María Vázquez Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

María Vázquez Suárez, nada Vilaescura (Sober) en 1895 e finada en Pontedeume o 19 de agosto de 1936, foi unha mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Joaquín Vázquez Fernández. Estudou na Normal da Coruña onde se graduou en 1913. En 1918 obtivo praza na escola de nenas da Pobra do Caramiñal onde exerceu 12 anos. En 1929 obtivo praza na escola nº 2 de Miño. Nesta etapa frecuentou os ambientes republicanos e coa chegada da República, identificouse coa reforma pedagóxica, asistiu a cursos de perfeccionamento na Coruña e organizou excursións escolares a fábricas e monumentos.

Desenvolveu tamén unha actividade política e sindical, integrándose na agrupación socialista de Miño, e realizou a súa primeira intervención nun mitin político en 1932. Participación en campañas e mitins con discursos centrados nas políticas educativas e na defensa dos dereitos das mulleres. Colaborou coa Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispano Americanas e a Agrupación Femenina Republicana. En 1933 afiliouse á FETE e en 1935 ocupou o cargo de vicetesoureira.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detida na Coruña acusada de defender a escola laica e o amor libre. Trasladárona á cadea de Pontedeume e o 19 de agosto fusilárona nunha praia de Miño. A súa casa foi saqueada e queimaron os seus libros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]