Ba Jin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ba Jin
李堯棠
Ba Jin 1938.jpg
Ba Jin en 1938.
Datos persoais
Nacemento 25 de novembro de 1904
Lugar Chengdu, Sichuan
Falecemento 17 de outubro de 2005 (100 anos)
Lugar Shanghai
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Xiao Shan (1927-1972)
Fillos Li Xiaolin
Li Xiaotang
Relixión
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Chinés
Período {{{período}}}
Debut {{{debut}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Novela
Princ. obras {{{obras}}}
Influencias {{{influencias}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios 1983: Lexión de Honra
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Ba Jin é o alcume literario de Li Yaotang (25 de novembro, 190417 de outubro, 2005), un dos escritores chineses máis lidos do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Chengdu, Sichuan no seo dunha familia de funcionarios que fixeran fortuna, o seu avó paterno gobernaba autocraticamente unha extense familia nunha mansión na cal vivían cinco xeracións e máis os criados, de pequeno ensinoulle a ler e escribier súa nai e logo profesores privados. Lector avido quedou impresionado polo pensamento de Kropotkin e Emma Goldman. En 1920 entrou na Escola de Idiomas local para estudar inglés, participou activamente no movemento estudantil e entrou nun grupo anarquista, en 1923 marchou a Sanghai para continuar os seus estudos pero acabou matriculándose en Nanjing onde se especializa en esperanto, en 1927 viaxa a París para estudar francés, participou na campaña internacional para salvar aos anarquistas Sacco e Vanzetti da pena de morte nos Estados Unidos, chegando a manter unha breve relación epistolar con Vanzetti, traduciu ensaios de pensadores anarquistas ao chinés e escribiu a súa primeira novela, 灭亡 (Mièwáng, Destrución) que publicou por entregas nunha revista literaria, xa de volta na China, en 1929. En 1931 publicou (Jia, "Familia") onde retrata a opresión a que se ven sometidos os membros dunha familia autocrática, baseándose na súa propia familia, a novela marcou a toda unha xeración que se viu retratada nela e xunto con (chūn, Primavera 1938) e (qiū, Outono 1940) forma unha triloxía. Durante a Segunda Guerra Chino-Xaponesa Ba Jin participou en labores de propaganda contra os xaponeses e escribiu a triloxía (huǒ, Lume) descrición da China resistente. Despois da derrota do Xapón e na guerra civil Ba Jin mantivo o seu pensamento anarquista polo que foi duramente criticado polo Partido Comunista pero tras o triunfo deste en 1949 decidiu permanecer no país e ingresar no PCCh, foi deputado por Sichuan. Durante a Revolución Cultural foi perseguido e humillado, rehabilitado en 1977, foi presidente da Asociación de Escritores desde 1983. Esperantista convencido foi vicepresidente da Liga Chinesa de Esperanto.

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ba Jin