Bertha von Suttner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bertha von Suttner
Nobel prize medal.svg
Bertha von Suttner
von Suttner en 1906.
Nacemento: 9 de xuño de 1843
Praga, Reino de Bohemia, Imperio Austríaco Imperio Austríaco
Falecemento: 21 de xuño de 1914 (71 anos)
Viena, Imperio Austrohúngaro Imperio Austrohúngaro
Ocupación: Pacifista, novelista

Bertha Felicitas Sophie, nada co nome de Kinsky von Chinic und Tettau en Praga o 9 de xuño de 1843 e finada en Viena o 21 de xuño de 1914, foi unha pacifista e escritora austrohúngara.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bertha von Suttner en 1906.

Foi filla do conde Franz Kinsky von Wchinitz und Tettau e de Sophie von Körner. Naceu sendo xa orfa de pai, sendo este mariscal de campo e conselleiro do imperio austrohúngaro. En 1876 casou co escritor e nobre Arthur Von Suttner. Xa casada, estudou música e literatura; a parella viaxou extensamente, abandonando a súa residencia vienesa para trasladarse a París, regresando definitivamente a Austria en 1885.

En 1889 publicou a novela Die Waffen nieder!, traducida a diversas linguas convertida axiña nun clásico do movemento pacifista internacional. Editou unha revista pacifista internacional co mesmo título. Outras publicacións que reflicten o seu ideal foron Das Maschinenzeitaler (onde critica os nacionalismos radicais e o armamento) e Inventarium einer Seele (onde se percebe a influencia de H. T. Buckle, Herbert Spencer e Charles Darwin).

Von Suttner foi unha das máis destacadas figuras do movemento internacional pola paz, difundindo a idea en numerosas conferencias en toda Europa, e creando unha asociación para promovela en Austria. En 1905 recibiu o premio Nobel da Paz, se ben pénsase que parte da decisión puido deberse á súa relación de secretaria e amiga de Alfred Nobel. Faleceu pouco antes de comezar a Primeira Guerra Mundial.