Mundo árabe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Un mapa do Mundo árabe. Baseado na definición estándar do mundo árabe, que comprende os estados da Liga Árabe, máis do Sáhara Occidental.

Chamase Mundo árabe (en árabe: العالم العربي al-ʿālam al-ʿarabī ) ou países árabes (árabe, البلدان العربية, al-buldān al-`arabiyya) os estados nos que a maiora da poboación son falantes árabes así como as poboacións de África do Norte, Oriente Medio e outros lugares.

A definición estándar do mundo árabe comprende os 22 estados e territorios da Liga Árabe que se estenden dende o Océano Atlántico ao oeste, co Mar Arábigo ao leste, e o Mediterráneo ao norte do Corno de África e do Océano Índico no sueste. Ten unha poboación de preto de 400 millóns de persoas, dos cales máis da metade son menores de 25 anos de idade[1].

O sentimento nacionalista árabe xurdiu na segunda metade do século XIX, xunto con outros movementos nacionalistas dentro do Imperio Otomán. A Liga Árabe formouse en 1945 para representar os intereses dos árabes e, especialmente, para o exercicio da unificación política dos países árabes, un proxecto coñecido como Panarabismo[2][3]. As protestas populares no mundo árabe a partir de 2010 están dirixidas contra os gobernos e a corrupción asociada a estes, xunto ca demanda de máis oportunidades económicas.

O termo "mundo árabe" rexeitano normalmente aqueles que viven nesa rexión, xa que non se consideran árabes, como non semitas, berberes e kurdos, xa que implica toda a rexión árabe na súa identidade, poboación, e orixe, mentres que a patria orixinal dos árabes é a Península Arábiga. O termo tamén o rexeitan algunhas minorías indíxenas semitas como os Ashkenazim, sefaradim, Mizrahim, caldeos, asirios e siríacos, xa que son anteriores aos árabes en lugares como Iraq, Palestina e Siria. Coptos e outros exipcios tamén se definen como exipcios e non árabes.

Definición[editar | editar a fonte]

A denotación lingüística e política propia do termo árabe xeralmente predomina sobre consideracións xenealóxicas. Polo tanto, os individuos con pouca ou ningunha ascendencia da Península Arábiga poderían identificarse ou considerarse árabrs, en parte debido á súa lingua materna. Porén, esta identidade discútena moitos pobos. Por exemplo, os expcios poden ou non identificarse como árabes.

Definición territorial estándar[editar | editar a fonte]

Mapa dos estados membros da Liga Árabe. Baixo a definición territorial estándar do mundo árabe, os estados e territorios da Liga árabe constituen o mundo árabe.

Aínda que non existe unha definición globalmente aceptada no mundo árabe, todos os países que son membros da liga árabe son xeralmente recoñecidos como parte do mundo árabe.[4]

A Liga árabe é unha organización rexional, cuxo fin é (entre outras cousas) considerar de maneira xeral os asuntos e intereses dos países árabes:

Un árabe é unha persoa cuxa lingua é o árabe, que vive nun país de fala árabe e que está en sintonía coas aspiracións dos pobos de fala árabe.[5]

Esta definición terrirorial estándar considérase considérase ás veces apropiada[6] ou problemática,[7] e debe complementarse con algúns elementos adicionais.

Estados membros da Liga Árabe[editar | editar a fonte]

  • Flag of Algeria.svg Alxeria (en árabe: الجزائر al-Jazāʾir)
  • Flag of Bahrain.svg Bahrain (en árabe: البحرين al-Baḥrayn)
  • Comores Comores (en árabe: جزر القمر Juzur al-Qamar) (O comorense e o francés son as outras linguas oficiais)
  • Djibuti Djibuti (en árabe: جيبوتي Djībūtī ) (O francés é a outra lingua oficial)
  • Exipto Exipto (en árabe: مصر}} Miṣr)
  • Flag of Iraq.svg Iraq (en árabe: العراق al-ʿIrāq) (O Kurdo é a outra lingua oficial (minoritaria))
  • Flag of Jordan.svg Xordania (en árabe: الأردن al-ʾUrdun)
  • Kuwait Kuwait (en árabe: الكويت al-Kuwayt)
  • Líbano Líbano (en árabe: لبنان Lubnān)
  • Libia Libia (en árabe: ليبيا Lībyā)
  • Mauritania Mauritania (en árabe: موريتانيا Mōrītānyā)
  • Marrocos Marrocos (en árabe: المغرب al-Maġrib) (O berber é a outra lingua oficial)
  • Flag of Oman.svg Omán (en árabe: عمان ʿUmān)
  • Flag of Palestine.svg Palestina (en árabe: فلسطين Filasṭīn) (Membro de pleno dereito da Líga Árabe e recoñecido pola maioría dos estados, excepto por Israel e outros estados occidentais)
  • Flag of Qatar.svg Qatar (en árabe: قطر Qaṭar)
  • Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية al-Mamlakah al-ʿArabiyyah as-Saʿūdiyyah)
  • Somalia Somalia (en árabe: الصومال aṣ-Ṣūmāl) (O Somalí é a outra lingua oficial)
  • Sudán Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān) (O inglés é a outra lingua oficial (minoritaria))
  • Flag of Syria.svg Siria (en árabeسوريا Sūryā)
  • Tunisia Tunisia (en árabe: تونس Tūnis)
  • Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos (en árabe: الإمارات العربيّة المتّحدة al-ʾImārāt al-ʿArabiyyah al-Muttaḥidah)
  • Flag of Yemen.svg Iemen (en árabe: اليمن al-Yaman)

Poboación[editar | editar a fonte]

Pos País Poboación Ranking mundial
1 Exipto Exipto 91.425.854[8] 16
2 Flag of Algeria.svg Alxeria 37.100.000 34
3 Sudán Sudán 34.848.000 35
4 Flag of Iraq.svg Iraq 33.425.000 39
5 Marrocos Marrocos 32.666.179 40
6 Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita 28.660.000 45
7 Flag of Yemen.svg Iemen 25.502.000 49
8 Flag of Syria.svg Siria 21.740.340 55
9 Tunisia Tunisia 10.673.800 77
10 Somalia Somalia 9.656.000 85
11 Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos 8.089.000 93
12 Libia Libia 6.449.000 103
13 Flag of Jordan.svg Xordania 6.345.023 106
14 Flag of Palestine.svg Palestina 4.293.313 125
15 Líbano Líbano 4.268.000 126
16 Mauritania Mauritania 3.378.254 134
17 Kuwait Kuwait 2.889.000 138
18 Flag of Oman.svg Omán 2.883.000 139
19 Flag of Qatar.svg Qatar 1.921.000 149
20 Flag of Bahrain.svg Bahrain 1.341.000 155
21 Djibuti Djibuti 923.000 158
22 Comores Comores 767.000 163
Total Liga Árabe Liga Árabe 400.652.486

Área[editar | editar a fonte]

Pos País Área (km2) % do Total Aclaracións
1 Flag of Algeria.svg Alxeria 2,381,741 18.1% País máis grande de e do África mundo árabe .
2 Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita 2,149,690 16.4% País máis grande en Oriente medio.
3 Sudán Sudán 1.861.482 14.2% Anteriormente o país máis grande de África, antes da independencia de Sudán do Sur.
4 Libia Libia 1.759.540 11.4%
5 Mauritania Mauritania 1.025.520 7.8%
6 Exipto Exipto 1.002.000 7.6% Non inclúe o Triángulo de Hala'ib (20,580 km2).
7 Somalia Somalia 637.657 4.9%
8 Flag of Yemen.svg Iemen 527.968 4.0%
9 Marrocos Marrocos 446.550 3.4% Non inclúe Sáhara Occidental (266,000 km2).
10 Flag of Iraq.svg Iraq 435.244 3.3%
11 Flag of Oman.svg Omán 309.500 2.4%
12 Flag of Syria.svg Siria 185.180 1.4% Incluíndo a parte de Altos do Golán (1,200 km2) administrada actualmente por Israel.
13 Tunisia Tunisia 163.610 1.2%
14 Flag of Jordan.svg Xordania 89.342 0.7%
15 Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos 83.600 0.6%
16 Djibuti Djibuti 23.200 0.1%
17 Kuwait Kuwait 17.818 0.1%
18 Flag of Qatar.svg Qatar 11.586 0.08%
19 Líbano Líbano 10.452 0.08%
20 Flag of Palestine.svg Palestina 6.020 0.05%
21 Comores Comores 2.235 0.01%
22 Flag of Bahrain.svg Bahrain 758 0.005%
Total 13.333.296 5.148.048

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arab World Ministries
  2. «Arab League Sends Delegation to Iraq». Encyclopedia.com. 8 October 2005. Consultado o 13 February 2011. 
  3. «Arab League Warns of Civil War in Iraq». Encyclopedia.com. 8 October 2005. Consultado o 13 February 2011. 
  4. Benjamin Hätinger, The League of Arab States, (GRIN Verlag: 2009), p.2.
  5. Dwight Fletcher Reynolds, Arab folklore: a handbook, (Greenwood Press: 2007), p.1.
  6. Baumann: 8
  7. Deng: 405
  8. «CAPMAS homepage». Arquivado dende o orixinal o 23 July 2011. Consultado o 15 August 2011.