Avelino Pousa Antelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avelino Pousa Antelo
Medalla Castelao Galiza Spain.png
Avelino Pousa Antelo
Avelino Pousa Antelo (xaneiro de 2008)
Nacemento: 14 de maio de 1914
Arzón, A Baña, (A Coruña), Galicia Galiza
Falecemento: 20 de agosto de 2012
Teo, (A Coruña) Galicia Galiza
Nacionalidade: Galicia Galego
Ocupación: Mestre, agrarista, político e escritor

Avelino Pousa Antelo, nado en Arzón[1] (A Baña) o 14 de maio de 1914 e finado en Teo o 20 de agosto de 2012[2], foi un mestre, agrarista, político e escritor galego e mailo presidente da Fundación Castelao no momento de morrer.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na aldea da súa nai, namentres que seu pai, comerciante itinerante, procedía do Carballiño. Estudou no seminario de Santiago de Compostela cinco anos[3]. Pousa Antelo asitiu o 10 de maio de 1931 ao mitin de promoción galega que se realizou no Teatro Principal de Santiago e no que participaron os principais líderes galeguistas, segundo as súas propias declaracións[4] ese feito, e en especial o discurso de Castelao, marcouno politicamente, achegándose ao galeguismo. Tras saír do seminario ingresou na Escola Normal de Santiago de Compostela para realizar estudos de maxisterio, ao tempo que militaba nas Mocedades Galeguistas e comezaba a escribir os seus primeiros artigos para La Voz de Barcala.

Guerra e posguerra[editar | editar a fonte]

Avelino Pousa Antelo2.jpg

En 1936 aprobou as oposicións de maxisterio pero a Guerra Civil impediulle que collese praza ao anular o réxime franquista as oposicións. Estudou na Misión Biolóxica de Galicia e desde 1948 dirixiu a Escola Agrícola de Granxa Barreiros, fundada por Antonio Fernández López, na que se organizaba cursiños de formación agropecuaria para mestres do rural. Entre 1955 e 1960 foi mestre e Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabido Insular na Orotava en Tenerife[5]. En 1960 traballou brevemente en Galicia para unha empresa de semente ata que obtivo un traballo en Zaragoza como director dunha empresa cooperativa gandeira. En 1970 volve a Galicia como mestre en Pontecesures. Coa caída de Franco, Pousa Antelo sumouse ás iniciativas para revivir o vello Partido Galeguista, e en 1978 participou na constitución do novo Partido Galeguista do que foi elixido secretario xeral e pouco despois presidente ata 1983. Participou na constitución e foi un dos principais artífices do Patronato do Pedrón de Ouro[6].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1963 obtén o Premio Xornalístico Ramón Mourente de temas agrarios. Un ano máis tarde, o premio "Luís Sánchez Harguindey", tamén de temas agrarios. A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias outórgalle en 1998 a Insignia de Ouro e Esmalte da Unión de Cooperativas. Foi nomeado Padriño de Honra da primeira promoción de diplomados da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (1999) e da promoción de 2002 da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (UVI). En 2000, a Universidade Compostelá outorgoulle a súa Insignia de Ouro. No 2010 obtivo o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Temas de agricultura , Lugo, edición do autor, 1951.
  • Estudo dunha cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquial rural galega, Vigo, Galaxia, 1968.
  • ¿Valen ou non as cooperativas de esplotación comunitaria para o campo galego?, Vigo, Galaxia, 1971.
  • Reforma das estruturas agrarias de Galicia, A Coruña, Cámara de Comercio, 1973.
  • A escola agrícola da granxa Barreiros, Sada, Edicións do Castro, 1988.
  • Fiestra, Santiago de Compostela, Editorial Compostela, 1992.
  • Galicia, tarefa urxente, Barcelona, Sotelo Blanco, 1992.
  • O entroido en Perruscallos, Silleda, 2002.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O entroido en Perruscallos, A Estrada, Fervenza, 2002.

Conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Temas de agricultura: contestaciones al cuestionario escolar, Lugo, La Voz de la Verdad.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Avelino Pousa Antelo

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Avelino Pousa Antelo. Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, de Valentín Arias, Vigo, Ir Indo, 2004.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]