ONU

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
ONU/UN
Nobel prize medal.svg
Flag of the United Nations.svg
Bandeira da ONU
United Nations Members.svg
Actuais membros da ONU (193 países)
UN building.jpg
Sede da ONU en Nova York
Organización Organización internacional
Siglas ONU/UN
Seretario xeral Flag of South Korea.svg Ban Ki-Moon
Estado Activa
Fundada 24 de outubro de 1945 (69 anos)
Sede Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Páxina web ou.org

Organización das Nacións Unidas, ONU en inglés United Nations (UN). Fundada oficialmente o 24 de outubro de 1945 en San Francisco, California, finalizada a Segunda Guerra Mundial.

A primeira Asemblea Xeral celebrouse o 10 de xaneiro de 1946 (celebrada en Central Hall Westminter, Londres). A sede actual está na cidade de Nova York.

A precursora das Nacións Unidas foi a Sociedade de Nacións (tamén coñecida como "Liga das Nacións"), organización concibida en circunstancias similares durante a Primeira Guerra Mundial e estabelecida en 1919, en conformidade co Tratado de Versalles, "para promover a cooperación internacional e conseguir a paz e a seguridade". Todos os países soberanos internacionalmente recoñecidos son membros, excepto o Vaticano, en calidade de observador, e Taiwan (un caso especial, recoñecida por poucos países). Dende o 14 de xullo de 2011 a ONU ten 193 Estados Membros. O seu secretario xeral é Ban Ki-moon dende o 1 de xaneiro de 2007.

Un dos feitos máis destacábeis da ONU é a proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.

Idiomas oficiais[editar | editar a fonte]

A ONU utiliza 6 linguas oficiais: árabe, chinés, español, francés, inglés e ruso. Case todas as reunións oficiais son interpretadas simultaneamente para estas linguas. Case todos os documentos oficiais, en soporte de papel e "on-line", son traducidos para estes seis idiomas. Nalgunhas dependencias, como na Secretaría, as conferencias e mailos documentos de traballo son só en francés e inglés ou en español, francés e inglés e as publicacións realízanse nestes dous ou tres idiomas.

Antecedentes e Historia[editar | editar a fonte]

A idea das Nacións Unidas foi elaborada na declaración, asinada durante a Segunda Guerra Mundial, na conferencia de Aliados celebrada en Moscova en 1943. O daquela presidente dos Estados Unidos da América, Franklin Delano Roossevelt, suxeriu o nome de "Nacións Unidas". O 25 de abril de 1945 celebrouse a primeira conferencia en San Francisco. Á parte dos gobernos, foron convidadas organizacións non gobernamentais. As 50 nacións representadas na conferencia asinaron a Carta das Nacións Unidas dous meses máis tarde o 26 de xuño; Polonia, que non estivera representada na conferencia, engadiu o seu nome máis tarde.

A ONU comeza a súa existencia o 24 de outubro de 1945, despois de ter sido ratificada a Carta polos entón cinco membros permanentes do Consello de Seguridade (República Popular da China, Francia, A Unión das Repúblicas Socialistas Soviéticas, o Reino Unido e os Estados Unidos da América) e pola gran maioría dos outros 46 membros.

Actualmente os 5 Membros Permanentes do Consello de Seguridade son os únicos que teñen veto nas decisións. Estes son os Estados Unidos da América, a Federación Rusa, Francia, o Reino Unido e a República Popular da China.

Os fundadores da ONU tiñan grandes esperanzas de poderen actuar para previren novas guerras. Aqueles desexos non se conseguiron en moitos casos. Desde 1947 ata 1989 (Caída do Muro de Berlín) a división do mundo en zonas hostís durante a chamada Guerra fría tornou este obxectivo moi difícil de acadar debido ao sistema de veto do Consello de Seguridade.

Sistema das Nacións Unidas[editar | editar a fonte]

Nacións Unidas
UNESCO
WHO
ICAO
World Meteorological Organization
Axencia Internacional da Enerxía Atómica

O Sistema das Nacións Unidas está centralizado por:

A.-Programas e Órganos

B.-Outros Órganos das Nacións Unidas

  • 1.-ACNUDH, Alto Comisariado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos.
  • 2.-ONUSIDA, Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o HIV/SIDA.
  • 3.-GNOPS, Gabinete das Nacións Unidas de Servizos para Proxectos.
  • 4.-UNSC, United Nations System Staff College
  • 5.-UNU, Universidade das Nacións Unidas.

C.-Institutos de Estudo e Investigación

  • 1.-INSTRAW, International Research and Training Institute for the Advancement of Women.
  • 2.-UNICRI, United Nations Interregional Crime and Justice Research Institute .
  • 3.-UNIDIR, United Nations Institute for Training and Research
  • 4.-UNITAR, United Nations Research Institute for Social development .
  • 5.-UNRISD United Nations Institute for Disarmament Research (Reports only to the General Assembly).

D.-Comisións Orgánicas

E.-Comisións Rexionais

F.-Órganos Conexos

G.-Organismos Especializados

  • NOTA: As siglas varían segundo os idiomas oficiais das Nacións Unidas.

Política[editar | editar a fonte]

Lingüística[editar | editar a fonte]

A Organización das Nacións Unidas ditou, no ano 1966, que “nos estados en que haxa minorías étnicas relixiosas ou lingüísticas, as persoas que pertenzan a estas minorías non poden ser privadas do dereito de ter, comunitariamente co resto de membros do seu grupo, a súa propia vida cultural, nin de practicar e profesar a súa propia relixión, nin de usar a súa propia lingua”.

Principais contribuíntes ao orzamento da Organización[editar | editar a fonte]

ONU.Países con participación superior a 1%
nos ingresos do orzamento ordinario da ONU (2003).
Estados Unidos de América Estados Unidos 22 %
Flag of Japan.svg Xapón 19,51 %
Alemaña Alemaña 9,76 %
Flag of France.svg Francia 6,46 %
Reino Unido Reino Unido 5,53 %
Italia Italia 5,06 %
Flag of Canada.svg Canadá 2,55 %
España España 2,51 %
Flag of Brazil.svg Brasil 2,39 %
Flag of South Korea.svg Corea do Sur 1,85 %
Países Baixos Países Baixos 1,73%
Australia Australia 1,62 %
Flag of the People's Republic of China.svg China 1,53 %
Suíza Suíza 1,27 %
Rusia Rusia 1,20 %
Bélxica Bélxica 1,12 %
Flag of Mexico.svg México 1,08 %
Suecia Suecia 1,02 %

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Países fundadores da ONU[editar | editar a fonte]

Arabia Saudita, Arxentina, Australia, Bélxica, Bielorrusia, Bolivia, Brasil, Canadá, Checoslovaquia, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Cuba, Dinamarca, Ecuador, Etiopía, Estados Unidos de América, Exipto, Filipinas, Francia, Grecia, Guatemala, Haití, Honduras, India, Irán, Iraq, Iugoslavia, Líbano, Liberia, Luxemburgo, México, Nicaragua, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Panamá, Paraguai, Perú, Polonia, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, República Dominicana, Federación de Rusia, O Salvador, República Árabe Siria, Suráfrica, Turquía, Ucraína, Uruguai, Venezuela.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: ONU