Élie Ducommun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Élie Ducommun
Nobel prize medal.svg
Élie Ducommun
Nacemento: 19 de febreiro de 1833
Xenebra, Suíza Suíza
Falecemento: 7 de decembro de 1906 (73 anos)
Berna, Suíza Suíza
Ocupación: Periodista

Élie Ducommun, nado en Xenebra o 19 de febreiro de 1833 e finado en Berna o 7 de decembro de 1906, foi un periodista suízo, membro fundador en Xenebra, en 1867, da Liga Internacional para a Paz e a Liberdade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como titor, profesor de idiomas, xornalista (nas publicacións Revue de Genève, Der Fortschritt e Helvétie), secretario xeral dunha compañía de ferrocarril e editor, e tradutor para a Cancelaría Federal suíza (1869-1873). En 1891, é designado para dirixir o Bureau international de la paix, que tiña a súa sede en Berna. Obtivo o premio Nobel da Paz en 1902, canda Charles Albert Gobat.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]