Jonas Savimbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jonas Savimbi.jpg

Jonas Malheiro Savimbi, nado en Munhango (Bié Province) o 3 de agosto de 1934 e finado o 22 de febreiro de 2002, foi un líder rebelde angolano que fundou a UNITA en 1966.

Co apoio do goberno dos Estados Unidos, o goberno de Suráfrica e líderes africanos como Félix Houphouët-Boigny de Costa do Marfil e Mobutu Sese Seko de Zaire, Savimbi organizou unha milicia armada contra o goberno de Angola, que estaba apoiado pola Unión Soviética e Cuba.