Nelson Mandela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Nelson Mandela
Nelson Mandela-2008 (edit).jpg
Nelson Rolihlahla Mandela
Nobel prize medal.svg

1º Presidente da República Surafricana
Período: 9 de maio de 1994-14 de xuño de 1999
Antecesor: Frederik Willem de Klerk (presidente de estado)
Sucesor: Thabo Mbeki
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
Período: 3 de setembro de 1998-14 de xuño de 1999
Antecesor: Andrés Pastrana
Sucesor: Thabo Mbeki
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
{{{cargoexecutivo5}}}
Período: {{{periodo5}}}
Antecesor: {{{antecesor5}}}
Sucesor: {{{sucesor5}}}
{{{cargoexecutivo6}}}
Período: {{{periodo6}}}
Antecesor: {{{antecesor6}}}
Sucesor: {{{sucesor6}}}
Datos persoais
Nacemento: 18 de xullo de 1918 (97 anos)
Lugar: Mvezo, Sudáfrica Suráfrica
Falecemento: 5 de decembro de 2013
Lugar: Xohanesburgo, Sudáfrica Suráfrica
Organización: Congreso Nacional Africano
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Evelyn Ntoko Mase (1944-1957)
Winnie Madikizela (1957-1996)
Graça Simbine (1998-2013)
Parella: {{{parella}}}
Fillos: Malia e Sasha
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia:
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: Universidade de Fort Hare
Universidade de Suráfrica
Universidade do Witwatersrand
Profesión: Avogado
Relixión: Metodismo
Premios: {{{premios}}}
Sinatura de Nelson Mandela

Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918 e falecido en Xohanesburgo o 5 de decembro de 2013,[1] foi un activista contra o apartheid, político e filántropo que exerceu como presidente de Suráfrica no período de 1994 a 1999.[2] Foi o primeiro mandatario de raza negra que encabezou o poder executivo, e tamén o primeiro en resultar elixido por sufraxio universal no seu país. O seu goberno dedicouse a desmontar a estrutura social e política herdada do apartheid a través do combate ao racismo institucionalizado, a pobreza e a desigualdade social, e a promoción da reconciliación social. Como nacionalista africano e socialdemócrata, presidiu o Congreso Nacional Africano (CNA) entre 1991 e 1997, e a nivel internacional foi secretario xeral do Movemento de Países Non Aliñados entre 1998 e 1999.

Orixinario do pobo xhosa e parte de casa real Tembo, Mandela estudou na Universidade de Fort Hare e na Universidade de Witwatersrand onde estudou dereito. Cando residía en Xohanesburgo involucrouse na política anticolonialista, polo que se uniu ás filas do Congreso Nacional Africano, e posteriormente fundou a Liga Xuvenil na mesma organización. Trala chegada ao poder do Partido Nacional en 1948, gañou protagonismo durante a Campaña do Desafío de 1952, e foi elixido como presidente rexional do Congreso Nacional Africano na provincia de Transvaal. Ademais presidiu o Congreso Popular de 1955. No seu exercicio como avogado, foi varias veces arrestado por actividades sediciosas e, como parte do liderado do CNA, foi procesado no Xuízo por Traizón desde 1956 a 1961. Influenciado polo marxismo, uniuse en segredo ao Partido Comunista Surafricano (SACP) e foi parte do seu comité central. Pese a que estaba a favor das protestas non violentas, en asociación coa SACP fundou e comandou a organización Umkhonto we Sizwe (MK) («A Lanza da Nación») en 1961.[3], que executou campañas de sabotaxe en contra do goberno. En 1962 foi arrestado e acusado de conspiración para derrocar ao goberno, polo que foi sentenciado a cadea perpetua durante o Proceso de Rivonia.

En Suráfrica é coñecido como Madiba, título honorífico outorgado polos anciáns do clan ao que pertencía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Fillo do xefe da tribo xhosa de Tembo, viviu na vila de Qunu os seus primeiros anos, aos sete anos, Rolihlahla Mandela foi o primeiro membro da súa familia en acudir á escola, onde un mestre metodista lle deu o nome de Nelson. O seu pai morreu cando el tiña 10 anos e Nelson foi a unha escola misional wesleiana próxima ao pazo do rexente. Foi iniciado aos 16 anos seguindo as tradicións xhosa, e comezou o instituto, aprendendo sobre a cultura occidental, rematándoo en dous anos no canto dos tres habituais.[4]

En 1934 comeza os seus estudos universitarios na Universidade de Fort Hare, onde coñece a Oliver Tambo, no final do seu primeiro curso participa no boicot do consello dos estudantes contra da política universitaria surafricana e ten que deixar a súa universidade para continuar os estudos por correspondencia na Universidade de Suráfrica en Xohanesburgo ata que se pode matricular na Universidade de Witwatersrand.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Como estudante, Mandela participa na oposición política ao goberno da minoría branca que negaba os dereitos políticos, sociais e económicos da maioría negra de Suráfrica. En 1942 ingresa no Congreso Nacional Africano (African National Congress), en 1944 funda xunto a Walter Sisulu e Oliver Tambo as súas mocidades.

Despois da vitoria en 1948 do Partido Nacional (National Party ou Nasionale Party) e a institucionalización da súa política de apartheid e segregación racial, Mandela entra na executiva do CNA en 1949 e foi un dos líderes da campaña de desobediencia social do Congreso Nacional Africano de 1952 que consistía en violar as restricións que impuña o apartheid en lugares e ocasións concretas, pero diante os arrestos masivos abandónase esta política. No Congreso Popular de 1955, adóptase a Carta da Liberdade, programa fundamental da causa antiapartheid.

O 5 de decembro de 1956 el e outros 150 activistas antiapartheid foron detidos acusados de alta traizón, non foi liberado por falta de probas ata 1961.

Mandela acepta a loita armada despois do Masacre de Shaperville (marzo de 1960) no que a policía surafricana disparou contra de manifestantes desarmados, matando 69 persoas e ferindo outras 180. Despois da aceptación da actividade armada, o goberno surafricano prohibe o CNA e outros grupos antiapartheid.

Na cadea[editar | editar a fonte]

En 1961 converteuse en comandante da organización armada do CNA, Umkhonto we Sizwe. Coordinou a campaña de sabotaxe contra obxectivos militares, gobernamentais e civís e fixo plans para organizar unha posible guerra de guerrillas se a campaña de sabotaxes fracasaba para rematar co apartheid. Arrestado o 5 de agosto de 1962, o 25 de outubro foi condenado a cinco anos de prisión.[5][6][7]

Mentres Mandela permanecía en prisión, o 11 de xullo de 1963 en Liliesleaf Farm, Rivonia, a policía arrestou prominentes líderes do CNA (Ahmed Kathrada, Walter Sisulu, Govan Mbeki, Andrew Mlangeni, Raymond Mhlaba, Elias Motsoaledi, Walter Mkwayi, Arthur Goldreich, Dennis Goldberg ou Lionel "Rusty"). No xuízo todos, agás Rusty Bernstein, foron condeados a cadea perpetua o 12 de xuño de 1964 (Walter Mkwayi e Arthur Goldreich fuxiran durante o xuízo).

Ao longo dos seguintes 36 anos, Mandela converteuse no símbolo da oposición ao apartheid, ata o punto que o lema, Liberdade para Nelson Mandela (Free Nelson Mandela) se converteu nun berro para todas as campañas anti-apartheid do mundo.[8]

Mandela rexeitou a súa liberación a cambio de renunciar á loita armada, e permaneceu en prisión ata o 11 de febreiro de 1990 por orde de F.W. de Klerk, presidente de Suráfrica atendendo ás presións internacionais, ao tempo que puña fin á prohibición do CNA. En 1993 Mandela e Frederik Willem de Klerk recibiron o Premio Nobel da Paz.[9]

Presidencia do CNA e de Suráfrica[editar | editar a fonte]

Como presidente do Congreso Nacional Africano (xullo de 1991 - decembro 1997), Mandela concorreu ás eleccións para a presidencia de Suráfrica, por ampla maioría converteuse o primeiro presidente negro do país (maio de 1994).[10]

Mandela presidiu o desmantelamento definitivo das institucións do apartheid, e gañou o respecto internacional pola súa política de reconciliación, malia iso non foi capaz de facer fronte ao problema da sida e foi criticado pola súa amizade con líderes como Fidel Castro ou Muammar al-Gaddafi ou por enviar tropas surafricanas para evitar un golpe de estado en Lesotho en 1998.

Retirada da política[editar | editar a fonte]

En xuño de 1999 ao finalizar o seu mandato como presidente, Mandela virou a súa actividade cara accións sociais e de defensa dos dereitos humanos, recibindo numerosas condecoracións e premios.

En 2003 atacou a política exterior de George W. Bush, en especial a súa actitude cara Iraq. En xuño de 2004, Mandela anunciou a súa retirada da vida pública.

En novembro de 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou proclama-lo 18 de xullo como o Día Internacional de Nelson Mandela, en recoñecemento da súa contribución á cultura da paz e da liberdade. [11]



Predecesor:
Frederik Willem de Klerk

Presidente de Suráfrica

1994 - 1999
Sucesor:
Thabo Mbeki
Predecesor:
Oliver Tambo
Presidente do Congreso Nacional Africano
1991 - 1997
Sucesor:
Thabo Mbeki
Predecesor:
Andrés Pastrana Arango
Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
1998 - 1999
Sucesor:
Thabo Mbeki

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morre o expresidente surafricano Nelson Mandela en La Voz de Galicia
  2. «Nelson Mandela discharged from South Africa hospital». BBC News. 6 April 2013. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril 2013. Consultado o 9 de abril de 2013. 
  3. Cherry 2011, p. 10 e 18.
  4. Mandela 1994, p. 3; Sampson 2011, p. 3; Smith 2010, p. 17.
  5. Mandela 1994, pp. 435-435; Sampson 2011, pp. 170–172; Smith 2010, pp. 275–276.
  6. Mandela 1994, pp. 463–465; Sampson 2011, pp. 173–174; Smith 2010, pp. 292–293.
  7. Christopher S. Wren (8 de decembro de 1988). «Mandela Moved to House at Prison Farm». The New York Times. 
  8. Sampson 2011, pp. 384–385, 392–393
  9. Mandela 2004, pp. 63–68; Sampson 2011, pp. 196–197; Smith 2010, p. 306.
  10. David Smith (30 de marzo de 2013). «South Africans pray for Nelson Mandela, but dismiss fears his death will mean chaos». The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 9 April 2013. Consultado o 9 de 2013. 
  11. Organización das Nacións Unidas (ed.). «Día internacional Nelson Mandela». Consultado o 12 de setembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nelson Mandela
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Nelson Mandela

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kalumba, Kibujjo M. (1995). «The Political Philosophy of Nelson Mandela: A Primer». Journal of Social Philosophy 26 (3): 161–171. 
  • Mandela, Nelson (1994). Long Walk to Freedom Volume I: 1918–1962. Little, Brown and Company. ISBN 978-0754087236. 
  • Mandela, Nelson (2004) [1994]. Long Walk to Freedom Volume II: 1962–1994 (large print edition). London: BBC AudioBooks and Time Warner Books Ltd. ISBN 978-0754087243. 
  • Meredith, Martin (2010). Mandela: A Biography. New York: PublicAffairs. ISBN 978-1586488321. 
  • Sampson, Anthony (2011) [1999]. Mandela: The Authorised Biography. London: HarperCollins. ISBN 978-0007437979. 
  • Smith, David James (2010). Young Mandela. London: Weidenfeld & Nicolson. ISBN 978-0297855248. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]