Timor Leste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Timor Oriental")
Repúblika Demokrátika Timor Lorosa'e
República Democrática de Timor Leste
Bandeira de Timor Leste Escudo de Timor Leste
Bandeira Escudo
Lema: Unidade, Acçao, Progresso
(galego: «Unidade, acción, progreso»)
Himno nacional: Pátria
 
Timor Leste (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Dili
49.900 (2002)
Cidade máis poboada Dili
Linguas oficiais
Portugués e tetún
Forma de goberno República
José Ramos Horta
Xanana Gusmão
Independencia
 • Declaración
 • Fin da ocupación indonesia
De Portugal
28 de novembro de 1975
20 de maio de 2002
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 159º
15.410 km²
Desprezable
228 km
706 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 152º
1.062.777 (2006 est.)
71,45 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2004)
 • PIB per cápita

US$ 370 mill.
US$ 400
IDH n/d
Moeda Dólar estadounidense (US$, USD)
Xentilicio timorense[1]
maubere[2]
Fuso horario
 • en verán
UTC+9
UTC+9
Dominio de Internet .tl
Prefixo telefónico +670
Prefixo radiofónico 4WA-4WZ
Código ISO 626 / TLS / TL
Membro de: ONU, CPLP
Tódolos países do mundo

Timor Leste é un estado asiático situado na banda oriental da illa de Timor alén do enclave de Ocusi, na costa norte da banda occidental de Timor, da illa de Ataúro, a norte, e dalgunhas illotas ao longo da punta leste da illa. As únicas fronteiras terrestres que o país ten lígano á Indonesia, a oeste da porción principal do territorio, e ao leste, sur e oeste de Ocusi, mais ten tamén fronteira marítima coa Australia, no Mar de Timor, a sur. A súa capital é Dili.

Foi unha colonia portuguesa, ata 1975, cando foi invadido por Indonesia. Permaneceu oficialmente como territorio portugués por descolonizar ata 1999. Foi considerado pola Indonesia como a súa 27ª provincia. O 80 % do pobo timorense optou pola independencia en referendo organizado pola ONU.

A lingua máis falada en Timor Leste é o tetún.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Timor Leste.

O actual territorio de Timor Leste estivo habitado desde hai máis de 40.000 anos por pobos australoides, máis recentemente chegaron ó territorio poboacións melanesias e protomalaias.

Os portugueses chegaron aquí no 1512 na busca do sándalo, madeira nobre utilizada na fabricación de mobles de luxo e na perfumaría, que cubría practicamente toda a illa. Durante catro séculos, os portugueses utilizaron o territorio timorense para fins comerciais, explotando os recursos naturais da illa. Apenas nos anos 60 do século XX a capital Dili comezou a dispor de luz eléctrica, e na década seguinte, auga, escolas e hospitais.

Despois da Revolución dos Caraveis, o goberno portugués decidiu abandonar a illa en agosto do 1975, pasando o poder á FRETILIN (Frente Revolucionaria de Timor Leste), que proclamou a república en 29 de novembro do mesmo ano. Porén, a independencia durou pouco tempo. O xeneral Suharto, gobernante da Indonesia, mandou tropas do exército invadiren a illa. En 7 de decembro, os militares indonesios desembarcaban en Dili, ocupando brevemente toda a parte oriental de Timor, a pesar do repudio da Asemblea Xeral da ONU.

A ocupación militar da Indonesia en Timor Leste fixo que o territorio se tornase a 27ª provincia Indonesia. Unha política de xenocidio resultou nun longo masacre de timorenses. Centenas de aldeas foron destruídas polos bombardeos do exército da Indonesia, sendo que foron utilizadas toneladas de napalm contra a resistencia timorense. O uso do produto queimou boa parte das fragas do país, limitando o refuxio dos guerrilleiros na densa vexetación local.

Baixo presión internacional, non foi ata 1999 cando a Indonesia aceptou a execución dun referendo sobre a independencia do territorio. No mesmo período, o goberno indonesio iniciou programas de desenvolvemento social, como a construción e recuperación de escolas, hospitais e estradas, para promover unha boa imaxe xunto aos timorenses.

En 2006, unha grave crise política estalou no país. Preto de seiscentos soldados desertaron e producíronse combates civís, roubos, manifestacións e asasinatos. Grazas á intervención de forzas internacionais en xuño dese ano, comezou a regresar a estabilidade do país. A crise terminaría coa renuncia do primeiro ministro Mari Alkatiri, sendo sucedido no seu cargo polo Premio Nobel da Paz e ex chanceler José Ramos-Horta.

Gusmãou decidiu convocar a novas eleccións presidenciais, cuxa segunda volta realizada o 9 de maio declarou como vencedor a Ramos-Horta con máis dun 70% dos votos, asumindo o cargo de Presidente o 20 de maio seguinte.

Entrementres, a visita do Papa Xoán Paulo II a Timor Leste, en outubro de 1989, foi marcada por manifestacións pro-independencia, que foron duramente reprimidas. No día 12 de novembro de 1991, o exército indonesio disparou moitos tiros a diversas persoas que homenaxeaban un estudante morto pola represión no cemiterio de Santa Cruz, en Dili. Cerca de 200 persoas morreron no local. Outros manifestantes morreron nos días seguintes, "cazados" polo exército da Indonesia.

A causa de Timor Leste pola independencia gañou maior repercusión e recoñecemento mundial coa atribución do Premio Nobel da Paz ao bispo Carlos Filipe Ximenes Belo e José Ramos-Horta en outubro de 1996. En xullo de 1997, o presidente surafricano Nelson Mandela visitou o líder da FRETILIN, Xanana Gusmão, que estaba na prisión. A visita fixo que aumentase a presión para que a independencia fose feita a través dunha solución negociada. A crise da economía da Asia no mesmo ano afectou duramente a Indonesia. O réxime militar de Suharto comezou a sufrir diversas presións con manifestacións cada vez máis violentas nas rúas. Tales actos levan á dimisión do xeneral en maio de 1998.

Os gobernos de Portugal e da Indonesia comezaron, entón, a negociar a realización dunha consulta popular, baixo a supervisión dunha misión da Organización das Nacións Unidas. Percibindo que Timor Leste estaba disposto a conquistar a independencia, a á radical do exército indonesio recrutou e adestrou milicias armadas locais para espallaren o terror entre a poboación. A pesar das ameazas, mais do 98% da poboación timorense foi ás urnas o 30 de agosto de 1999 para votar na consulta popular, e o resultado apuntou que o 78,5% dos timorenses querían a independencia.

As milicias, protexidas polo exército indonesio, desencadearon unha violencia incríbel antes da proclamación dos resultados. Homes armados mataron nas rúas todas as persoas sospeitosas de votaren pola independencia. Millares de persoas foron separadas das familias e colocadas á forza en camións; o seu destino aínda hoxe é descoñecido. A poboación comezou a fuxir para as montañas e buscar refuxio en predios de organizacións internacionais e nas igrexas. Os estranxeiros foron evacuados, deixando Timor entregado á violencia dos militares e das milicias indonesios.

A ONU decide crear unha forza internacional para intervir na rexión. O 22 de setembro de 1999, soldados da ONU entraron en Dili e atoparon un país totalmente incendiado e devastado. Gran parte da infraestrutura de Timor Leste fora destruída e o país estaba case totalmente devastado. Xanana Gusmão, líder da resistencia timorense, foi liberado deseguido.

En abril de 2001, os timorenses foron novamente ás urnas para escoller o novo líder do país. As eleccións consagraron a Xanana Gusmão como novo presidente timorense, e o 20 de maio de 2001, Timor Leste tornouse totalmente independente.

Política[editar | editar a fonte]

Arquitectura tradicional
Lospalos, vila tradicional (o topónimo nada tem a ver com o espanhol, vem do fataluco lohoasupala)

O Xefe de Estado da república de Timor Oriental é o Presidente, electo por sufraxio popular para un período de cinco anos, e cuxo papel é meramente simbólico, aínda que ten certas atribucións para vetar lexislacións. Logo das eleccións lexislativas, o Presidente nomea como Primeiro Ministro ao líder do partido ou coalición que consegue a maioría dos escanos. Como Xefe de Goberno, o Primeiro Ministro encabeza o Consello de Estado ou gabinete.

O congreso timorense unicameral é chamado Parlamento Nacional, e os seus membros tamén son elixidos por sufraxio popular para períodos de cinco anos. O número de escanos pode variar dun mínimo de 52 a un máximo de 65. A Constitución timorense está baseada na de Portugal.

Partidos políticos[editar | editar a fonte]

Os principais partidos políticos son o Fronte Revolucionaria de Timor Oriental Independente (FRETILIN), o Congreso Nacional de Reconstrución de Timor do Leste (CNRT), a Asociación Social Demócrata Timorense (ASDT), o Partido Social Demócrata (PSD) e o Partido Democrático.

Cultura[editar | editar a fonte]

Lectura de Rosalía de Castro en Timor Leste

División administrativa[editar | editar a fonte]

Timor Leste está subdividido en 13 distritos administrativos, cada un cunha capital, e que mantén, con poucas diferencias, os limites dos 13 concellos existentes durante os últimos anos do Timor Portugues.

East Timor district numbers.png Estado Capital Estado Capital
1 Lautém Lospalos 8 Liquiçá Liquiçá
2 Baucau Baucau 9 Ermera Gleno
3 Viqueque Viqueque 10 Ainaro Ainaro
4 Manatuto Manatuto 11 Bobonaro Maliana
5 Dili Dili 12 Cova-Lima Suai
6 Aileu Aileu 13 Oecussi-Ambeno Pante Macassar
7 Manufahi Same
Mapa de Timor Leste con cidades

Xeografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Xeografía de Timor Leste

Timor Leste posúe un territorio de 18.000 km², ocupando a parte oriental da illa de Timor. O país é moi montañoso e ten un clima tropical. Con chuvias dos réximes dos monzóns, enfronta avalanchas de terra e frecuentes enchentes. Os país posúe 800.000 habitantes.

Demografía[editar | editar a fonte]

East Timor demographic change.png

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Timor Leste.

Timor Leste ten unha das máis baixas rendas per capita do mundo (400$ por ano). Tan só tres bancos estranxeiros actúan no país, o ANZ Bank, o Banco Nacional Ultramarino de Portugal e o Bank Mandiri de Indonesia. As infraestruturas, antigas e escasas ou destruídas polo conflito con Indonesia, non favorecen o desenvolvemento económico do país, que ten como principal fonte de exportación o café; a produción de sándalo, antano florecente agora é anecdótica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para timorense.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maubere.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Timor Leste

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]