Lingua neerlandesa
Neerlandés Nederlands, Vlaams |
||
---|---|---|
Outros nomes: | Holandés, flamengo | |
Falado en: | Países Baixos, Bélxica, Francia, Alemaña, Suriname, Antillas Holandesas, Aruba, Indonesia | |
Total de falantes: | 23 millóns | |
Posición: | 40 | |
Familia: | Indoeuropeo Xermánica Xermánica occidental Saxónica baixa Franconia baixa Neerlandés |
|
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Aruba Antillas Neerlandesas Bélxica Países Baixos Suriname Unión Europea |
|
Regulado por: | Nederlandse Taalunie | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | nl | |
ISO 639-2: | dut | |
ISO 639-3: | nld | |
SIL: | DUT | |
|
O neerlandés é unha lingua de orixe xermánica. Forma parte do grupo xermánico occidental, e está próxima ao baixo alemán e un pouco máis afastado do frisón. Fálano aproximadamente uns 30 millóns de persoas no mundo, fundamentalmente nos Países Baixos e en Bélxica.
O neerlandés é idioma oficial nos Países Baixos, así como en Bélxica, nas dependencias neerlandesas do alenmar (Antillas Neerlandesas e Aruba), e na antiga colonia neerlandesa de Suriname.
Ademais, unhas 60.000 persoas fálano no noroeste de Francia, na zona fronteiriza con Bélxica. Tamén se fala reducidamente nalgunhas partes de Indonesia, onde fora a lingua da administración pública colonial neerlandesa.
Índice
Estandarización[editar | editar a fonte]
A norma culta denomínase AN (Algemeen Nederlands ou "neerlandés xeral"), termo considerado menos elitista ca ABN (Algemeen Beschaafd Nederlands ou "neerlandés xeral culto"), utilizado antigamente. A Unión da Lingua Neerlandesa (Nederlandse Taalunie) encárgase de fixar a norma.
Dialectoloxía[editar | editar a fonte]
Os grupos dialectais principais do neerlandés son cinco: o flamengo, o holandés, o baixo saxón, o brabantés e o limburgués. Os falares flamengos son os propios da parte sudoccidental dos Países Baixos e do oeste de Bélxica, así como da zona neerlandófona de Francia. Ás veces, dende unha perspectiva histórica, denomínase flamengo o neerlandés de Bélxica, independentemente de que este sexa lingüisticamente flamengo, brabantés ou limburgués.
Véxase o mapa da situación dos dialectos e as linguas rexionais. Trátase dunha clasificación ampla, coa maioría dos dialectos de transición non están incluídos. Polo tanto, está destinada soamente a crear unha imaxe global da propagación dos dialectos do neerlandés. O baixosaxón, o celandés e o limburgués non deben considerarse como un idioma aparte, non teñen antecedentes políticos. A fronteira entre dialecto e lingua é moi problemática na zona lingüística xermano-occidental, sobre todo nos Países Baixos e Flandres. Hai que ter precaución ao uso deste mapa, xa que non se indica onde se fala a lingua con fluidez, e pode non ser respaldado por tódolos expertos (sobre todo os límites do limburgués e o baixosaxón).
A. Grupo dialectal occidental meridional (Zelandés/Flamengo occidental)
- 1. Flamengo occidental, inclúe o Flamengo francés e o Flamengo Zelandés
- 2. Zelandés
B. Grupo dialectal occidental setentrional (Holandés)
- 3. Holandés meridional
- 4. Westhoeks
- 5. Waterlandés* e Volendamés*
- 6. Zanés*
- 7. Kennemerlandés
- 8. Friso-holandésl*
- 9. Biltés chamado Biltsk polos nativos, Midislandés, Frisón urbano e Amelandés*
C. Grupo dialectal oriental setentrional (Baixosaxón)
- 10. Kollumerlandés
- 11. Groninxio e Noordenvelds
- 12. Stellingwerfs
- 13. Drentés central
- 14. Drentés meridional
- 15. Tuentés
- 16. Twents-Graafschaps
- 17. Gelders-Overijssels (Achterhoeks) e Urks
- 18. Veluws
D. Grupo dialectal central setentrional
E. Grupo dialectal central meridional
- 20. Gelderés meridional
- 21. Brabantés setentrional e Limburgués setentrional
- 22. Brabantés
- 23. Flamengo oriental
F. Grupo dialectal oriental meridional
- 24. Limburgués
G. Surinamés
H. Neerlandés das Antillas e Aruba
Outros
FL. Provincia de Flevolanda. Aquí non se formou ningún dialectro. Máis ben o que hai é unha mestura de varios falares, sobre todo do sur, de Amsterdam (en Lelystad e Almere). Véxase tamén o neerlandés dos IJsselmeerpolders. O norte e en particular en Urk e arredores foi tradicionalmente unha zona dos dialectos falados do baixosaxón.
* Os dialectos marcados cun asterísco, aínda que incluído baixo o holandés, pero ten tradicionalmente un moi forte substrato do frisón. [1] Porén, as investigacións do dialectólogo Harrie Scholtmeijer do Instituto Meertens de Dronten amosan que os mozos falan holandés sen acento. [2]
A maioría dos dialectos aproxímanse cada vez máis ao neerlandés estándar, xa que este é o que se utiliza nos medios de comunicación, tanto en Bélxica como nos Países Baixos. Estes dialectos están a perder as súas características, as palabras de seu, e ás veces incluso a pronunciación. Os dialectos que están máis afastados do estándar son o limburgués e o groninxio. No mapa pódese ver que incluso o afrikaans está máis cerca da norma que estes dialectos.
Linguas relacionadas[editar | editar a fonte]
O afrikaans é unha das linguas oficiais na República de Suráfrica, e en Namibia e ten unha importante base lingüística neerlandesa, ata o punto de que historicamente foi considerado un dialecto do neerlandés.
O papiamento é unha lingua crioula das Antillas Neerlandesas que integra termos españois, portugueses e neerlandeses. Pero a base principal é o castelán e o portugués, non neerlandesa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ D. Smakman, R. van Bezooijen, "Een verkenning van populaire ideeën over de standaardtaal van Nederland", Taal en Tongval, themanummer 10, 1997
- ↑ "ABN niet in Haarlem, maar in Dronten?" website Onze Taal
- ↑ De gegevens zijn grotendeels overgenomen van de indeling die dialectologe Jo Daan[1] maakte. Deze indeling is (nog) steeds een onderwerp van discussie binnen de dialectologie, maar wordt door veel dialectologen en taalkundigen (deels) onderschreven.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Como aprender neerlandés. Inclúe información sobre as universidades da Península Ibérica que ofertan neerlandés
- A Unión da Lingua Neerlandesa.
Linguas oficiais da Unión Europea | ||
---|---|---|
Alemán | Búlgaro | Castelán | Checo | Croata | Dinamarqués | Eslovaco | Esloveno Estoniano | Inglés | Finés | Francés | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón Lituano | Maltés | Neerlandés | Polaco | Portugués | Romanés | Sueco |
||
Fonte: Sitio da Unión Europea |
|