Guerra do Yom Kippur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A guerra nos Altos do Golán

A guerra do Yom Kippur, tamén coñecida como a guerra árabe-israelí de 1973 foi un conflito armado entre Israel e a coalición formada por Exipto e Siria. A guerra comezou cando Exipto e Siria lanzaron o 6 de outubro (día do Yom Kippur) de 1973 un ataque conxunto no Sinaí e nos Altos do Golán, territorios que foran conquistados por Israel durante a guerra dos seis días, seis anos antes.
Os exipcios e sirios avanzaron durante as primeiras 24-48 horas, en parte por estar o exército israelí desmobilizado pola festividade, pero na segunda semana da guerra, os sirios foron expulsados dos Altos do Golán. No Sinaí, os israelís cruzan a canle de Suez e rodean ao exército exipcio no Sinaí. A ameaza soviética de tomar partido polos árabes fai que os Estados Unidos convenzan a Israel de asinar un alto o fogo o 24 de outubro. Unha das consecuencias deste conflito foi a crise do petróleo, xa que os países árabes decidiron deixar de subministrar petróleo aos Estados Unidos e aos países que apoiaban a Israel.
A guerra deixou 2.655 mortos no bando israelí e 8.528 no bando árabe.

A guerra no Sinaí
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guerra do Yom Kippur