UNICEF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
UNICEF
Nobel prize medal.svg
Tipo Axencia epecializada da ONU
Fundación 11 de decembro de 1946
Matriz Nova York
Localización Estados Unidos de América Estados Unidos
Persoas clave Anthony Lake
Páxina web http://www.unicef.org/spanish/


O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, máis coñecido como UNICEF foi creado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 11 de decembro de 1946 co nome de Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para a Infancia, tiña como misión atender as necesidades dos nenos e nenas na China e Europa tras a Segunda Guerra Mundial e cando a ONU decidiu en 1953 que tivera tempo indefinido mudou o seu nome para o actual. A súa sede central está en Nova York e colabora cos países en desenvolvemento para procurar o benestar infantil. En 1965 foille concedido o Premio Nobel da Paz

Primeiro foi coñecido como UNICEF, acrónimo de United Nations International Children's Emergency Fund (en galego, Fondo Internacional de Urxencia das Nacións Unidas para a Infancia). En 1953, UNICEF convértese en organismo permanente dentro do sistema de Nacións Unidas, encargado de axudar os nenos e protexer os seus dereitos. O seu nome foi reducido a fondo das Nacións Unidas para a Infancia (United Nations Children's Fund), pero mantívose o acrónimo UNICEF polo que é coñecido ata agora.

Outorgóuselle o Premio Nobel da Paz en 1965 e o Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2006.

Prioridades[editar | editar a fonte]

Nena de Biafra

A UNICEF axuda principalmente en zonas de extrema pobreza, en África e outras latitudes do mundo. Está enfocada principalmente en 5 prioridades:

  • Supervivencia e desenvolvemento da infancia.
  • Educación Básica e igualdade de xénero (incluíndo a educación ás nenas).
  • Protección a nenos contra a violencia, explotación e abuso.
  • O SIDA e os nenos.
  • Políticas de vixilancia dos dereitos dos nenos.

As áreas de acción da UNICEF inclúen desenvolvemento da nenez temperá, desenvolvemento na adolescencia, e participación nos patróns de vida baseándose na educación.

Críticas[editar | editar a fonte]

UNICEF foi obxecto de críticas pola súa promoción do aborto.[Cómpre referencia] A Igrexa católica achegaba ata o ano 1996 unha suma simbólica destinada a promover o apoio entre os católicos, esta colaboración foi interrompida debido ao constante apoio de UNICEF a campañas promotoras do aborto e en especial debido unha distribución de sustancias abortivas en Ruanda e na República Democrática do Congo nese ano.

Educación[editar | editar a fonte]

Nenos.

Emprende intervencións avaladas para mellorar a vida de todas as persoas, incluíndo a nenos. A educación dos mozos e mulleres redunda en importantes beneficios para as presentes e futuras xeracións.

O obxectivo da UNICEF na educación, é levar a escola a máis nenas, asegurándose da súa permanencia e que dispoñan dos equipamentos básicos adecuados necesarios para a súa vida posterior.

Os esforzos son constantes no sentido de asegurar a cada nena e neno do mundo o dereito que teñen á educación. A estratexia de aceleración na matriculación das nenas efectuouse en polo menos 25 países durante o período 2002-2007

Inmunización[editar | editar a fonte]

A inmunización é materia directa na cal intervén a UNICEF, dentro da cal incluíu melloras na saúde dos nenos e nenas do mundo, polo menos durante os últimos 20 anos.

A pesar disto, todos os anos morren máis de 2 millóns de meniños e meniñas por enfermidades que puideron terse prevido pola aplicación oportuna de vacinas económicas. Tamén UNICEF axuda a educación profesional gratis.

Patrocinios[editar | editar a fonte]

En 2006, UNICEF pactou co Futbol Club Barcelona o patrocinio da súa camiseta. Outros equipos que asinaron contrato son Real Betis Balompié, Chelsea F.C., Boca Juniors, Milán, Tigres de México, o Alianza Lima de Perú e o Algeciras Balonmano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: UNICEF

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]