Ivan Pavlov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ivan Petrovič Pavlov
Nobel prize medal.svg
Ivan Pavlov nobel.jpg
Datos persoais
Nacemento 14 de setembro de 1849
Lugar Riazan, Imperio Ruso
Falecemento 27 de febreiro de 1936
Lugar Leningrado, Unión Soviética
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Etnia {{{etnia}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Institucións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Medicina en 1904

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|220px]]

Ivan Petrovič Pavlov, nado en Riazan o 14 de setembro de 1849 e finado en San Petersburgo o 27 de febreiro de 1936, foi un médico fisiólogo ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu nome está ligado ao descubrimento do reflexo condicionado, que deu a coñecer en 1903. Tal descubrimento consiste en aplicar os métodos obxectivos da fisioloxía ao estudo dos procesos nerviosos superiores. Pavlov chegou a este descubrimento mentres, utilizando cans, desenvolvía investigacións sobre a dixestión, campo no que realizou contribucións importantes que o levaron a que lle fose concedido o premio Nobel de Medicina e Fisioloxía no ano 1904.

É ben coñecido o seu clásico experimento: asociando, un certo número de veces, un son de campá á presentación de carne a un can, ao final a badalada determina a salivación (o vulgar facerse a boca auga) no can, que antes de certo non se producía; xa que o can se comporta así a causa dun reflexo condicionado provocado artificialmente.

Os reflexos condicionados naturais e artificiais, a súa modalide de formación e de acción, son asunto de grande importancia en fisioloxía, psicoloxía e psiquiatría, aínda que con resultados alternos.

O goberno soviético preparoulle a Pavlov un magnífico laboratorio en Koltushing, preto de Leningrado.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ivan Pavlov