Honduras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República de Honduras
Bandeira de Honduras Escudo de Honduras
Bandeira Escudo
Lema: «Libre, soberana e independiente»
Himno nacional: Tu bandera es un lampo de cielo
 
Honduras (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Tegucigalpa e Comayagüela[1]
1 250 000
Cidade máis poboada Tegucigalpa
Linguas oficiais
Español
Forma de goberno República presidencialista
Juan Orlando Hernández
Independencia
• Data
de España
15 de setembro de 1821
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 100º
112,492 km²

km
820 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 96º
7 326 496
70 hab. hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 125º
22.549 millóns de $
2.793 dólares
IDH (2007) 0,700 (115º) – medio
Moeda lempira
Xentilicio hondureño/-a
Fuso horario UTC-6
Dominio de Internet .hn
Prefixo telefónico +504
Prefixo radiofónico  
Código ISO 340 / HND / HN
Membro de: OEA, ONU, Unesco, FAO, BCIE, OMC, CIN, OEI, Grupo de Río, AEC
Tódolos países do mundo

Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo Mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e por El Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa.

A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista. Debúllase en dezaoito departamentos, formando, constitucionalmente, as cidades de Tegucigalpa e Comayagüela, conxuntamente, a capital da república.

Máis do 80% do territorio hondureño é montañoso, abundante en fauna e flora, con numerosos tipos de bosques e ríos. As montañas poden chegar a ter unha altura de 2.827 msnm, con vales e chairas por todo o territorio. Os vales máis importantes encóntranse próximos aos dous océanos, nas zonas norte e sur do país. Na zona central do país tamén nos atopamos con vales como o de Comayagua e o de Catacamas. A Cordilleira Centroamericana divide ao territorio entre as cordilleiras Oriental, Occidental e Central.

A poboación de Honduras é de aproximadamente 7,8 millóns de habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia das Honduras.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política das Honduras.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións das Honduras.

A República de Honduras está dividida en 18 departamentos. A súa capital é a cidade de Tegucigalpa, municipio de Distrito Central; xurisdición do departamento de Francisco Morazán.

Mapa Hn.PNG
N.º1 Departamento Pob (2005/2006) Sup (km²) Cabeceira
1 Atlántida 400.693 4.372 La Ceiba
2 Choluteca 451.239 4.360 Choluteca
3 Colón 288.081 8.249 Trujillo
4 Comayagua 431.597 5.124 Comayagua
5 Copán 354.634 3.242 Santa Rosa de Copán
6 Cortés 2 250 000 3.923 San Pedro Sula
7 El Paraíso 418.391 7.489 Yuscarán
8 Francisco Morazán 1 406 769 8.619 Tegucigalpa
9 Gracias a Dios 85.821 16.997 Puerto Lempira
10 Intibucá 226.227 3.123 La Esperanza
11 Departamento de Islas de la Bahía 47.939 236 Roatán
12 La Paz 191.734 2.525 La Paz
13 Lempira 307.767 4.228 Gracias
14 Ocotepeque 129.622 1.630 Ocotepeque
15 Olancho 499.161 23.905 Juticalpa
16 Santa Bárbara 395.441 5.024 Santa Bárbara
17 Valle 169.299 1.665 Nacaome
18 Yoro 542.421 7.781 Yoro

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía das Honduras.

La Ceiba

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Honduras.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía das Honduras.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura de Honduras.
Alfombras de Comayagua durante a Semana Santa.

Honduras é un país multiétnico, por conseguinte é un país multicultural. A composición étnica xenotípica de Honduras é o seguinte: 10% caucásicos, 2% afroamericanos garífunas, 6% indíxenas e o resto da poboación é mestiza. Este conglomerado de grupos étnicos é o que finalmente contribúe á riqueza da cultura do país xunto á incorporación e aportes de recentes grupos de inmigrantes que enriqueceron o conglomerado cultural desde os grupos afroamericanos caribes, que chegan en 1797, até os grupos xinoides ou arabezcos que se incorporan coa chegada das compañías bananeiras e a súa economía de enclave a finais do século XIX e principios do século XX.

Pintura[editar | editar a fonte]

O pintor máis destacado que tivo Honduras é José Antonio Velásquez. Este pintor foi recoñecido como o primeiro pintor primitivista de América. Expuxo as súas obras en EE. UU. e América Latina, así como nun bo número de países de Europa e Asia. En escultura e pintura destacaron Mario Zamora, Virginia Castillo, Santos Arzu Quioto, Santos Guardiola, Rolando Trochez, Julio Vizquerra entre outros.

Literatura[editar | editar a fonte]

A literatura no territorio da actual Honduras remóntase a fai máis de mil cincocentos anos. Foi desenvolvida pola civilización maia na cidade de Copán, coñecida como literatura maia, escritos empregando a escritura maia dos antepasados que empregaba logogramas e glifos silábicos, a literatura maia encóntrase conservada en estelas, pirámides e templos en Copán. A cidade alberga unha pirámide, a dos xeroglíficos, que conta con máis de 2500 glifos.

Na actual Honduras existiron varios períodos de literatura contando con moitos autores no romanticismo, modernismo, post modernismo etc. Entre os escritores máis notables de Honduras están Froylán Turcios Juan Ramón Molina, Rafael Heliodoro Valle, Víctor Cáceres Lara, Glenda Umaña e Ramón Amaya Amador, Marco Antonio Rosa, Roberto Sosa, Lucila Gamero de Medina, Eduardo Bähr, Amanda Castro, Javier Abril Espinoza e Roberto Quezada. En teatro sobresaen as obras do pai José Trinidad Reyes Sevilla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]Juntas forman el Distrito Central según la Constitución de la República de Honduras, Arts.8 y 295.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Países do mundo | América central
Belize - Costa Rica - Guatemala - Honduras - Nicaragua - Panamá - O Salvador