Moldavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Republica Moldova
República de Moldavia
Bandeira de Moldavia Escudo de Moldavia
Bandeira Escudo
Lema: ninguno
Himno nacional: Limba noastră
 
Location Moldova Europe.png
 
Capital
 • Poboación
Chişinău
707.700 hab. (2007)
Cidade máis poboada Chişinău
Linguas oficiais
Moldavo
Forma de goberno República
Mihai Ghimpu
Vlad Filat
Independencia
- data
da URSS
27 de agosto de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 139º
33.843 km²
1,4 %
1.398 km km
0 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 117º
4.466.706 Hab (2007)
131 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 138º
US$ 4.021 millones
US$ 1.187 (2007
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 139º
US$ 10.464 millones
US$ 3.090 (2007)
IDH (2005) 0.708 (111º) – Medio
Moeda Leu moldavo (MDL)
Xentilicio moldovo, -va
Fuso horario
 • en verán
EET (UTC + 2)
EEST (UTC + 3)
Dominio de Internet .md
Prefixo telefónico +373
Prefixo radiofónico ERA-ERZ
Código ISO 498 / MDA / MD
Membro de: ONU, OSCE,Unión Latina, COE, CEI
Tódolos países do mundo

A República de Moldavia (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste. Foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética ata 1991.

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio da actual Moldavia foi habitado na Antigüidade polos dacios. Emprazada sobre unha ruta estratéxica entre Asia e Europa, Moldavia foi vítima de numerosas invasións, incluíndo o Principado de Kiev e os mongois.

A fins da Idade Media a Moldavia comprendía todo o territorio poboado maioritariamente por romaneses emprazado entre os montes Cárpatos ó oeste e o río Nistru ó leste. No século XIV tendo por núcleo a Bucovina constituíuse o principado de Moldavia que foi invadido e ocupado polos turcos en 1512, a familia de "beŷs" (especie) de "vicerreis" apelidada Besarab ó servizo da chamada "Sublime Porta" (Imperio Otomán) deu o nome ó sector de Moldavia emprazado ó nordeste do río Codrii, así xurdiu a provincia de Besarabia, que incluía case a totalidade da actual República de Moldavia aínda que tamén algúns distritos cara ó sur (que tras 1947 pasaron a Ucraína), deste modo se conformou a parte oriental do principado de Moldavia. Este volveuse tributario do Imperio Otomán tendo como límite oriental o Xedisán e setentrional a Podolia, aínda que en 1812 o Tratado de Bucarest transferiu Besarabia a Rusia como un dos "Principados Danubianos". A parte occidental de Moldavia converteuse máis tarde en parte de Romanía. A Guerra de Crimea fixo retroceder as fronteiras rusas na rexión, aínda que a Besarabia (cuxo territorio é o que constitúe xunto á Transnistria a maior parte da actual república de Moldavia) mantívose baixo control ruso.

Trala Revolución Rusa de 1917, Besarabia foi rapidamente convertida nunha república independente en 1918, pero uníuse a Romanía ese mesmo ano, quedando só a pequena franxa da Transnistria dentro da URSS. O pacto Molotov-Ribbentrop permitiu á Unión Soviética tomar Besarabia en xuño de 1940 e, a pesar de seren expulsadas novamente en 1941 trala Operación Barbavermella, as tropas soviéticas reocuparon a área en agosto de 1944. Baixo o goberno soviético as rexións do norte e o sur habitadas por ucraínos e romaneses foron transferidas a Ucraína e Transnistria (cunha importante poboación rusa) uníuse co resto nunha república soviética chamada "República Soviética Socialista de Moldavia", a cal ocupaba o actual territorio da República de Moldavia.

Cando a Unión Soviética desapareceu, en agosto de 1991, Moldavia proclamouse independendente converténdose en membro da Comunidade de Estados Independentes en decembro dese mesmo ano, ó igual cá maioría das anteriores repúblicas soviéticas. Nun principio houbo un movemento pro-reunificación con Romanía, pero un referendo en marzo de 1994 recibiu unha enorme maioría de votos a favor da conservación da independencia.

Ese mesmo ano, a nova Constitución de Moldavia, en vistas de acomodar ás minorías rusa, ucraína e gagauza, recoñece a creación das súas propias entidades territoriais dentro da estrutura nacional da República de Moldavia, permitindo a creación de organismos lexislativos propios, goberno e competencias lingüísticas. Do mesmo modo, permitíase para estes territorios a secesión se Moldavia se unise a Romanía.

As eleccións presidenciais de 1996 resultaron propicias para os agrarios e os socialistas, principais partidos da esquerda moldava, e Petro Lucinschi foi nomeado Presidente da República, cun 54 por cento dos votos. Dende o principio do seu mandato, Lucinschi tratou de soluciona-lo problema, xa endémico, de Transnistria, achegando posicións coa Federación Rusa. Así a todo, as conversas entre os nacionalistas de Transnistria e os representantes da República de Moldavia continúan sendo intermitentes e pouco produtivas, pese ó amplo grao de autonomía que o Estado moldavo outorgou a este territorio.

As eleccións lexislativas celebradas en 1998 estiveron caracterizadas pola soidade en que quedou o partido gañador, o Partido Comunista da República de Moldavia, que non puido formar goberno. Boa parte dos partidos restantes da cámara uníronse en torno ó Bloque para unha Moldavia Próspera e á Convención Democrática, formando un goberno de coalición.

A falta de acordos, a crispación política e o fracaso á hora de elixir un novo Presidente da República, provocaron a convocatoria de eleccións anticipadas para o 25 de abril de 2001. O Partido Comunista, con Vladimir Voronin e Vasile Tarlev á cabeza, obtivo unha importante vitoria electoral, conseguindo a metade dos votos emitidos, e obtendo a maioría absoluta na cámara. Voronin converteuse en Presidente da República de Moldavia, e Tarlev en Primeiro Ministro. O partido comezou un amplo proceso de reformas económicas e sociais para favorece-la súa entrada na Unión Europea. Os esforzos do goberno tamén se orientaron na creación de emprego. O distanciamento de Moldova con respecto á Federación Rusa foi, no entanto, un crecente problema no asunto de Transnistria.

Os comunistas revalidaron a maioría absoluta nas eleccións de marzo de 2005, aínda que reduciron o seu número de representantes na cámara de 70 a 56.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

O Parlamento unicameral moldavo conta con 101 asentos e os seus membros son electos a través do sufraxio popular por catro anos. O Parlamento logo elixe ó presidente, quen exerce como xefe de Estado. O presidente nomea a un primeiro ministro como xefe de goberno, quen ó seu vez confecciona un gabinete, ambos sometidos á aprobación do Parlamento.

División territorial[editar | editar a fonte]

División administrativa de Moldavia.

Dende 2003 (mediante unha Lei aprobada o 19 de marzo de 2003), Moldavia está dividida en 32 distritos (raion, en plural raioane), 3 municipios (Chişinău, Bălţi e Tighina), e dúas rexións semi-autónomas (Găgăuzia e Transnistria).

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de Moldova alcanza os 4,4 millóns (2006), e está decrecendo a un ritmo do 0,12 % anual. A maioría da poboación pertence á etnia romanesa (80 %), seguida por unha importante colectividade de rusos (7 %), ucraínos (7 %), alemáns, turcos, búlgaros e serbios constitúen o resto da poboación. Os habitantes concéntranse nas chairas, onde están os centros industriais e desenvólvese a agricultura a gran escala.

O 72,2 % dos moldovos vive nas cidades, o que representa unha da proporcións máis baixas de Europa, só superada por algúns dos seus veciños balcánicos. As principais cidades do país son Chisinau, a capital, con 1 millóns de habitantes.

Moldova é un estado sen relixión oficial, aínda que máis do 70 % da poboación adscríbese á Igrexa Ortodoxa Romanesa. Tamén hai cantidades significativas de católicos protestantes (4 % da poboación) ou grupos pentecostais. Segundo o censo de 2002, tamén vivían no país 23.105 ateos e arrelixiosos e 6100 xudeus.

A romanés, co nome de moldavo, é a lingua oficial do país. Séguenlle en importancia o húngaro e o romaní, falados polas poboacións desas etnias. O francés é falado por un significativo número de persoas (entre 1 e 2 millóns), e Moldova é membro da Francofonía.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Moldavia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Territorio de status político non definido.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Moldavia