O Salvador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República de El Salvador

República do Salvador
Bandeira do Salvador Escudo do Salvador
Bandeira Escudo
Lema: «Dios, Unión, Libertad»
(esp.: Deus, Unión, Liberdade)
Himno nacional: Himno nacional de El Salvador
 
El Salvador (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
San Salvador
2.224.223(est. 2006)
Cidade máis poboada San Salvador
Linguas oficiais
Castelán
Forma de goberno República
Mauricio Funes
Independencia
 • Data
De España
15 de setembro de 1821
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 152º
21,041 km²
1.5
545 km
307 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 98º
6 948 073 (censo 2008)
318,7 (2008) hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 94º
$ 32,350 mill.
$ 4 620 (est. 2006)
IDH n/d
Moeda Dólar estadounidense 1 (US$, USD)
Xentilicio salvadoreño, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC -6
UTC -6
Dominio de Internet .sv
Prefixo telefónico +503
Prefixo radiofónico HUA-HUZ
Código ISO 222 / SLV / SV
Membro de: OEA, ONU

1 Antes do ano 2001, Colón salvadoreño (SVC)

Tódolos países do mundo

O Salvador (en castelán: El Salvador) é un país de América Central. Limita ao norte e ao leste con Honduras, ao leste co golfo de Fonseca, ao sur co Océano Pacífico e ao oeste con Guatemala. A súa capital é San Salvador.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Salvador.

Os conquistadores españois que chegaron ao Salvador entre 1524 e 1525, viñan desde Guatemala logo de participar na conquista do México. Durante a colonia, O Salvador formou parte da Capitanía Xeneral de Guatemala, tamén coñecida como Reino de Guatemala. O territorio salvadoreño estivo dividido nas Alcaldías Maiores de San Salvador e Sonsonate. En 1811 e 1814 producíronse importantes levantamentos contra o dominio español que expresaron a inquietude independentista dos crioulos (a elite branca descendente de españois). Finalmente, as nacións da América Central conseguiron a súa independencia de España, o 15 de setembro de 1821[1]. O 1823 formouse a Federación Centro-Americana, composta polos actuais países da América Central: Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica. O Salvador independizouse da federación o 1838.

Unha guerra civil de 12 anos, que custou as vidas de preto de 75 000 persoas, chegou á súa fin no 1992, cando o goberno de dereita e a guerrilla de esquerda asinaron un tratado que levou a reformas militares e políticas.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política do Salvador.

A Constitución de 1983 defíne o ordenamento legal básico do pais. Aí estabelécese que O Salvador é unha república democrática, representativa na que rexe o sistema presidencialista, cuxos tres órganos son o Órgano Executivo, encabezado polo Presidente da República e o seu Gabinete. O órgan Lexislativo, nomeado Asemblea Lexislativa de O Salvador (Unicameral) de 84 deputados, e o Órgano Xudicial, expresado na Corte Suprema de Xustiza, integrada por 15 maxistrados, sendo un deles electo como Presidente do Poder Xudicial.

O presidente é electo por sufraxio directo e dura no cargo 5 anos. Non pode ser reelixido no período seguinte. O partido Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) ten o poder executivo desde 1989 e séguese a manter no seu cargo após catro períodos consecutivos.

Cos Acordos de Paz de Xapultepec (1992) creáronse a nova Policia Nacional Civil, a Procuradoría para a Defensa dos Dereitos Humanos, o Tribunal Supremo Electoral, déuselle vida legal como partido político á oposición de esquerda na forma do Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) e redefiniuse o papel do exército, reservado para a defensa da soberanía e a integridade territorial. Tamén se suprimiron algúns corpos de seguridade que estaban ao mando do exército, como foron a Garda Nacional, a Policía de Facenda e os Batallóns especiais formados para manteren a guerra contra a insurxencia dos anos 80.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións do Salvador.
Departamentos do Salvador.

O Salvador está dividido en 3 zonas (Zona Occidental, Zona Oriental e Zona Paracentral) e 14 departamentos. Os departamentos, segundo a zona, son:

Zona Occidental

Zona Central

Zona Paracentral

Zona Oriental

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía do Salvador.

O releve do Salvador está composto dunha meseta central pouco elevada (de 400 a 800 m de altitude) recortada por vales fluviais e recuberta de numerosos volcáns (Santa Ana, San Vicente, San Salvador, Tecapa, Conchagua, Ilamatepec), dos cales algúns están aínda activos. A parte máis elevada do país sitúase no norte, no monte El Pital (2.730 m). A estreita franxa costeira que bordea o océano Pacífico non supera os 25 km de ancho. O Lempa, que é parcialmente navegábel, é o principal río do país.

O clima do Salvador é tropical, cunha estación seca (novembro a abril) e unha estación húmida (maio a outubro). Atópase, segundo a altitude, terras quentes, ata 800 m, terras tempadas, ata 1800 m e, máis alá, terras xeadas. A temperatura anual medio da capital, San Salvador, é de arredor de 24 °C.

As cidades máis importantes do Salvador son:

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía do Salvador.

A economía do salvador experimentou unha mestura de resultados durante o goberno do partido ARENA nas iniciativas do mercado libre e o modelo de xerencia fiscal que inclúen a privatización do sistema de actividades bancarias, as telecomunicacións, as pensións públicas, a distribución eléctrica, e unha parte da xeración eléctrica, redución dos aranceis, eliminación dos controis de prezos e subsidios, e unha aplicación mellorada dos dereitos de propiedade intelectual. O PIB estivo a crecer nun paso constante pero modesto despois da sinatura dos Acordos de Paz en 1992, nun ambiente da estabilidade macroeconómica.

Un problema que O Salvador enfronta é a desigualdade económica da distribución das ganancias persoais. No 1999, a quinta parte da poboación máis rica recibiu o 45 % dos beneficios, mentres que a quinta parte máis pobre recibiu soamente o 5,6 %.

Desde o mes de decembro de 1999, as reservas internacionais netas igualaron aos 1.8 mil millóns de dólares. Tendo este almacenador intermediario da moeda forte para traballar, o Goberno d'O Salvador, emprendeu un plan monetario da integración que comezaba do 1 de xaneiro do 2001, polo cal o dólar dos Estados Unidos se converteu en moeda de curso legal xunto ao colón salvadoreño, e toda a contabilidade formal foi emprendida nos dólares. Deste xeito, o goberno limitou formalmente a súa posibilidade de poñer políticas monetarias sobre o mercado para influír variábeis a curto prazo na economía. Desde 2001, o colón deixou de circular e agora xa non se utiliza para facer transaccións; porén, algúns almacéns aínda informan ao público de prezos en colóns e á vez en dólares.

En xeral, a poboación apoiou co cambio do colón ao dólar, se ben os salarios seguen sendo iguais a pesar que creceu o prezo da maioría dos produtos. O cambio ao dólar axudou a baixar os intereses nos créditos, co que moitas persoas tiveron acceso a créditos para compraren unha casa ou un automóbil. Os sectores políticos de esquerda, foron moi críticos do proceso de dolarización, o cal unicamente favorece ás empresas do sector financeiro.

Actualmente, a economía está máis orientada cara á manufactura e aos servizos, en lugar da agricultura (cultivo do café). As súas principais industrias son a de alimentos e bebidas, produtos do petróleo, tabaco, produtos químicos, téxtiles e mobles.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía do Salvador.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura do Salvador.

Feiras[editar | editar a fonte]

Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Aninovo Año Nuevo
8 de marzo Día da Muller Día de la Mujer
marzo/abril Semana Santa Semana Santa
1 de maio Día do Traballador Día del Trabajo
3 de maio Día da Cruz Día de la Cruz
10 de maio Día da Nai Día de la Madre
17 de xuño Día do Pai Día del Padre
22 de xuño Día do Mestre Día del Maestro
4, 5 e 6 de agosto Festas de Agosto Fiestas Agostinas
15 de setembro Día da Independencia Día de la Independencia
1 de outubro Día do Neno Día del Niño
12 de outubro Día da Raza Día de la Raza
2 de novembro Día de Tódolos Santos Día dos Difuntos
25 de decembro Nadal Navidad

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Embaixada d'El Salvador nos EE. UU., De la Civilización a la Independencia, consultado o 29 de marzo de 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: O Salvador


Países do mundo | América central
Belize - Costa Rica - Guatemala - Honduras - Nicaragua - Panamá - O Salvador