Bill Clinton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "William Jefferson Clinton")
Bill Clinton.

William Jefferson Clinton, máis coñecido como Bill Clinton, nado en Hope (Arcansas) o 19 de agosto de 1946, é un político demócrata estadounidense. Foi presidente dos Estados Unidos de 1993 a 2001.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi gobernador de Arcansas entre 1978 e 1992. Tras gañar a George H. W. Bush as eleccións co lema "It's the economy, stupid!", logrou frear a caída do emprego e durante o seu mandato acadou o equilibrio orzamental. Cun vicepresidente ecoloxista (Al Gore), impulsou o proxecto do protocolo de Quioto. Tentou facer unha política socialdemócrata nun país marcadamente liberal, así, non convenceu á Cámara de Representantes para a reforma da educación.

No seu mandato a economía medrou no país e as relacións diplomáticas melloraron. En 1999 liderou un ataque da OTAN contra o exército serbio en Kosovo sen o beneplácito da ONU. A súa presidencia rematou marcada polos seus escarceos sexuais cunha bolseira da Casa Branca.

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Bill Clinton


Predecesor:
George Herbert Walker Bush
Seal of the President of the United States.svg
Presidente dos Estados Unidos de América

19932001
Sucesor:
George Walker Bush