Juan Suárez Acevedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Juan Suárez Acevedo, nado en Ribadeo en 1918 e finado na mesma localidade o 26 de setembro de 2011, foi un historiador de Ribadeo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Intelectual e profesor de Historia formado na Institución Libre de Enseñanza (ILE) foi Catedrático de Instituto. A súa tesiña levou por título: "A Comarca Ribadense escenario da vida e da obra do Marqués de Sargadelos". A partir de 1948 imparte aulas na Academia Santo Tomás de Aquino de Ribadeo, até o ano 1955, no que pasou a dar clase de xeografía e historia no Instituto Carlos María Rodríguez de Valcárcel (actual IES Dionisio Gamallo Fierros). Na súa ampla actividade como intelectual e historiador, ten publicado en diarios e revistas especializados.

A súa vida deu pé á entrevista polo Proxecto "Nomes e Voces" no ano 2006, nunha conversa acerca das súas lembranzas e vivencias no marco da Segunda República e posterior Golpe de Estado en Ribadeo a partir de 1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]