Industrialización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coñécese como industrialización o proceso polo que un Estado ou comunidade territorial pasa dunha economía baseada na agricultura, a unha fundamentada no desenvolvemento industrial, e no que este representa: o sostén fundamental do Produto Interior Bruto e a oferta de traballo á maioría da poboación.

En cada Estado os procesos de industrialización se deron en momentos diferentes. A clave a nivel global en Europa e América encóntrase a finais do século XVIII e o XIX, nos que a primeira revolución industrial, coa incorporación de novas tecnoloxías á explotación agrícola e a superación dos traballos artesanais para a industria mediante produción en masa, cambiaron drasticamente o modo económico e social.

  • As características fundamentais da industrialización son:
  1. Abandono do medio rural por amplas capas de poboación en busca de traballo ás cidades.
  2. Expansión e crecemento das urbes en torno ás cales se instalan as grandes empresas industriais.
  3. Emerxencia da burguesía como clase social detentadora dos medios de produción e que defenderá o liberalismo na creación de empresas e o comercio.
  4. Aparición da cultura do proletariado e, con ela, do movemento obreiro que encontra a súa expresión sociolóxica e filosófica no marxismo.
  5. Progresiva desaparición dos modos ilustrados e da nobreza como detentadores da titularidade dos recursos económicos e do poder político.

Por extensión fálase de industrialización para referirse a calquera modo de sociedade moi desenvolvida, se ben dende a década dos 50 do século XX. As sociedades con maior poder económico son aquelas que posúen uns altos niveis de desenvolvemento tecnolóxico.

Localización das áreas industriais máis importantes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]