República de Nagorno-Karabakh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն
Lernayin Gharabaghi Hanrapetut'yun

República de Nagorno-Karabakh
Bandeira de Nagorno-Karabakh Escudo de Nagorno-Karabakh
Bandeira Escudo
Himno nacional: Ազատ ու Անկախ Արցախ
 
Nagorno-Karabakh Republic (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Stepanakert
53.000 hab (2010)
Linguas oficiais
Armenio
Forma de goberno República presidencialista
non recoñecida
Bako Sahakyan
Arayik Harutyunyan
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecemento
de Acerbaixán
6 de xaneiro de 1992
3 estados fóra da ONU
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

11.458,38 km²

km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade

141.400 (censo 2010)
12,34 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2010)
 • PIB per cápita

US$ 1.600 millóns
US$ 1.729
IDH n/d
Moeda Dram (դր., AMD)
Xentilicio Armenio/a
Fuso horario UTC +4
Dominio de Internet ningún (usualmente .am)
Prefixo telefónico +374 47 (374 97 para móbiles)
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO
Membro de: CDDN
Tódolos países do mundo
Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Nagorno-Karabakh (en armenio: Լեռնային Ղարաբաղ, Leṙnayin Ġarabaġ), oficialmente República de Nagorno-Karabakh (en armenio: Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն, Lernayin Gharabaghi Hanrapetut’yun), ou República de Artsakh (en armenio: Արցախի Հանրապետություն, Arts'akhi Hanrapetut’yun), tamén Alto Karabakh, é unha república situada no Sur do Cáucaso tan só recoñecida por outros tres estados non pertencentes á Organización das Nacións Unidas: Abkhazia, Osetia do Sur e Transnistria. Reclamada e recoñecida como parte de Acerbaixán, Nagorno-Karabakh controla a meirande parte do territorio do antigo Oblast de Nagorno-Karabakh e algúns distritos acerbaixanos circundantes fronteirizos con Armenia (ao oeste) e Irán (ao sur).

O Alto Karabakh, de poboación predominantemente de armenia, foi disputado entre Armenia e Acerbaixán trala súa independencia do Imperio Ruso en 1918. Despois de que a Unión Soviética estabelecese control sobre a zona, creouse a rexión autónoma de Nagorno-Karabakh (NKAO) dentro da República Socialista Soviética de Acerbaixán en 1923. Nos últimos anos da Unión Soviética xurdiu de novo o conflito entre armenios e acerbaixanos polo control da zona. Posteriormente, en 1991, un referendo celebrado na Rexión Autónoma e a rexión veciña Shahumian deu lugar a unha declaración de independencia. O conflito étnico a gran escala nos anos posteriores (1991-1994) conduciu á Guerra de do Alto Karabaj, que rematou cun cesamento do fogo do que saíron as fronteiras actuais.

Nagorno-Karabakh é unha democracia presidencialista cun Parlamento unicameral. O país é moi montañoso, cunha media de altitude de 1.097 metros sobre o nivel do mar. A poboación é predominantemente cristiá, a meirande parte pertencentes á Igrexa Apostólica Armenia. Varios mosteiros históricos son moi populares entre os turistas, na súa maioría da diáspora armenia, xa que a maioría do viaxe só se pode realizar entre Armenia e Nagorno-Karabakh.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra Nagorno- é un adxectivo atributivo ruso de construción moderna, derivado do adxectivo nagorny (нагорный), que significa "terra alta". O nome azerí da rexión inclúe adxectivos semellantes: "dağlıq" (montañoso) ou "yuxarı" (alto). Estas palabras non se utilizan no nome armenio, mais aparecen no nome oficial da rexión durante a era soviética como Óblast Autónomo de Nagorno-Karabakh. Outras linguas aplican a súas propias formas para "alto" ou "terra alta"; por exeplo o nome oficial utilizado pola República de Nagorno-Karabakh en Francia é Haut-Karabakh, literalmente "Alto Karabakh".

A palabra Karabakh considérase xeralmente de orixe turca e persa, e significa literalmente "xardín negro". O nome aparece por vez primeira en fontes xeorxianas e persas durante os século XIII e XIV. Karabagh é outra forma alternativa de escrita de Karabakh, que tamén denomina a un tipo de alfombra cun determinado patrón producida na zona. Nunha teoría alternativa proposta por Bagrat Ulubabyan asevérase que o nome de Karabakh pouse unha orixe túrquico-armenia, cuxo significado sería "Gran Baghk" (en armenio: Մեծ Բաղք). Esto sería unha referencia a Ktish-Baghk (posteriormente Dizak), un dos principados de Artsakh baixo o goberno da dinastía Aranshahik que ostentou o trono de Reino de Syunik entre os séculos XI e XIII e se chamou a si mesmo "Reino de Baghk".

Os nomes da rexión nas distintas linguas locais pódense traducir todos como "Karabakh montañoso" ou "xardín negro montañoso":

  • en armenio: Լեռնային Ղարաբաղ, transliterado: Leṙnayin Ġarabaġ (IPA: /lɛrnɑˈjin ʁɑɾɑˈbɑʁ/)
  • en azerí: Dağlıq Qarabağ (Karabakh montañoso; IPA: /dɑɣˈlɯɣ ɡɑˈɾɑbɑɣ/) ou Yuxarı Qarabağ (Alto Karabakh; /juxɑˈɾɯ ɡɑˈɾɑbɑɣ/)
  • en ruso: Нагорный Карабах, transliterado: Nagornyy Karabakh ou Nagornyi Karabah (IPA: /nɐˈɡornɨj kərɐˈbax/)

Nagorno-Karabakh é ás veces chamado polos seus habitantes armenios Artsakh (en armenio: Արցախ), o nome da décima provincia do antigo Reino de Armenia. En inscricións urarticas (séculos IX a séculos VII  a.C.) usábase para denominar á rexión o nome de Urtekhini. En grego antigo algunhas fontes chaman á zona Orkhistene.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Alto Karabakh.

Nos séculos VII e VIII, esta rexión, historicamente habitada por armenios e albaneses caucásicos, foi invadida polos árabes, converténdose certa parte da poboación ao islam. No século XV, o territorio de Karabakh formou parte dos estados turcos de Karakoyunlu primeiro, e Akkoyunlu máis tarde. A comezos do século XVI o poder pasou a unha dinastía iraniana, que creou a provincia de Ganja-Karavakh.

En 1813, a través do Tratado de Gulistán, pasou formar parte do Imperio Ruso. A esta rexión posteriormente chegaron moitas familias armenias provenientes de Persia (actual Irán) logo da sinatura do Tratado como resultado das políticas migratorias de Rusia.

Época soviética[editar | editar a fonte]

Despois da Revolución rusa de 1917, Nagorno Karabaj pasou a formar parte da República Democrática Federal de Transcaucasia, a cal se dividiría en tres repúblicas: Armenia, Acerbaixán e Xeorxia. Acerbaixán reclamou a súa soberanía sobre o territorio coa axuda do Imperio otomán. En 1917, logo de ser cedida á nova República de Acerbaixán, a poboación acerbaixana, que xeralmente habitaba na sección musulmá de Shusha, iniciou un rápido crecemento demográfico.

En 1920, Transcaucasia foi integrada na esfera soviética, tentado lograr o apoio público con promesas de unión entre Armenia e Karabaj. No entanto, a Unión Soviética tamén tiña plans con respecto a Turquía para convertela ao sistema comunista. Para iso, foi necesario deixar Karabaj baixo soberanía acerbaixana. Así, a rexión autónoma de Nagorno-Karabaj foi integrada á República Soviética de Acerbaixán en 1923.

Guerra e independencia[editar | editar a fonte]

Coa disolución da Unión Soviética en 1991, reabriuse o debate sobre o futuro da rexión. Crendo que se puxo un plan para difundir a cultura acerbaixana na rexión, os habitantes de etnia armenia, apoiados polo seu país, crearon un movemento para a unión co mesmo. En novembro de 1991, trala declaración de secesión dos armenios de Karabakh, o parlamento de Acerbaixán decidiu quitar a autonomía á rexión, o que levou a celebración dun referendo, con resultado da declaración de independencia. A espiral de enfrontamentos levou a accións violentas e masacres contra armenios que residían noutras rexións de Acerbaixán, tales como Sumgait e Bakú. Desta forma comezou a guerra entre Acerbaixán e Armenia, apoiada por Rusia.