Cidade de San Marino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°56′4.56″N 12°26′50.28″E / 43.9346000°N 12.4473000°E / 43.9346000; 12.4473000

Cidade de San Marino
Città di San Marino (en italiano)
Flag of City of San Marino.png Città di San Marino.JPG
TE-Collage San Marino.png
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Cidade de San Marino en San Marino
Cidade de San Marino
Cidade de San Marino
País Flag of San Marino.svg San Marino
'
Xeografía
Altitude 749 msnm
Superficie 7,09 km²
Poboación
Poboación 4.128 hab. (2013)
Densidade 582,23 hab/km²
Xentilicio Sanmarinés
Información
Código postal RSM-47890
Alcalde
Páxina web Páxina da Cidade de San Marino

A Cidade de San Marino, dita tamén simplemente San Marino (en italiano Città di San Marino) é a capital da República de San Marino, situada sobre o monte Titano, na Península Itálica. No ano 2006 contaba con 4.426 habitantes.

Características xerais[editar | editar a fonte]

É a terceira poboación do país, tras Borgo Maggiore e Dogana. Subdivisión de Serravalle) e tamén a cabeza do castello homónimo, cunha extensión de 7,09 km², que comprende aínda algunhas divisións como Murata.

Xeografia[editar | editar a fonte]

A Cidade de San Marino está sita a 675 m sobre o nivel do mar, sobre o monte Titano, cuxa cima se acha a 749 m. As súas coordenadas xeográficas son 43º 56' N e 12º 26' L. O territorio do seu concello (castello) confina con os castelli de Acquaviva, Borgo Maggiore, Fiorentino e Chiesanuova e máis con o concello (comune) italiano de San Leo.

Freguesías (curazie)[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

A lenda atribúe a fundación da Cidade de San Marino en 301 a San Mariño. Logo de obter estatuto municipal no ano 1295, ampliou o seu territorio até chegar aos actuais confíns no 1463, despois de combater contra os Malatesta.

A ver[editar | editar a fonte]

O funicular que une Borgo Maggiore e a Cidade de San Marino.

Patrimonio Mundial da Humanidade[editar | editar a fonte]

Desde 2008 o centro histórico foi inscrito pola UNESCO na lista do Patrimonio da Humanidade, formando parella con o Monte Titano.[1] O motivo exposto polo comité fala do "testemuño de continuidade dunha república libre desde o Medioevo".[2] En pormenor foron inscritos no patrimonio: torres, murallas, portas e bastións, unha basílica neoclásica do ottocento, algúns conventos do XIV e XVI, o Teatro Titano do século XVIII e máis o Palazzo Pubblico do século XIX.[2]

Personalidades ligadas a San Marino[editar | editar a fonte]

Transportes e infraestruturas[editar | editar a fonte]

A cidade conta cun funicular que a comunica con Borgo Maggiore. A estrada principal è a SS 72, de 4 carrís en case todo o seu percorrido, e que a une directamente con Rimini.

Desde 1932 a 1944 funcionou o Ferrocarril Rimini-San Marino, completamente financiada pola Italia fascista de Benito Mussolini, logo dun acordo en 1927. Foi destruída o 26 de xuño de 1944, tras os bombardeos realizados pola Desert Air Force, durante a Segonda Guerra Mundial. Foi desmontada entre 1958 e 1960.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cidade de San Marino

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]