Adolfo Domínguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adolfo Domínguez
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Nacemento: 14 de maio de 1950 (65 anos)
Pobra de Trives, Galicia Galiza
Ocupación: Empresario, escritor
Cónxuxe(s): Elena González Álvarez
Tenda Adolfo Domínguez en Guatemala.

Adolfo Domínguez Fernández, nado na Pobra de Trives o 14 de maio de 1950, é un deseñador de moda e escritor galego. A marca dos produtos téxtiles e cosméticos da súa empresa levan tamén o seu nome.

Biografía[editar | editar a fonte]

Logo de estudar Moda e cinematografía en París volveu a Ourense a principios da década de 1970, para facerse cargo da tenda de moda que o seu pai tiña na cidade. Durante os seguintes anos, desenvolveu os seus propios deseños ata que se presentou en Madrid en 1981. Nese momento, pertenceu ao movemento Galicia Moda, agrupado ao redor da publicación do mesmo nome, e onde tamén promocionaron o seu traballo Florentino, Antonio Pernas ou Gene Cabaleiro entre outros deseñadores galegos. Dese tempo (primeiros anos oitenta) foi o lema co que se coñeceu a súa marca, La arruga es bella.

Na actualidade posúe o 30 % da empresa Adolfo Domínguez SA, que cotiza na Bolsa de Madrid dende 1997.

En 1992 publicou a súa primeira novela en galego, titulada Juan Griego, e catro anos máis tarde, en 1996, produciu a película La Moños.

Tense pronunciado a favor do reintegracionismo[1]. En febreiro de 2010, fixo unhas polémicas declaracións no Foro Tribuna Galicia nas que propuña o despedimento libre e cuestionaba o Estado do Benestar[2].

Estilo[editar | editar a fonte]

O seu estilo é urbano, funcional, casual e eminentemente cómodo, facendo uso de tecidos soltos e naturais. Unha das súas estratexias de mercadotecnia foi evitar a distribución a través de tendas multimarca.

A marca[editar | editar a fonte]

A empresa Adolfo Dominguez traballa na actualidade distintos produtos comerciais, que inclúen roupa, complementos, material e obxectos de fogar, e cosméticos. As súas liñas principais son AD (roupa clásica) e U (roupa xuvenil).

A finais de 2006 existían 400 tendas Adolfo Domínguez, das que 230 son propias e 170 franquías[3].

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Si volviese a nacer, sería físico", entrevista de Xabier Blanco en El País, 23 de xullo de 2007 (en castelán).
  2. "Adolfo Domínguez pide despido libre y descalifica el Estado de bienestar", artigo de María Pampín en El País, 4 de febreiro de 2010 (en castelán).
  3. Letter from the Chairman, Web da empresa. Información destinada a accionistas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]