Salam Fayyad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salam Fayyad
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Salam Fayyad (en árabe: سلام فياض, Salām Fayāḍ), nado en 1952, é un político palestino, Primeiro Ministro da Autoridade Nacional Palestina. O seu primeiro nomeamento foi o 15 de xuño de 2007, xustificado polo Presidente Abbas pola situación de "emerxencia nacional", non foi confirmado polo Consello Lexislativo Palestino.[1][2] Foi nomeado de novo o de 19 de maio de 2009. Fayyad tamén foi o Ministro de Economía dende o 17 de marzo de 2007 e anteriormente ocupou este mesmo cargo dende xuño de 2002 a novembro de 2006.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Deir al-Ghusun. Graduouse na Universidade Americana de Beirut en 1975[5] e recibiu o seu MBA na St. Edward's University en 1980.[6] Fayyad ten un Doutourado en economía pola Universidade de Texas, onde foi alumno de William Barnett e fixo as súas primeiras investigacións. Fayyad comezou a ensinar economía na Yarmouk University en Xordania, antes de incorporarse ao FMI en 1987. despois traballou como xerente rexional do Banco Árabe, antes de aceptar unha oferta para convertirse en Ministro de Economía de Arafat.

Parte da serie sobre a
Autoridade Nacional Palestina
Palestinian National Authority COA.svg
Reunión con George Bush

Tras dimitir como Ministro, presentouse como líder e fundador do novo partido A Terceira Vía nas Eleccións Lexislativas Palestinas de 2006 xunto con Hanan Ashrawi e Yasser Abd Rabbo.[7] Fayyad e Ashrawi lograron os seus escanos.

O 17 de marzo de 2007, nomearon a Fayyad ministro de economía, dentro da coalición de goberno entre Fatah e Hamás.[8]

O 17 de outubro de 2008, mentres visitaba a Universidade de Texas, recibiu o premio a Alumno Distinguido antes dun partido de fútbol entre Texas e Misuri.

O 7 de marzo de 2009, Salam Fayyad presentoulle a súa renuncia ao presidente Mahmoud Abbas.[9]

O 19 de maio de 2009, Fayyad volveu ao posto de primeiro ministro.[10]

Fayyad está casado con Bashaer Kaloti, ten tres fillos, Khaled, Iman and Abdallah.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Abbas suspends articles from Basic Law». Kuwait News Agency. 17 June 2007. 
  2. Kershner, Isabel; Ian Fisher, Nada Bakri, Warren Hoge (17 June 2007). «Abbas Swears in Emergency Government». New York Times. 
  3. EU backs new Palestinian government[Ligazón morta] Sacramento Bee, 18 June 2007
  4. Profile: Salam Fayyad. BBC News, 17 June 2007
  5. Kershner, Isabel. «Salam Fayyad». The New York Times. 
  6. 1980 MBA Graduate of St. Edward's University
  7. Palestinian third way rises
  8. «EU allows contacts with non-Hamas ministers». Al Jazeera. 17 de marzo de 2007. Consultado o 30 de novembro de 2012. [Ligazón morta]
  9. Palestinian PM Fayyad steps down BBC NEWS 7 March 2009, accessed 7 March 2009
  10. Palestinians Reappoint Prime Minister Who Had Quit New York Times 19 May 2009, accessed 20 May 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salam Fayyad