República

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
A República alimenta ós seus fillos e instrúeos. Pintura de Honoré Daumier, 1848.
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

Unha república (do latín: res publica = cousa pública) é unha forma de goberno no que o poder reside no pobo,[1] e o goberno está gobernado por líderes electos en sufraxio universal por un tempo determinado conforme á lei, en lugar de ser herdado ou nomeado (por exemplo, mediante a herdanza ou mandato divino). Nos tempos modernos a definición de república tamén se limita normalmente a un goberno que non ten un monarca ou calquera outra forma hereditaria de xefatura.[1][2] A miúdo, as monarquías e as repúblicas descríbense como conceptos mutuamente exclusivos. Neste sentido as monarquías constitucionais, aínda que con sistemas electorais democráticos non son repúblicas, dado que o máximo soberano executivo, ainda que con poderes limitados ou meramente cerimoniais, non é elixido democraticamente polo pobo. Ás veces as ditaduras fanse chamar "repúblicas" só para designar que o poder non recae sobre un monarca. Na actualidade, 135 estados dos 206 estados soberanos do mundo utilizan a palabra "república" como parte dos seus nomes oficiais.

Dúas son as diferenzas entre República e Monarquía:

  1. Mudanza periódica da xefatura do estado, a través da escolla popular na República, que se contrapón á Monarquía na que o exercicio da xefatura é por tempo indeterminado (ata o falecemento do xefe de estado ou ata que renuncie)
  2. Escolla directa do Xefe de Estado, xa que na Monarquía o rei herda a xefatura por liña sucesoria ou por elección pontificia (no caso do Vaticano)

O sistema de goberno nunha república pode ser:

  • Parlamentarismo, cando a xefatura do goberno é exercida por un primeiro ministro. Así, o xefe de estado ten, moitas das veces, só unha función cerimonial, a de disolver o Parlamento e convocar novas eleccións lexislativas cando hai crises.
  • Presidencialismo, cando o presidente da república acumula tamén as funcións de xefe de goberno, é dicir, sanciona leis e nomea os demais ministros.

A orixe da República está na Roma clásica, cando xurdiron institucións como o Senado. Pasou a ser máis difundida a partir do século XVIII, despois da independencia dos Estados Unidos, que adoptaron a forma republicana de goberno, modelo seguido despois polas novas nacións xurdidas, no século XIX, da independencia da América española (México, Arxentina, Perú etc). En Europa, a difusión do modelo republicano iniciouse coa Revolución Francesa en 1789, en oposición ao absolutismo monárquico da maioría dos países da época. Como exemplo de países europeos que substituíran a monarquía pola república, temos Francia, Portugal, Italia, Austria, Polonia... No século XX, a maioría das antigas colonias europeas que se tornaron países independentes en Asia, África e América adoptaron a república, converténdoa a forma de goberno máis común actualmente.

España tamén tentou adoptar a república, a primeira vez foi en 1873, a segunda e última, na década de 1930. Pero os moitos conflitos ideolóxicos entre os propios partidarios da mesma, tamén cos anarquistas, e entre republicanos, anarquistas e monarquistas, deron como resultado a Guerra Civil Española. (ver texto específico). O saldo do conflito foi o mantemento da monarquía como forma de goberno en España.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Republic. Merriam-Webster. Consultado o 6/07/2014. 
  2. Dictionary.com (ed.). «republic». WordNet 3.0. Consultado o 6/07/014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]