Jari Puikkonen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jari Puikkonen, nado o 25 de xuño de 1959 en Lahti, é un antigo saltador de esquí finés.

Puikkonen fixo o seu début internacional no Torneo dos Catro Trampolíns en Oberstdorf o 30 de decembro de 1977. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 gañou unha medalla de bronce en salto longo. Gañou o Campionato do Mundo de Salto de Esquí en Oberstdorf e a súa primeira Copa do Mundo en Innsbruck en 1981, e ese ano rematou terceiro no Torneo dos Catro Trampolíns e gañou outras tres vitorias en salto de esquí na Copa do Mundo, finalizando cinco no total da competición. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 volveu gañar outra medalla de bronce pero en salto normal, nos de 1988 conseguiu a medalla de ouro en salto longo por equipos.

Non obstante os seus maiores éxitos conseguiunos nos Campionatos do Mundo de Esquí Nórdico, gañando sete medallas, catro ouros, salto individual longo 1989, salto longo por equipos: 1984, 1985, 1989), dúas pratas, salto normal: 1982, salto longo: 1985 e un broce, salto longo por equipos: 1982). Retirouse da competición en 1991.