Unión Latina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Unión Latina é unha organización internacional conformada polos países que falan algunhas das denominadas linguas romances, a súa función é promover e difundir a súa herdanza común e aquilo que identifica ao mundo latino.

Foi creada en 1954 ao asinar un acordo constitutivo en Madrid, e é recoñecida como unha institución formal a partir de 1983.

O seu nome nas outras linguas oficiais son en catalán: Unió Llatina; francés: Union Latine; italiano: Unione Latina; portugués: União Latina; romanés: Uniunea Latină;.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]