Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant
Nobel prize medal.svg
Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant
Nacemento: 22 de novembro de 1852
La Flèche, Flag of France.svg Francia
Falecemento: 15 de maio de 1924 (71 anos)
Bordeos, Flag of France.svg Francia
Ocupación: Político e pacifista

Paul Henri Benjamin Balluet d'Estournelles de Constant, barón de Constant de Rébecque, nado en La Flèche o 22 de novembro de 1852, e finado en Bordeos o 15 de maio de 1924, foi un diplomático, deputado e pacifista francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi conselleiro nas legacións francesas de Londres e A Haia, e volveu a Francia para ocupar escanos no Congreso (1895-1904) e no Senado (1904-1924) pola Sarthe.

En 1909 compartiu o Premio Nobel da Paz con Auguste Beernaert, como fundador e presidente do grupo parlamentario francés do Comité de defensa dos intereses nacionais e de conciliación internacional.

Axudou a Léon Bollée, principal apoio do estadounidense Wilbur Wright, pioneiro da aviación, nos seus experimentos aéreos do 8 de agosto de 1908 e o 2 de xaneiro de 1909, en Le Mans e na Sarthe, no hipódromo de Hunaudières e no campo militar de Auvours.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]