foi acreditada como influencia na reactivación do teen pop a finais da década de 1990.

En 2001 lanzou o seu terceiro álbum de estudio, Britney o cal reflectiu por parte da artista unha transición tanto musical como de imaxe. Ela asumiu o control creativo do seu cuarto álbum de estudio, In the Zone (2003), con sinxelos como "Me Against the Music", "Toxic" e "Everytime". Despois do lanzamento de dous álbums de compilación, Britney experimentou abundantes problemas persoais e a súa carreira sufriu un período de recesión. O seu quinto álbum de estudo, Blackout, foi lanzado en 2007 e a pesar de recibir escasa promoción, deu lugar a éxitos como "Gimme More" e "Piece of Me".

A finais de 2008 foi lanzado o seu sexto álbum de estudio, Circus, precedido do éxito mundial "Womanizer". Despois de embarcarse na xira The Circus Starring: Britney Spears, lanzou un álbum de grandes éxitos, The Singles Collection, que contou co sinxelo inédito "3". Spears regresou co seu sétimo álbum de estudio, titulado Femme Fatale, lanzado o 29 de marzo de 2011, incluíndo o primeiro sinxelo "Hold It Against Me", que se converteu de novo en número uno nos EUA. O álbum debutou no Billboard 200. Este feito fixo a Britney Spears a única artista feminina en ter seis álbums debutantes no número un, e con sete álbums nos dous primeiros lugares.

Britney Spears vendeu máis de 100 millóns de gravacións en todo o mundo, facéndoa unha das artistas que máis vendeu na historia da música. Segundo a asociación musical estadounidense RIAA, Spears é a 8ª artista feminina de maior venda nos Estados Unidos, con 33 millóns de álbums certificados. Durante a década do 2000. É considerada pola revista Billboard como un tres artistas femininas máis importantes desa década. Ademais diso, vinte e sete dos seus sinxelos convertéronse en éxitos top 40 no ranking radial Pop Songs da revista Billboard, con trece top 10s e cinco nº 1. En xuño de 2010, Spears foi ocupou o sexto lugar na lista Forbes das 100 celebridades máis poderosas e influentes no mundo, é tamén a terceira cantante máis mencionada en Internet, segundo a revista Forbes.

O seu éxito na industria da música, levoulle a incursionar noutras industrias, incluíndo a do cinema e a televisión. A máis recoñecida foi o papel protagónico que interpretou no ano 2002 na película Crossroads. Ademais diso, a súa fama como cantante tamén a levou a representar importantes campañas comerciais, incluíndo a súa propia liña de perfumes.

Despois que a artista casase co bailarín Kevin Federline, a súa vida foi branco da prensa rosa e paparazzis que seguiron á cantante e aínda máis logo do seu divorcio e os seus posteriores problemas persoais, Britney logro saír adiante durante os seguintes anos e deixo atras todos os seus problemas para retomar a súa carreira e a custodia dos seus fillos, é considerada como un exemplo de sobrevivencia e superación persoal dentro e fóra do mundo do espectáculo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]