Capitanía Xeneral de Venezuela
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capitanía General de Venezuela Capitanía Xeneral de Venezuela |
|||||
|
|||||
|
|||||
Capital | Santiago de León de Caracas | ||||
Lingua | español | ||||
Relixión | católica | ||||
Goberno | Capitanía Xeneral do Imperio Español | ||||
Rei | |||||
• 1759 - 1788 | Carlos III | ||||
• 1808 - 1833 | Fernando VII (de jure) | ||||
• 1808 - 1813 | Xosé I | ||||
Capitán Xeneral | |||||
• 1777 - 1782 | Luis de Unzaga y Amézaga (primeiro) | ||||
• 1821 (último) | Francisco Tomás Morales | ||||
Período histórico | Imperio español | ||||
• Creación por Real cédula | 1777 | ||||
• Independencia de Venezuela | 1821 | ||||
Moeda | real español | ||||
A Capitanía Xeneral de Venezuela foi unha entidade territorial ultramarina das Indias, integrante do Imperio español, establecida pola Coroa española durante o seu período de dominio americano, que abarcaba un territorio similar ao da actual Venezuela.
Foi creada en 1777 para dotar de máis autonomía á provincia de Venezuela, que antes estaba baixo a xurisdicón do Vicerreinado de Nova Granada e da Audiencia de Santo Domingo, como parte da Reforma borbónica e sentou as base para a futura nación de Venezuela, en particular pola orientación da Provincia de Maracaibo cara a Caracas.
Foi gobernada por distintos Capitáns Xenerais, exceptuando un breve período cando gobernou a Xunta Suprema de Caracas tras da renuncia de Emparan ata marzo de 1811.