Oso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Úrsidos
Ursidae
Osos

Rango fósil: eoceno - actualidade
Oso pardo, Ursus arctos
Oso pardo, Ursus arctos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Ursidae
Fischer, 1817 [1]
Subfamilias

A dos úrsidos [2] (Ursidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros que in clúe animais de grandes dimensións coñecidos como osos,[3] incluíndo o oso panda.[4]

Aspecto[editar | editar a fonte]

Todos os osos teñen en común a pelaxe densa, un rabo curto e un bo sentido do olfacto e do ouvido. Son animais corpulentos, aínda que isto depende, en último grao, da dieta de cada animal, e mesmo son quen de alzarse en pé sobre as patas posteriores. Posúen un fociño longo e orellas arredondadas.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

O osos adáptase a unha gran variedade de ambientes, desde os trópicos ao Ártico, e da selva até a banquisa. Normalmente son animais moi solitarios e non permanecen uns con outros máis que períodos moi curtos. Certas especies, como o oso polar (Ursus maritimus) e o oso pardo (Ursus arctos), poden ser perigosos para os humanos. Defenden, en especial, os seus territorios e tocos.

Comportamento[editar | editar a fonte]

Nas rexións temperadas e frías os osos pasan o período invernal nun estado de sono profundo e prolongado, que vén sendo denominado, erradamente, como estadio de letargo, e que é mais apropiado denominar como período de repouso invernal,[5] portque, de feito, aínda que o seu organismo non consome alimento nin auga, o certo é que durante este tempo a súa temperatura corpórea non baixa moito, e as súas funcións fisiolóxicas, pese a reducírense, desenvólvense consonte á regra. As femias mesmo corren o risco de parir e ter que aleitar a prole. Mais a causa deste longo estado de torpor, as crías son de dimensións moi reducidas con respecto do tamaño da nai (até un 1/600 menores), aforrando así gastos elevados de enerxía, ora no parto, ora no aleitamento.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Son omnívoros, aínda que algúns posúen unha dieta baseada só en carne, como ocorre co oso polar. Comen tamén liques, raíces e bagas. Son capaces de capturar peixes en cursos de auga. Cazan, especialmente, na tarde e na alba, salvo que haxa seres humanos na contorna.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A época de reprodución dos osos é moi breve. Reprodúcense de maneira estacional, polo común logo do período de hibernación. As crías nacen desdentados, cegos e pelóns. O habitual son camadas de 1 a 3 crías, que permanecerán coa nai durante uns seis meses. Primeiro alimentados co leite materno; logo de tres meses comezarán a cazar en compaña da nai. Despois xa son xebrados, mais ficarán aínda nas mesmas paraxes durante tres anos. Ao cabo duns sete anos xa atinxen a madurez sexual.

Teñen unha esperanza de vida de entre 25 a 40 anos, segundo as especies.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Familia Ursidae

Relacións filoxenéticas[editar | editar a fonte]

Os úrsidos son unha familia de evolución tardía, e comparten cos cánidos un antepasado común. Comparten trazos cos prociónidos (mapaches), os otaríidos (leóns mariños) e os odobénidos (morsas).

O mapaches e os osos diverxeron hai ao redor de 30 Ma. Tremarctos ornatus (o oso de anteollos) separarouse dos outros osos hai uns 3 Ma. As seis especies distintas de osos apareceron hai uns 6 Ma. O resxistros fósiles e as análises de ADN permitiron demostrar que o oso polar e o oso pardo se separaron hai tan só uns 200 000 anos.

Unha clasificación controvertida[editar | editar a fonte]

Houbo numerosos debates sobre a posición filoxenética dos pandas (o maior e o menor) e os mapaches, desde situalos a todos na familia dos prociónidos, até situar o xénero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropódidos.[6] Porén, recentes análises xenéticas mostran que o panda xigante é un parente moi próximo dos osos, polo que a mairoía dos autores o sitúan dentro da familia dos úrsidos como único representante actual da subfamilia dos ailuropodinos,[7] mentres que a clasificación do panda menor (Ailurus fulgens) aínda se discute.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

            Ailuropoda melanoleuca (   ,    )
            Helarctos malayanus (   )
            Melursus ursinus (   )
            Tremarctos ornatus
            Ursus americanus
            Ursus thibetanus (   ,    ,    ,    )
            Ursus arctos (   )
            Ursus maritimus

En Galicia[editar | editar a fonte]

Distribución do oso pardo en Galicia.

De todas as especies de úrsidos, a única que na antigüidade se estendía por boa parte de Galicia, e de que no século XIX era relativamente frecuente na serra dos Ancares e no Courel (como o testemuñan as numerosas alvarizas abandonadas, e topónimos como "Oseira") era o oso pardo, a súa presenza hoxe no noso país é esporádica nesas rexións montañosas orientais,[5] a onde pasan individuos procedentes de Asturias e León.

Pero estas visitas son cada vez máis frecuentes como consecuencia das accións proteccionistas. A Fundación Oso Pardo (FOP) informa que, desde o 2007, o límite xeográfico entre Lugo e León considérase xa un espazo reprodutor para a especie, e están rexistradas xa dúas femias paridas nun mesmo ano, o que constata o importante crecemento que está experimentando a poboación de osos no alto Sil e no alto Narcea, non descartándos que, de seguir coa política de restauración dos seus hábitas naturais, cheguen a reproducirse outra vez no noso país.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ursidae Fischer de Waldheim, 1817 no SIIT.
  2. úrsidos no dicionario da RAG.
  3. oso no dicionario da RAG.
  4. oso panda no dicionario da RAG.
  5. 5,0 5,1 Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 90.
  6. Ailuropodoidae en The Free Dictyonary.
  7. Ailuropodinae en Paleobiology Database.
  8. El oso pardo trota por Los Ancares. Diario La Voz de Galicia, 19 de abril de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Oso
Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oso

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Díaz d'a Silva e Carrtelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96883-20-7.
  • Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0801882214.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]