Fredrik Bajer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fredrik Bajer
Nobel prize medal.svg
Fredrik Bajer
Nacemento: 21 de abril de 1837
Nästved, Dinamarca Dinamarca
Falecemento: 22 de xaneiro de 1922 (84 anos)
Copenhaguen, Dinamarca Dinamarca
Ocupación: Escritor, pacifista e político

Fredrik Bajer, nado en Nästved o 21 de abril de 1837 e finado en Copenhaguen o 22 de xaneiro de 1922, foi un escritor, pacifista e político dinamarqués. En 1908 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun pastor luterano, serviu como oficial no exército dinamarqués, loitou na guerra contra Prusia e Austria de 1864 e alcanzou o grao de tenente primeiro, desmobilizado en 1865, estableceuse en Copenhaguen como profesor, tradutor e escritor.

En 1872 entrou no Folketing, apoiou moitas organizacións pacifistas en Dinamarca e en Europa. En 1882 foi un dos fundadores da Asociación Danesa para a Paz e da Oficina Internacional para a Paz, en Berna (1891).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fredrik Bajer