Aung San Suu Kyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aung San Suu Kyi
အောင်ဆန်းစုကြည်၊ ဒေါ်
Nobel prize medal.svg
Aung San Suu Kyi

Actualmente no cargo
Dende o 27 de agosto de 1988

Actualmente no cargo
Dende o 2 de maio de 2012
Precedido por Soe Tint

Actualmente no cargo
Dende o 2 de maio de 2012
Presidente Thein Sein
Precedido por Tun Yi

Datos persoais
Nacemento 19 de xuño de 1945
Rangún Flag of Myanmar.svg Myanmar
Partido Liga Nacinal pola Democracia
Pais Aung San (pai)
Khin Kyi (nai)
Cónxuxe Michael Aris (1971 - 1999)
Fillos Alexander
Kim
Profesión Política, activista birmana
Alma mater Universidade de Delhi
St Hugh's College, Oxford
Universidade de Londres
Relixión Theravada
Este artigo amosa escritos birmanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Aung San Suu Kyi (en birmano အောင်ဆန်းစုကြည် /àuɴ sʰáɴ sṵ tɕì/), nada en Rangún o 19 de xuño de 1945, é unha política e activista birmana. É a figura emblemática da oposición birmana contra a ditadura militar que tivo o poder entre 1962 e 2011. Elixírona parlamentaria pola casa de representantes en 2012. En 1991 concedéronlle o Premio Nobel da Paz pero a Xunta Militar birmana non lle permitiu saír do país e tivo que esperar ata xuño de 2012 para recollelo en Oslo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Aung San, heroe nacional que firmou en 1947 o tratado de independencia co Goberno británico antes de ser asasinado. Tras diplomarse en Oxford, traballou na Secretaría das Nacións Unidas e foi profesora na India, Aung San Suu Kyi regresou a Birmania en 1988 e participou no "segundo combate en pro da independencia nacional". Este combate inspirouse no exemplo pacífico de Gandhi e na súa fe budista, que le levou a dicir: "unha revolución do espírito que se manifesta mediante o recoñecemento da necesidade do diálogo e a compaixón polos máis humildes". A pesar de estar arraigada na tradición birmana, soubo evitar as manipulacións nacionalistas baseando a súa loita nos "principios sagrados da moral", insistindo na necesidade de reconciliar ás etnias do seu país, profundamente divididas.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Aung San Suu Kyi en 1951.

En 1989 sometérona a arresto domiciliario en Rangún. Asumiu a dirección da Liga Nacional pola Democracia, que gañou nas eleccións en 1990 por ampla maioría.

Como as autoridades militares non recoñeceron este resultado, o seu partido non puido formar un goberno civil. Aung San Suu Kyi, suxeita a unha estreita vixilancia, preferiu permanecer ao lado do seu pobo dando testemuña da súa fe na "idea do ben e do xusto".

Recibiu sucesivamente o Premio Thorolf Rafto de defensa dos dereitos humanos e o Premio Sájarov de liberdade de pensamento.

Recoñecida como prisioneira de conciencia por Amnistía Internacional, o seu propósito de que o drama birmano non caera no esquecemento recompensouno o 14 de outubro de 1991 co Premio Nobel da Paz grazas ao cal se coñeceu o seu combate no mundo enteiro rechazando el exilio que se lle propuña a cambio do seu silencio. En 1992 recibiu o Premio Simón Bolívar.

En 1995, as presións exercidas polos Estados Unidos conduciron á súa "liberación" (por pouco tempo) da súa residencia e dirixíase cada fin de semana a un gran grupo de xente atento á súa mensaxe de alento, antes de que as manifestacións estudantís provocaran a represión,a detención de dirixentes da oposición e o establecemento dun bloqueo en torno ao seu domicilio.

Sometérona de novo a arresto domiciliario en 1996, case non podía recibir visitas, porén conseguiu enviar ás Nacións Unidas algunhas mensaxes gravadas que denunciaban o empeoramento da situación dos dereitos humanos no seu país, pedindo á comunidade internacional que concedera a prioridade aos dereitos políticos da Liga Nacional cuxa dirección segue asumindo.

A Xunta de goberno que mantén o poder no país, propúxolle o exilio á reclusa, xogando co elemento da separación familiar, como unha maneira rápida de desfacerse dela. Un capítulo desta táctica de acoso psicolóxico sucedeu cando o seu home, Michael Aris, morreu de cancro de próstata en marzo de 1999, sen volver a ver á súa muller, esperando un visado que o goberno birmano nunca lle concedeu. Outro capítulo sucedeu en abril de 1999 cando ao seu fillo, Kim Htein Lin, se lle permitiu reunirse con ela por unhas horas no aeroporto de Rangún.

Estivo en arresto domiciliario dende 2003. En setembro de 2007 trasladárona a un novo recinto penal debido ás manifestacións que se realizaron en todo o país esixindo a democracia.

O 11 de agosto de 2009, un tribunal do goberno militar birmano condenouna a dezaoito meses máis de arresto domiciliario. Algunhas organizacións como Amnistía Internacional ou Avaaz fixeron presión sobre o goberno de Birmania e outros dirixentes para que tomasen cartas no asunto. Aung San Suu Kyi formaba parte dos 700 presos de conciencia que se estimaba había no país.

O 3 de outubro de 2009[1] reuniuse coa xunta militar para dialogar por primeira vez na Casa de Hóspedes do Estado en Rangún, un día despois de que unha corte rexeitara a apelación[2] que a activista fixera contra a súa sentenza de 18 meses de prisión por violar os termos do seu arresto domiciliario.[3]

Bandeira da Liga Nacional pola Democracia.

Posta en liberdade[editar | editar a fonte]

O 25 de xaneiro de 2010 filtrouse un rumor segundo o cal o Ministro de Interior birmano, O Maior Xeneral, comunicara nunha reunión privada de dirixentes locais que Suu Kyi sería liberada en novembro do mesmo ano, un mes despois das eleccións xenerais. As autoridades birmanas firmaron o decreto de posta en liberdade de San Suu Kyi o 12 de novembro dese ano. Os seus defensores declararon que o 13 de novembro finalizaba o arresto domiciliario da líder birmana, polo que non se trataría dunha amnistía, senón do fin da condena.[4]

San Suu Kyi foi liberada finalmente o 13 de novembro de 2010. Recibírona na porta do seu domicilio unhas 3.000 persoas. Suu Kyi pasou 15 dos últimos 21 anos encarcerada ou privada de liberdade, ben en prisión, ben en arresto domiciliario.[5]

O sábado 16 de xuño de 2012 puido por fin recoller en Oslo o Premio Nobel da Paz, que lle concederan en 1991. Catro días despois, o mércores 20 de xuño de 2012, puido tamén recoller persoalmente o doutorado honoris causa que en 1993 lle concedera a Universidade de Oxford.[6]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Como autora[editar | editar a fonte]

Mencionada en[editar | editar a fonte]

  • Filme The Lady (2012)[8]
  • Aung San Suu Kyi (Modern Peacemakers) (2007) by Judy L. Hasday, ISBN 978-0791094358
  • The Lady: Aung San Suu Kyi: Nobel Laureate and Burma's Prisoner (2002) de Barbara Victor, ISBN 978-0571211777, ou 1998 hardcover: ISBN 978-0571199440
  • The Perfect Hostage: A Life of Aung San Suu Kyi (2007) de Justin Wintle, ISBN 978-0091796815
  • Tyrants: The World's 20 Worst Living Dictators (2006) de David Wallechinsky, ISBN 978-0060590048
  • Aung San Suu Kyi (Trailblazers of the Modern World) (2004) de William Thomas, ISBN 978-0836852639
  • No Logo: No Space, No Choice, No Jobs (2002) de Naomi Klein ISBN 978-0312421434
  • Mental culture in Burmese crisis politics: Aung San Suu Kyi and the National League for Democracy (ILCAA Study of Languages and Cultures of Asia and Africa Monograph Series) (1999) de Gustaaf Houtman, ISBN 978-4872977486
  • Aung San Suu Kyi: Standing Up for Democracy in Burma (Women Changing the World) (1998) de Bettina Ling ISBN 978-1558611979
  • Aung San Suu Kyi: Fearless Voice of Burma (Newsmakers Biographies Series) (1997) de Whitney Stewart, ISBN 978-0822549314
  • Prisoner for Peace: Aung San Suu Kyi and Burma's Struggle for Democracy (Champions of Freedom Series) (1994) de John Parenteau, ISBN 978-1883846053
  • Des femmes prix Nobel de Marie Curie à Aung San Suu Kyi, 1903-1991 (1992) de Charlotte Kerner, Nicole Casanova, Gidske Anderson, ISBN 978-2721004277
  • Aung San Suu Kyi, towards a new freedom (1998) de Chin Geok Ang ISBN 978-9814024303
  • Aung San Suu Kyi's struggle: Its principles and strategy (1997) de Mikio Oishi ISBN 978-9839861068
  • Finding George Orwell in Burma (2004) de Emma Larkin ISBN 0143037110
  • "Crónicas Birmanas" (2008) de Guy Delisle

Fonte: Unesco, seguindo as súas reglas de reprodución.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns enternas[editar | editar a fonte]

En español[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aung San Suu Kyi

En inglés[editar | editar a fonte]