Paridade de poder adquisitivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A paridade do poder adquisitivo (PPA) é un termo económico introducido a principios do decenio de 1990 polo Fondo Monetario Internacional, para comparar dun xeito realista o nivel de vida entre distintos países, atendendo ao produto interno bruto (PIB) per capita en termos do Custo de Vida en cada país.

Baseándose en que, por exemplo, o poder adquisitivo dun euro non é o mesmo en España que en Alemaña, as estatísticas reflicten con maior exactitude con que recursos económicos vive a poboación dun país determinado. A PPA é unha medida máis adecuada para comparar os niveis de vida que o PIB per capita, posto que toma en conta as variacións de prezos.

Isto tamén afecta ao cálculo do PIB efectivo do país, xa que con outro exemplo, China pasa de ser considerada a cuarta potencia económica mundial á segunda. Tamén elimina a ilusión monetaria ligada á variación dos tipos de cambio, de tal xeito que unha apreciación ou depreciación dunha moeda non cambiará a PPA dun país, posto que os habitantes dese país reciben os seus salarios e fan as súas compras na mesma moeda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]