1805

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1805
Calendario gregoriano 1805
MDCCCV
Ab urbe condita 2558
Calendario armenio 1254
Calendario chinés 4501 – 4502
Calendario hebreo 5565 – 5566
Calendario hindú
- Vikram Samvat
- Shaka Samvat
- Kali Yuga

1860 – 1861
1727 – 1728
4906 – 4907
Calendario persa 1183 – 1184
Calendario musulmán 1220 – 1221
Calendario rúnico 2055
< Século XVIII Século XIX Século XX >
01 02 03 04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
31 32 33 34 35 36 37 38 39 40
41 42 43 44 45 46 47 48 49 50
51 52 53 54 55 56 57 58 59 60
61 62 63 64 65 66 67 68 69 70
71 72 73 74 75 76 77 78 79 80
81 82 83 84 85 86 87 88 89 90
91 92 93 94 95 96 97 98 99 00


Acontecementos[editar | editar a fonte]

España[editar | editar a fonte]

  • A industria e o comercio téxtil catalán sofren un profunda crise causa pola guerra co Reino Unido, o no poder abastece-la demanda regular americana. As manufacturas británicas acaban impoñéndose nas Indias, polo que os produtores españois non poden competir en prezos cos británicos, que logran menores costos de produción.
  • Na cidade de Madrid aprobouse oficialmente unha nova compilación do dereito castelán e dos asuntos acordados polo Consello de Castela, reunida por Juan de la Reguera Valdelomar. Nun principio pensouse nunha posta o día da Nova Recompilación, na liña do suplemento aprobado por Lardizánal (no ano 1786). Pero Juan de la Reguera presentou a refundición total das leis a que se lle deu carácter oficial. Trala aprobación do ano anterior do Código Civil napoleónico, a Novísima Recompilación de Leis efectuada non deixa de parecer unha antigüidade terá criticas polos seus inevitables defectos (leis non incluídas pero que se aplicaban na época, outras derrogadas sen acordo de formalización e leis repetidas). Por iso parece haberse perdido a oportunidade de facer algo máis que unha simple compilación de leis e non haber chegado a adopta-la forma moderna do código, máxime cando nesta época poderíase haber feito unha promulgación para toda España do dereito civil castelán sen demasiada contra. Por iso, sinalase a que de un modo ou de outro a Novísima Recompilación de Leis de España non terá unha traxectoria sinxela. A parte da técnica empregada, o aumento que está experimentando a lexislación facía necesaria unha posta o día, pois algunhas disposicións son do Ordenamento de Alcalá e outras correspondentes as citas das Partidas de Afonso X, o Sabio.
  • A agricultura española alcanza neste ano unha grande expansión, pero que é insuficiente para cubrilas necesidades dos seus habitantes correctamente. Os aumentos foron logrados grazas os cambios introducidos na agricultura (melloras técnicas e xeneralización do cultivo de novas especies de plantas -millo, pataca-), dan novas posibilidades de subsistencia; aínda que o crecemento progresivo da poboación tende a compensar, e ata anular estas novas posibilidades. Bo exemplo atopase en Guipúscoa, onde a agricultura alcanza o seu máximo crecemento a primeiras de 1805, pero, segundo as afirmacións de Vargas Ponce, "como fecunda nai dos homes, produce maior número dos que é posible alimentar".
  • O escritor Leandro Fernández de Moratín acaba de estrear a súa obra mestra, a comedia El sí de las niñas.
  • O prezo dalgúns produtos de primeira necesidade (trigo, cebada, aceite etc.) sofren nas rexións do interior un encarecemento de ata un 320 % con relación o ano 1800. Nalgunhas zonas, coma Estremadura, unha fanega de millo que no 1800 valía 39 reais, no 1805 vale 164. Xa non é só que estes produtos cheguen escasos o mercado, como consecuencia do crecemento da poboación que fai quedar unha maior parte da produción no propio campo, senón que este aumento de prezos tamén incide na pésima rede de comunicacións que conta España ata o momento. Mentres que nas zonas da periferia, nos anos en que a produción propia pasa por un mal momento de colleitas nada boas, tense que acudir as importacións de gran, nas terras do interior, pola contra e a faia de infraestrutura adecuada, xunto coa presenza de acaparadores, non permite este comercio.
  • O escritor español Manuel José Quintana publica o seu drama Pelayo e a súa oda Al combate de Trafalgar; obras nas que, xunto a influencia da ilustración do dezaoito, vese aínda unha preferencia polos aspectos neoclásicos, aínda que a súa temática obedece xa máis a cousas humanitarias e políticas, na consonancia coa xeración romántica posterior.
  • O 4 de xaneiro España e Francia ratifican o acordo de axuda militar e naval firmado por ambas nacións, para a invasión do Reino Unido. Ata a data, as presións de Napoleón para que España declare a guerra o Reino Unido foron resultando infrutuosas, a pesardes das constantes provocacións británicas. O ataque a catro fragatas españolas xunto co apresamento de tres das mesmas fronte as costas portuguesas (coas proximidades do Cabo de Santa María) e outras accións similares, obrigan o goberno español a pedir explicacións satisfactorias o goberno británico. Como non se obtén resposta no decembro de 1804, acabase declarando a guerra, previo manifesto no que se expón a decisión, seguido dunha proclama patriótica firmada por Godoy. Ratificada a alianza franco-española, Napoleón espera poder destruír o poderío naval británico grazas a axuda española, e conseguir deste modo o dominio dos mares.
  • O 28 de maio morre en Madrid o compositor e violoncellista italiano Luigi Boccherini (n. o 19 de febreiro de 1743 en Lucca).
  • O 22 de xullo a flota franco-española dirixida polo francés Villeneuve e mailo español Gravina, é vencida pola británica no Cabo Finisterre (Cabo Fisterra). Unha vez rematada a alianza franco-española, Napoleón ordena conducir a escuadra cara as Antillas coa finalidade de obrigar os británicos a despraza-la súa propia escuadra a aquelas augas. Desta forma podería dirixirse logo, cun movemento envolvente, un ataque o Reino Unido. Pero o plan faia pola indecisión do almirante Villeneuve e pola mobilidade da flota británica, o que permite a esta pillar a franco-española na súa viaxe de volta (cando intentaba desbloquea-los portos de Ferrol e de Brest onde estaba paralizada parte da flota francesa), para posteriormente proceder a invasión do Reino Unido, xunto coas tropas que xa estaban preparadas no campamento de Boulogne. Sen embargo a escuadra británica ataca a costa galega. Tras un encontro breve, logran apoderarse de dúas naos españolas e obriga o resto a refuxiarse no porto de Vigo; vese así frustrada a pretendida invasión.
    A Batalla de Trafalgar. Cadro de pinceis W. C. Stanfield "Unha batalla máis que pedida".
  • O 21 de outubro a flota británica vence a unha escuadra franco-española fronte o Cabo Trafalgar (entre Cádiz e Tarifa). O almirante británico Horatio Nelson morre a bordo do buque insignia "Victory" coma consecuencia das feridas de combate. É un día negro para a mariña (nunha parte a inglesa, pola morte de Nelson; e por outra a española, pola morte dos almirantes Gravina, Alcedo, Churruca e Alcalá Galiano e, a propia perda da flota). Todos os esforzos de Godoy para poder dotar a España dunha poderosa mariña de guerra, víronse malogrados grazas á alianza cos franceses. Para Francia a derrota ten o significado de non poder invadi-lo Reino Unido, e a implantación definitiva do bloqueo continental, pero aunque se pode loitar por terra. A Batalla de Trafalgar iniciase o mediodía; por un lado, a flota franco-española (dirixida polo francés Villeneuve) que contaba cun total de 33 naos (18 franceses e 15 españois). No outro os británicos con 27 naos, pero de mellor trazado e con dotacións máis preparadas. Desde o principio está todo mal planteado. Villeneuve decide saír de Cádiz, onde está refuxiada a súa flota, facendo caso omiso dos consellos dos almirantes españois, conscientes da súa forza inferior. A pesar de todo a saída faise. As noticias de que vai cara Cádiz o seu substituto a fronte da flota (xa que Napoleón estaba farto da súa inactividade) póñeno en marcha. A súa forma de presentarse a batalla tampouco é a ideal. Nelson ataca polo centro e a retagarda, e logra unha rápida desarboladura da flota inimiga, que fai unhas inadecuadas manobras de xiro. Nun primeiro choque, o "Royal Soverign", buque de Collingwood, e o "Santa Ana", de Álava, quedan case sen goberno. Collingwood é quen asume o mando da flota británica trala morte de Nelson. No momento trascendental da batalla, o francés Dumanoir decide darse a fuxida, con catro naves, o que acaba desencadeando o desastre. O "Bucentaure", de Villeneuve e o "Santísima Trindade" do xeneral Cisneros, teñen que se renderen; polo que o desastre é completo. Só quedan a salvo 5 naos españolas e non precisamente intactas. A maioría das naos apresadas polos británicos acaban destruídas por unha tormenta, que se desata pouco despois da batalla. As baixas son cuantiosas, a flota franco-española perde a uns 2.800 homes (máis de 1.000 deles eran españois), fronte os pouco máis de 400 británicos. Todo iso sen contar os que morrerán nos hospitais e nos naufraxios seguintes o combate. A vitoria naval británica en Trafalgar (no curso da terceira guerra de coalición), froito do valor e a intuición táctica de Nelson, supón para o Reino Unido o dominio dos océanos, namentres que a mariña española queda declinada completamente. Xa no 1801, grazas a paz de Amiens ponse fin o derradeiro conflito con Reino Unido, pero a paz é inestable; os británicos seguen realizando accións contra o comercio naval. Isto, sumado a unha serie de crises de subsistencias de extrema gravidade entre os anos 1803/04, fai inevitable para España a aliñación de novo con Francia na guerra contra o Reino Unido. O que non lograron as presións de Napoleón sobre o goberno español, a esixencias e as ameazas, o logran agora unha serie de ataques británicos a fragatas e buques españois. O 4 de xaneiro de 1805 firmase unha alianza entre España e Francia. Francia necesita o poderío naval español para poder facer fronte os británicos. O plan pretende atrae-la flota británica desde o Mediterráneo ata as Antillas, para logo, nunha rápida acción, dirixirse o Reino Unido e atacalo. Pero a indecisión de Villeneuve falla nos plans de Napoleón. A súa volta é case simultánea a da flota británica e tras ser atacado fronte o Cabo Finisterre e, tras unha breve escalada no porto de Vigo, acaba refuxiándose en Cádiz (coa flota británica bloqueándolle o paso). Agora, España, como sempre foi aliada nos derradeiros tempos a Francia, sae perdendo. Sen flota, cunha situación económica frouxa que lle fai depender de Francia, é obvio que xa non hai a España imperial, e que dificilmente volverá a habela. Por outra, o verse privada de toda a súa flota, España terá dificultades de comunicación con seu imperio sudamericano, onde se fraguarán os plans da independencia.

Venezuela[editar | editar a fonte]

  • Francisco de Miranda obtén o apoio económico do primeiro ministro británico William Pitt (o Xove), para emprende-la independencia da súa terra natal (Venezuela). Pouco despois (no mes de novembro), Miranda visita os Estados Unidos e consegue do presidente Jefferson a concesión de avantaxe para a súa expedición, que se iniciará no febreiro de 1806.

Alemaña[editar | editar a fonte]

  • O 7 de abril presentase por primeira vez na cidade de Viena o público, no Theater Ander Wien a Sinfonía nº 3 (cuxo nome orixinal en italiano era a "Eroica"), composta entre maio e outubro de 1803 e executada por primeira vez para o príncipe Lobkowitz no verán de 1804. Admirador de Napoleón Bonaparte, o compositor (Beethoven) escribiu o nome no título primitivo da obra, perante a decepción que lle supuxo a proclamación de Napoleón coma emperador, tachou furioso a adicatoria e a cambiou polo título definitivo (Sinfonía Heroica). A obra resalta o valor ético da acción humana e, grazas o seu primeiro movemento, e unha afirmación única da capacidade discursiva da música. Mostra así mesmo o cambio que se produce co romanticismo na condición do compositor e artista en xeral.
  • Tamén na cidade de Viena, no transcurso do 9 de agosto, Austria decide adherise a coalición antifrancesa.
  • O 10 de decembro polos acordos de Brünn, os electores de Baden, Baviera e Württemberg son elevados a categoría de reis.
  • Un 27 de decembro na cidade de Viena, Napoleón publica un decreto polo que declara que Fernando IV, rei das dúas Sicilias deixou de reinar. Outro decreto que será publicado o 30 de marzo de 1806 outorga a José Bonaparte, o primoxénito do seus irmáns, o reino de Nápoles e o de Sicilia, onde reinará cunha realidade ficticia, xa que Fernando IV se refuxia nesta illa baixo a protección dun exército inglés.

Brasil[editar | editar a fonte]

  • O escultor e arquitecto brasileiro Antonio Francisco Lisboa, coñecido co alcume de Aleijadinho (nado en Lisiadito, o carón da cidade de Ouro Preto o 1730 (segundo outros historiadores puidera ser no 1738) e finado no ano 1814), remata as esculturas destinadas a terraza da igrexa do Bon Xesús de Matosinhos, en Congonhas do Campo, na provincia de Minas Xerais. Nesta igrexa reelaborou xenialmente o modelo da escultura portuguesa contemporánea. As figuras dos doce profetas teñen un especial valor, están dispostas escenograficamente ao longo da escalinata que vaia cara a igrexa. Lisboa foi o máximo expoñente da arquitectura portugués-brasileira que retoma o decorativismo con tendencias o barroco europeo. Unha enfermidade deformante causoulle a perda dos dedos dos pés e unha parte das mans. Sen embargo o seu entusiasmo non lle fixo deixa-lo traballo e, Francisco Lisboa ideou un sistema que lle permitiu atarse os instrumentos os pulsos. Como tallista viviu a transición do barroco o rococó, e adoptou este como propio, mostrando unha habilidade moi característica nos aderezos irregulares o gusto francés. Nos muros da San Francisco de Ouro Preto vese un colorido que corre parellas co lirismo bávaro. Na súa faceta de escultor creou unha auténtica escola e nas obras saídas do seu taller pode apreciarse as mans de varios artistas, xa que Lisboa reservábase para a confección de certas obras e o remate final de outras.

China[editar | editar a fonte]

  • A volta do pensamento ortodoxo a China e o seu repregue sobre si mesmo levan a unha ruptura das relacións con Occidente e o cerre das súas fronteiras as ideas occidentais. A anterior benevolencia cara os misioneiros xesuítas occidentais, que non só logran introduci-lo cristianismo, senón que son moi apreciados na corte imperial polo seus coñecementos científicos, técnicos e artísticos, queda substituída pola intolerancia, que remata na expulsión destes, e o resto dos occidentais.

India[editar | editar a fonte]

  • A segunda guerra contra os mahrattas (iniciada no 1803 e que non remataría ata ven entrado o 1805), sostida pola Compañía británica da Indias Orientais baixo o mando supremo de Arthur Wellesley (que máis tarde será o duque de Wellington), supón para os británicos a conquista de Delhi na súa totalidade xa que os diferentes soberanos mahrattas, inimizados entre eles, son derrotados consecutivamente. Certas derrotas sufridas a finais da guerra dan lugar a o cese de Wellesley, e a cuestión dos mahrattas non é resolta no sentido desxeado por Gran Bretaña o concerta-la paz (o que dará lugar a unha terceira guerra que comezará no 1807). Wellesley, que tiña o cargo de gobernador xeral (desde 1798 ata o 1805), logrou que a India británica se estendese por Bengala, o val do Ganxes, e a maior parte da costa oriental, polo Oeste do Decán. Trala guerra a Compañía das Indias estivo o borde da quebra, pero foi salvada pola obra unificadora seguida dun beneficio británico.

Francia[editar | editar a fonte]

  • O inventor e industrial francés das fiandeiras Joseph Marie Jacquard (que nacera en Lión no 1752), perfecciona o sistema de teares para producir telas policromadas. O invento de Jacquard (unha máquina automática cun dispositivo de cartóns perforados para determina-la execución do debuxo), recibe o apoio do goberno imperial de Napoleón, e nos poucos anos alcanza unha produción de máis de 10 000 unidades (12 000 no ano 1812 e 20 000 no ano 1833). Por outras os obreiros da fiandeiras no se amosan de acordo co método do novo sistema, xa que supón a eliminación dun gran número de postos de traballo. As actividades de protesta dos gremios das fiaduras (hoxe téxtil) desembocan, a miúdo, en accións de violencia; Jacquard fina con 82 anos (cando corría o ano 1834, rico e famoso.
  • O 26 de decembro recíbese na cidade de París o tratado de paz asinado en Presburgo entre Francia e Austria que puñan fin á terceira guerra de coalición, cun saldo moi favorable a Napoleón. A pesar do desastre sufrido pola armada franco-española ante a escuadra británica do almirante Nelson na Batalla de Trafalgar, os exércitos franceses conseguen esmagar as tropas de Austria e Rusia en Austerlitz (o 2 de decembro de 1805). A vitoria das tropas napoleónicas na chamada "batalla dos Tres Emperadores" determina que Austria se vexa na obriga de facer importantes concesións na paz de Presburgo. Estas consisten en ceder Venecia, Istria e Dalmacia ó reino de Italia. Ó mesmo tempo, os austríacos teñen que recoñece-lo emperador francés como rei de Italia e desprenderse de Tirol, Vorarlberg, Lindau e Brisgovia en favor dos principados de Baviera, Baden e Württemberg. A paz de Presburgo convirte a Austria nunha potencia de segundo nivel e pon fin a súa influencia no sur de Alemaña e Europa meridional, mentres os exércitos de Napoleón pasan a selo principal factor do poder do continente, con só Gran Bretaña aínda inaccesible.
  • Un 31 de decembro (10 nivoso do ano XIV, segundo o calendario republicano de Francia). Abandónase o calendario republicano francés, imposto o 24 de decembro de 1793 (ou 22 de setembro de 1792, segundo outros historiadores) e xa caido case no desuso entre os franceses, iso valeu que se restablecera o uso do calendario gregoriano.

Exipto[editar | editar a fonte]

  • Trala retirada de Napoleón e a súas tropas francesas no ano 1801, e dos británicos no 1803, Muhammad (tamén coñecido como Mohamed, ou Mehmet) Alí, con 36 anos consegue apoderarse do goberno de Exipto. Facéndose recoñecer pola Sublime Porta de Constantinopla coma emperador otomano (baixo o alcume de "baxá"); o vicerrei estará no poder ata 1848. De orixe albanesa, Alí faise co poder e, unha vez conseguido o recoñecemento do sultán otomano, enferma. A enfermidade obrigaralle a abdicar, polo que a súa descendencia estará no poder ata 1952.

Italia[editar | editar a fonte]

  • A rexión de Piemonte pasa a poder de Francia, Napoleón para asegurarse da mesma, nomea a seu irmán Luís Bonaparte, coma gobernador da mesma.
  • Entre o 17 e o 18 de marzo o emperador francés, Napoleón I converte en soberano do novo reino de Italia que él mesmo acaba de instaurar. Napoleón nomea vicerrei a Eugène de Beauharnais (fillo do primeiro casamento coa emperatriz Xosefina) que se fai cargo do goberno. Xa no 1802 era coñecido co a "República italiana" e tiña a súa sede na cidade de Milán; pero o se converter Napoleón como rei, a república desaparece. Eugène, pola súa contra estará no poder ata 1814, data na que Italia volve de novo a formarse como república. O 26 de maio deste mesmo ano, Napoleón recibe a coroa de ferro dos lombardos.

Moravia[editar | editar a fonte]

  • Un 2 de decembro os exércitos da terceira coalición antifrancesa son derrotados polas tropas de Napoleón na Batalla de Austerlitz (tamén coñecida co nome da Batalla dos Tres Emperadores). A vitoria permite o emperador apoderarse do Véneto, Tirol, Trentino, Istria e Dalmacia, o mesmo tempo fai camiño para unha reorganización dos estados alemáns. Trala vitoria de Austerlitz, Francia atopase na cabeza dun grande imperio, rodeada por estados ciuos monarcas son da familia ou aliados do emperador. A terceira coalición estaba formada por Gran Bretaña, Rusia e Austria; o tsar Alexandre I e o emperador austríaco Francisco II puideron ver cos seus propios ollos o despregue previo a batalla, que convertería a Francia na primeira potencia mundial. Xa o 20 de outubro a cabalería napoleónica capturara en Ulm a metade das forzas austríacas; mediante unha audaz manobra. Napoleón ocupou Viena e lanzou o groso do seu exército cara Moravia, onde acababan de xuntarse as tropas de Austria e Rusia. Alí o franceses conseguiron dividir en dous os efectivos inimigos para esmaga-los, causándolles unhas 27 000 baixas. Austria pide un armisticio as escasas tropas de Alexandre I que se retiran cara Polonia.

Europa[editar | editar a fonte]

Nacementos[editar | editar a fonte]

Mortes[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Breves[editar | editar a fonte]

Historia ano a ano

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1805