Barco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Partes dun buque:
1- Proa
2- Bulbo de proa
3- Áncora
4- Costado de babor
5- Hélice
6- Popa
7- Cheminea
8- Ponte
9- Cuberta principal

Un barco é toda embarcación de calquera especie, de propiedade pública ou privada, dedicado habitualmente á navegación marítima. Xeralmente de construción cóncava a base de madeira, metal, plástico ou outro material; debido á súa forma e ao principio de Arquimedes, aboia na auga, e é utilizado tanto no mar, coma en lagos e ríos para o transporte de bens ou persoas.

Introdución[editar | editar a fonte]

Petroleiro.
Unha goleta de dous paus.
Barcas para uso turístico nun lago de Selandia, Dinamarca.
Vista da popa do cruceiro Saga Ruby no porto da Coruña.
Fragata Fridtjof Nansen, construída en Ferrol para a Armada Noreguesa.
USS Merrimack (1856-1861).

O mar, sempre causou fascinación no ser humano dende o comezo dos tempos; sempre o forneceu de alimento. A costa sur central do Perú na provincia de Pisco, no distrito de Paracas cara ao 10 000 a.C., grazas ó alimento existente nas súas praias, acubillou os primeiros homes que se volveron sedentarios. Primeiro foi a recolección de mariscos e moluscos, logo a pesca e finalmente o home se aventurou a penetrar nese mar que xenerosamente o fornecía de alimento. A tecnoloxía foi progresando e o home construíu plataformas para aboiar na auga; probablemente usou troncos de árbores ou outros materiais abundantes na súa contorna que tiñan flotabilidade. Para impulsarse e non quedar á deriva, botou man do remo ata que descubriu que a forza eólica podía impulsalo con menor esforzo e maior efectividade; logo, achou o xeito de levar a embarcación cara a onde quería e inventou o temón. É a partir de entón cando o home, introducindo melloras na impulsión e goberno, abriu decididamente o proceso que o levaría a construír as modernas naves que sucan hoxe día os océanos do mundo.

Nacionalidade e rexistro das naves[editar | editar a fonte]

A nacionalidade dos barcos mercantes e militares depende do pavillón que enarboren, se o fan de xeito lexítimo. Esa nacionalidade ten extraordinaria importancia, ata o punto de que ningunha nave ousaría navegar sen pavillón e ningún país permitiría a navegación polas súas augas territoriais.

Ademais da nacionalidade, a nave ten que ostentar un nome debidamente rexistrado polas autoridades competentes de cada país. O nome e o porto de rexistro consta no espello de popa e debe estar ben visible, tamén se indica o nome do buque nos costados de proa.

Naves Sub-estándar[editar | editar a fonte]

Un Buque Sub-estándar é unha nave que non cumpre coas esixencias dos convenios internacionais e cuxos certificados de navegabilidade foron emitidos sen considerar o verdadeiro estado da nave.

Para que un buque se faga ó mar necesita que un estado soberano o recoñeza e lle permita enarborar o pavillón desa nación, por exemplo, Panamá, Chile, Arxentina, Bolivia etc.

Logo que foi rexistrado, require que o estado de abandeiramento efectúe unha serie de recoñecementos estatutarios acordados previamente pola Organización Marítima Internacional, OMI; entre algúns destes convenios atópanse:

  • SOLAS (das siglas en inglés de Safety of Life at Sea Convenio Internacional para a Protección da Vida Humana no Mar).
  • MARPOL Convenio Internacional para a prevención da contaminación da augas por derrames de hidrocarburos.
  • LL Convenio de liñas de Carga de 1969.
  • Reglamento Internacional para Previr as Abordaxes na Mar de 1972.

Dando orixe a certificados de cumprimento que permitirán verificar que o buque se atopa en condicións de facerse ao mar, tales como:

  • Certificado de Seguridade de Equipo
  • Certificado de Seguridade de Construción
  • Certificado de Seguridade de radio
  • Certificado para a Prevención de Derrames de Hidrocarburos etc.
  • Certificado para liña de carga (marca Plimsoll).

Do anterior despréndese que ningún barco debería navegar en condicións inseguras, especialmente se posúe certificados que garantan a súa seguridade.

Moitos dos estados de abandeiramento delegan en Sociedades de Clasificación:

As Sociedades de Clasificación supervisan os buques dende o desexo, a súa construción no esteleiro e a súa operación e mantemento. A responsabilidade de efectuar os recoñecementos e emitir as certificacións correspondentes é delas, pero, moitas veces as certificacións son emitidas a buques que en xustiza deberían ser enviados a desmantelamento; presentando cadernas, completamente destruídas pola acción do oxido, cascos crebados e fatigados, buques sen o equipamento adecuado para operar, tripulacións mal preparadas etc. xa que moitas destas eivas son competencia dos países nos que está rexistrado o buque que en moitos casos son bandeiras de conveniencia.

Tipos de barcos[editar | editar a fonte]

Os barcos divídense en dúas grandes categorías: civís e militares. A normativa é completamente diferente segundo esta división. Así os barcos civís teñen normas específicas para o seu deseño, construción e operación rexidas polas Sociedades de Clasificación. Pola súa banda os barcos militares dependen da administración e de normas que fixan as armadas de cada país.


Tipos de propulsión[editar | editar a fonte]

Segundo o combustible e o sistema de propulsión empregada os buques poden ser:

Títulos náuticos[editar | editar a fonte]

Para o manexo de buques requírese unha titulación e experiencia específica máis esixente segundo a responsabilidade. Así o máximo responsable do manexo dos buques son os capitáns, só por riba da súa autoridade está a do armador ou propietario do buque. Esta xerarquización do mando leva á especialización segundo o tamaño do buque e a súa complexidade. Así despois do capitán están os oficiais. Un primeiro oficial de máquinas e outro primeiro oficial da ponte chegando ao chanzo máis baixo que sería o posto de mariñeiro.

Partes dun buque[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: barcos
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Barcos pesqueiros de Galicia